Alzira
Alzira (en valenciano e oficialmente Alzira) é unha cidade da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta e capital da mesma, ten 44.440 habitantes (INE 2008) cun área de influencia que excede os 250.000.
Alzira | |||
---|---|---|---|
| |||
Localización | |||
![]() | |||
País | España | ||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||
Provincia | Valencia | ||
Comarca | Ribera Alta | ||
Xeografía | |||
Altitude | 14 msnm | ||
Superficie | 110,40 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 43.892 hab. (2008) | ||
Densidade | 402,54 hab./km² | ||
Xentilicio | Alcireño/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 46600 | ||
Alcalde | Elena María Bastidas Bono (PP) | ||
www.alzira.es |


Xeografía Editar
O municipio de Alzira atópase entre os 14 e 20 metros sobre o nivel do mar, entre os meridianos 3º10' e 3º23' de lonxitude oeste e os paralelos 39º4' e 39º11'. A súa extensión é de 111,46 quilómetros cadrados, polo que é un dos máis extensos da provincia de Valencia. A distancia coa Cap i Casal é de 36 km.
Situado na súa maior parte na marxe dereita do río Xúcar ao que aflúen o río "dels Ulls" ou "Riu Verd" pola súa marxe esquerda e o barranco de Barxeta pola dereita, o río foi navegábel até Alzira por barcos de pequena tonelaxe, navegación que se mantivo ata o século XVI. O termo municipal está dividido en dous sectores, un de 83,24 km² e outro de 28,22 km², chamado La Garrofera, o cal áchase separado polos termos municipais de Massalavés, Benimuslem, Alberic e Benimodo, formando un enclave.
A superficie do termo é moi irregular, sendo completamente cha nas marxes do río Xúcar; cara ao sueste esténdense, paralelamente entre se, as serras de Corbera, a Murta e Lles Agulles, entre as que se desenvolven, os vales da Murta, a Casella e Aigües Vives, mentres que o sector da Garrofera está accidentado polas vertentes orientais da serra de Tous.
O clima é de tipo mediterráneo, cunha brusca transición do estiaxe estival ás abundantes choivas outonais, de tipo torrencial, que producen frecuentes inundacións
Accédese a esta cidade dende Valencia, a través da autoestrada A-7 e a autoestrada AP-7. Ten estación de ferrocarril (RENFE) da liña Valencia-Almansa, e integrada na liña de proximidades Valencia C2. Pódese acceder a Alzira en autobús interurbano desde Carcaixent, Algemesí, Cullera e Sueca.
Para os desprazamentos dentro da cidade, Alzira conta cun servizo de autobuses urbanos (AlziBus) de titularidade municipal cuxas tres liñas unen tódolos barrios coa estación de ferrocarril, o hospital da Ribera, centros de saúde, centros comerciais, centros de ensino etc.
Núcleos Editar
- Alzira (barrios):
- La Vila
- Tulell
- L'Alborxí
- Centre Urbà
- Sant Joan
- Sants Patrons
- Caputxins
- Les Basses
- Venècia
- L'Alquerieta
- La Barraca d'Aigües Vives (Entidade Local Menor)
- El Torretxó
- La Garrofera
- El Pla de Corbera
- San Bernat
- Vilella