Alzira (Verdi)
Alzira é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na obra de teatro Alzire, ou les Américains de Voltaire. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Carlo de Nápoles o 12 de agosto de 1845, non tendo demasiado éxito, á parte da estrea só houbo catro representacións máis, sendo a derradeira o 21 de agosto dese mesmo ano.[1]
Alzira | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | Baseada na obra de teatro Alzire, ou les Américains, de Voltaire. |
Estrea | 12 de agosto de 1845 |
Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Alvaro (baixo) |
Esta ópera case non se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. cunha soa representación no período 2005-2010.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 12 de agosto de 1845 (Director: - ) |
---|---|---|
Alvaro, pai de Gusmano, inicialmente gobernador do Peru | baixo | Marco Arati |
Gusmano, gobernador de Peru | barítono | Filippo Coletti |
Ovando, un duque español | tenor | Ceci |
Zamoro, líder dunha tribo peruana | tenor | Gaetano Fraschini |
Ataliba, líder dunha tribo peruana | baixo | Michele Benedetti |
Alzira, filla de Ataliba | soprano | Eugenia Tadolini |
Zuma, súa empregada | mezzosoprano | Maria Salvetti |
Otumbo, un guerreiro americano | tenor | Francesco Rossi |
Oficiais e soldados Españois, americanos |
Notas
editar- ↑ Schlitzer, Franco, "Verdi's Alzira at Naples" (April 1954). Music & Letters, 35 (2): pp. 125-127.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |