Il barbiere di Siviglia
Il barbiere di Siviglia (en galego O barbeiro de Sevilla) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare Sterbini, baseado á súa vez na comedia de Pierre-Augustin de Beaumarchais Le Barbier de Séville (1775). A estrea co título Almaviva, ossia l'inutile precauzione tivo lugar no Teatro Argentina de Roma o 20 de febreiro de 1816 baixo a dirección do propio compositor. Foi unha das primeiras óperas italianas que se representou nos EUA, estreándose alí no Park Theater de Nova York o 29 de novembro de 1825.[2] Il barbiere de Rossini demostrou ser unha das grandes obras mestras da comedia dentro da música, e foi descrita como a ópera buffa de tódalas óperas buffas. Mesmo logo de douscentos anos, a súa popularidade na escena da ópera moderna testemuña a súa grandeza.[3]
Il barbiere di Siviglia O barbeiro de Sevilla | |
---|---|
Cartel da estrea. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Cesare Sterbini |
Fontes literarias | baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, Le Barbier de Séville ou la Précaution inutile (1775) e o libreto de Giuseppe Petrosellini para a ópera de Giovanni de 1782.[1] |
Estrea | 20 de febreiro de 1816 |
Teatro da estrea | Teatro Argentina |
Lugar da estrea | Roma |
Duración | 2 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Personaxes | |
Figaro (barítono) |
Trama
editarA acción sitúase en Sevilla (España), a finais do século XVII, cando as prerrogativas da nobreza e o escurantismo do Antigo Réxime comezan a dar paso á Ilustración, apuntando xa o xerme da revolución burguesa. Rosina, unha rapaza bela e orfa vese privada da súa liberdade. O seu titor tena pechada na casa e só a deixa saír á misa, coa esperanza de casar algún día. Ela no entanto, está namorada dun conde mozo que fará todo o que estea nas súas mans para deitarse e casar con ela. Grazas á axuda do barbeiro Figaro, o mesmo que inspirou Le nozze di Figaro (célebre ópera de Wolfgang Amadeus Mozart). A ópera de Rossini segue a primeira das obras da triloxía de Figaro de Beaumarchais, mentres que a ópera de Mozart, composta 30 anos antes (en 1786), baséase na segunda parte da triloxía do dramaturgo francés, titulada As vodas de Fígaro. A versión orixinal foi estreada por Beaumarchais na Comédie Française do Pazo das Tulleries de París en 1775.[4]
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Elenco o 20 de febreiro de 1816 Director: Gioachino Rossini |
---|---|---|
Figaro (barbeiro) | barítono | Luigi Zamboni |
Don Bartolo (médico, titor de Rosina) | baixo buffo | Bartolomeo Botticelli |
Rosina (xove orfa) | mezzosoprano | Geltrude Righetti |
Conde de Almaviva (nobre) | tenor | Manuel García |
Fiorello (criado de Almaviva) | baixo | Paolo Biagelli |
Don Basilio (profesor de música) | baixo | Zenobio Vitarelli |
Berta (sirvienta de Don Bartolo) | mezzosoprano | Elisabetta Loiselet |
Instrumentación
editarA partitura de Rossini require da utilización de:
Instrumentación de Il barbiere di Siviglia |
Madeiras |
2 frautas (II. dobrando piccolo), 1 óboes (2 só na Sinfonia), 2 clarinetes, 2 fagots. |
Metais |
2 trompas, 2 trompetas. |
Percusión |
Timbais (só na Sinfonia), bombo e sistros. |
Cordas |
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, |
Outros |
Eolífono |
Para os recitativi:
- Basso continuo: clavicémbalo (violonchelo e contrabaixo ad libitum).
Estrutura
editarA ópera está dividida en dous actos formados cada un por varios números que se van sucedendo:[5]
- Sinfonia (Mi Maior)
Acto I
editar- 1 Parte Prima rovinata
- Coro Piano, pianissimo (Fiorello, Conte, Coro)
- Cavatina Ecco, ridente in cielo (Conte)
- Seguido da introdución (Recitativo) Ehi, Fiorello?... (Conte, Fiorello, Coro)
- 2 Cavatina Largo al factotum (Figaro)
- 3 Canción Se il mio nome saper voi bramate (Conte)
- 4 Duetto All'idea di quel metallo (Figaro, Conte)
- 5 Cavatina Una voce poco fa (Rosina)
- 6 Aria La calunnia è un venticello (Basilio)
- 7 Duetto Dunque io son... tu non m'inganni? (Rosina e Figaro)
- 8 Aria A un dottor de la mia sorte (Bartolo)
- 9 Finale I
- Ehi di casa... buona gente... (Conte, Bartolo, Rosina)
- Con la presente il Dottor Bartolo (Bartolo, Conte, Rosina, Berta, Basilio)
- Che cosa accadde, signori miei? (Rosina, Berta, Conte, Figaro, Bartolo, Basilio, Ufficiale, Coro)
- Ma signor... / Mi par d'essere con la testa (Bartolo, Coro, Berta, Basilio, Rosina, Conte, Figaro)
Acto II
editar- 10 Recitativo Ma vedi il mio destino! (Bartolo)
- 11 Aria Contro un cor che accende amore (Rosina, Conte)
- 12 Arietta Quando mi sei vicina (Bartolo)
- 13 Quintetto Don Basilio!... (Rosina, Conte, Figaro, Bartolo, Basilio)
- 14 Aria Il vecchiotto cerca moglie (Berta)
- 15 Temporale
- 16 Terzetto Ah! qual colpo inaspettato (Rosina, Conte, Figaro)
- 17 Recitativo instrumentato Il Conte!... ah, che mai sento!... (Conte, Bartolo, Basilio)
- 18 Finaletto II Di sì felice innesto (Tutti)
Notas
editar- ↑ Riding Dunton-Downer, Alan (2008). Espasa Calpe, ed. Guías visuales Espasa: Ópera. p. 134-135. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ Henry Edward Krehbiel, "Chapter 1", A Book of Operas: Their Histories, Their Plots and Their Music, Nova York, The Macmillan Company, 1909, de googlebooks
- ↑ Fisher, Burton D. The Barber of Seville (Opera Classics Library Series). Grand Rapids: Opera Journeys, 2005.
- ↑ Història de l'òpera a la web de l'Arena de Verona[Ligazón morta]
- ↑ Il barbiere di Siviglia: Cecilia Bartoli, Gino Quilico, Carlos Feller. Radio-Sinfonieorchester Stuttgart des SWR, Gabriele Ferro (dir.), Michael Hampe (dir. escena). ArtHaus Musik
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Il barbiere di Siviglia |
Ligazóns externas
editar- Ópera completa gravada en directo no Teatro Real de Madrid con María Bayo e Juan Diego Flórez en YouTube (subtitulada en inglés)
- Ópera completa gravada en directo coa Radio-Sinfonieorchester Stuttgart e Cecilia Bartoli, Gino Quilico e David Kuebler nos papeis principais (sen subtitular)