Nosa Señora das Neves

advocación mariana

Nosa Señora das Neves é unha antiga advocación mariana que se remonta ao século IV e que está moi estendida en Italia, España, Latinoamérica e Portugal.

Nosa Señora das Neves
Nosa Señora das Neves, obra de Giovanni della Robbia (Certaldo, Italia)
Advocación da Virxe María
Historia
Veneración
Venerada enIgrexa católica
Festividade5 de agosto[1]

A orixe atribúese á época do papado de Liberio (352 - 366) no que se relata que un ancián e adiñeirado matrimonio da nobreza patricia de Roma que non tivera fillos e aos que se atribuía gran caridade cara aos demais, solicitou da Virxe María que lles sinalase que debían facer cos seus bens para garantir o mellor uso cristián da herdanza. A tradición católica conta que a Virxe se manifestou ante eles e indicoulles que, alá onde sinalase, construíselle un templo. Outras versións afirman que a Virxe se apareceu en soños aos esposos e ao Papa e anuncioulles a neve de agosto.

A obra concluíuse un ano despois, co financiamento da familia patricia e o apoio eclesiástico. A igrexa desapareceu non moito tempo despois, e reconstruíuse polo Papa Sixto III ao redor do ano 434, sendo na actualidade a Basílica de Santa María a Maior.

A devoción á nosa Señora das Neves quedou reducida a Roma e a súa periferia, polo menos até os inicios do ano 1000. A primeira obra artística da que se ten constancia que representou o milagre atribúese a un discípulo de Giotto que se conserva na Basílica actual.

Galicia editar

 
Altar exterior na capela da Nosa Señora das Neves, en Buxantes, Dumbría

Existen en Galicia varias parroquias baixo a advocación da Virxe das Neves (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora das Neves); ademais de numerosas ermidas en outeiros e montañas que veneran esta virxe, probabelmente lugares onde caeron nevadas fóra de tempo e onde existían antigas veneracións a deusas pagás celtas.

As Neves editar

O concello pontevedrés das Neves toma o seu nome pola aparición de abundante neve un 5 de agosto. Venérase a Virxe das Neves e todos os 5 de agosto hai unha romaría e festas. É unha Virxe moi venerada.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar