Fiz de Nola, ou Fins de Nola, foi un presbítero do século III da Campania (Italia), considerado como santo pola Igrexa Católica.

Modelo:BiografíaFiz de Nola

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Nola, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xaneiro de 313 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Nola, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturanecrópole de Cimitile Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa14 de xaneiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1781635

Traxectoria

editar

Fillo dun militar sirio chamado Hermias, a súa fe cristiá levouno a repartir os seus bens entre pobres e marxinados e optar pola vocación sacerdotal. Entre os anos 249 a 251 sufriu a persecución de Decio durante a que foi encarcerado e torturado. Conseguiu liscar da cadea e vivir como un fuxido nos Apeninos onde coidou do seu bispo Máximo, só e doente, refuxiado nesas montañas.

Tras esta primeira persecución o pobo cristiá de Nola quixo proclamalo bispo, pero el refugou tal ministerio, por considerarse indigno do mesmo. El combinou o seu servizo sacerdotal de atención espiritual e axuda ao necesitado co traballo de labrego.

No ano 253 o emperador Valeriano ordenou unha nova persecución. Algúns afirman que sufriu o martirio entrementres outras versións sosteñen que logrou sobrevivir ata unha avanzada idade no ano 260. Con todo, figurou ao longo dos séculos no martiriolóxio romano.

De Fiz cóntanse anécdotas de carácter lendario. A súa primeira fuxida da cadea atribuíuse a intervención dun anxo. A súa harmonía coa natureza como fuxido nos Apeninos manifestouse en relatos que contan que as arañas tecían mestas arañeiras nas entradas dos seus refuxios para facer crer aos soldados que o perseguían que ninguén entrara alí recentemente. Como labrego, sufriu intentos de espolio por parte de bandidos que de súpeto padeceron unha forza que os obrigou a traballar nos seus labores, cando Fiz viu tal cousa agradeceulles a angueira e perdooulles a tentativa de roubo.

Significación

editar

A súa sepultura foi moi venerada e obxecto de peregrinacións. Algunhas reliquias están en Roma e en Benevento. A súa festa celébrase o 14 de xaneiro. Hoxe en día figura no calendario romano como un confesor. Invócase contra as enfermidades dos ollos, contra o perxurio e a maledicencia contra o próximo e é protector dos animais, especialmente os animais domésticos dos labregos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar