Baixo (voz)

voz masculina máis grave

O baixo (do latín bassus: ‘grave, baixo’) é o cantante coa voz masculina máis grave,[1] cun timbre moi escuro. En ópera un baixo é un cantante masculino capaz de alcanzar o rango máis grave da voz humana.[2]

Tesitura

editar
 
Teclado de piano indicando a tesitura de baixo típico.

Segundo o Harvard Dictionary of Music, a tesitura de baixo vai desde un mi2 ata un do4, e segundo o Grove Music vai desde un fa2 ata un mi4. Porén, é amplamente coñecido no mundo operístico que un baixo debe dar como mínimo o fa4, considerándose en ocasións el fa#4 e incluso o sol4 para os papeis considerados de divo.

En obras corais, polo xeral, cando un compositor compón unha parte para baixo, utiliza un rexistro máis estreito (máis fácil de cantar): desde un sol2 a un si3.

Tipos de baixo

editar
Véxase tamén: Voz (música).

En música clásica, particularmente en ópera, existen distincións entre os distintos tipos de baixo:

Baixo profundo

editar

O baixo profundo ou baixo nobre é un cantante cunha voz particularmente profunda (unha gran potencia e riqueza en graves), ao tempo, que mantén os agudos firmes. Algúns exemplos son: Gottlob Frick (como Sarastro en Die Zauberflöte de Mozart), Kurt Moll (como o Barón Ochs en Der Rosenkavalier de Richard Strauss) e Nicolai Ghiaurov (como Don Basilio en Il barbiere di Siviglia de Gioachino Rossini). A ópera Boris Godunov reúne en escena a tres baixos profundos: Boris, Varlaam e Pimen.[3]

Baixo lixeiro

editar

O baixo lixeiro ou baixo cantante ten unha voz máis lírica, quizais cun rango de voz un pouco máis aguda, de timbre lixeiro. O baixo cantante ten axilidade na voz, para realizar poderosas melodías. Normalmente posúen rangos vocais ata un C5, dentro do rango dun mezzosoprano. Un exemplo é o eslovaco Serguéi Kopchák (como Mefistófeles en Mefistófeles de Arrigo Boito); papel de baixo cantante é o de Henrique VIII en Anna Bolena de Donizetti.[3]

Baixo caractère

editar

O baixo caractère é un tipo de voz próxima ao baixo cantante que non se utiliza fora do repertorio francés. Como o baixo cantante posúe unha voz grave, pero alta, cun timbre lixeiro. Un exemplo é Gidon Saks (como Hagen en Der Ring des Nibelungen de Wagner).

Baixo buffo

editar

O bajo buffo, en italiano basso buffo, é un matiz dentro da extensión vocal do baixo. O buffo ten comunmente un papel cómico. Non ten necesariamente o brillo dunha voz seria, pero ten que convencer polo seu talento cómico.

Baixo Helden

editar

O baixo Helden ou baixo-barítono é a voz equivalente á do barítono baixo.

Baixo Hoher

editar

O baixo Hoher é un tipo de voz profunda e curta (significa, de xeito aproximado, ‘baio alto’), moi similar ao baio caractère, que non se utiliza fora do repertorio alemán. A denominación deste tipo de voz ven do propio Wagner, que escribiu certos papeis para este tipo de voz como os seus Wotan, Alberico, Donner o Fasolt en Der Ring des Nibelungen. Un exemplo de baixo hoher sería o baixo danés Stephen Milling como Fasolt.

Baixo-barítono

editar

O baixo-barítono é un baixo que pode desenvolver papeis tanto para baixos como para barítonos podendo cantar nas 2 tesituras. Exemplos: Hans Hotter, Thomas Quasthoff, Bryn Terfel ou Antonio Campó.

  1. Izquierdo Miller, Inés (31 de xullo de 2002). "¿Tenor o soprano?". La Prensa. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2011. 
  2. "El civivox Condestable analiza las diferentes voces en la ópera" (en castelán). Diario de Navarra. 4 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 Roger Alier, Marc Heilbron e Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.