Wikipedia:Como engadir imaxes

Atallo:
WP:CEI

Para cargar imaxes na Galipedia, usa a ligazón «Cargar un ficheiro» que está no cadro de ferramentas ou na lista de páxinas especiais.

Con «Examinar» (ou Browse) atopa o ficheiro que queres cargar no servidor dende o disco ríxido do teu ordenador. Isto abrirá un cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro» (ou Choose File).

Cando atopes o ficheiro, selecciona «Abrir» (ou Open) co que se seleccionará o ficheiro e se pechará o cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro».

Preme o botón «Subir un ficheiro». O ficheiro comezará a transferirse. Isto pode levar algún tempo, dependendo do tamaño do ficheiro e da velocidade de conexión.

Cando a transferencia se complete con éxito, aparecerá unha mensaxe notificándoo.

Non esquezas o seguinte:

  • Pódense cargar tantos ficheiros coma se desexe, pero por favor, sen tentar ningún acto de vandalismo contra o servidor. Véxase Política de uso de imaxes.
  • Todas as transferencias de carga e as eliminacións gárdanse nun historial (Rexistro de cargas).
  • No campo Resumo débese escribir un texto para a Páxina de descrición de imaxe.
  • Hai que marcar o cadriño mediante o cal:
«Afirmo que o dono dos dereitos de autoría deste ficheiro está de acordo en licencialo baixo os termos de Wikipedia copyright.»

Para subir imaxes a Wikimedia Commons o procedemento é exactamente igual que o explicado anteriormente. Terás que pulsar en «Subir un ficheiro». Tes á túa disposición moitos modelos (templates) para indicar a licenza da imaxe. Debes consultalas e velas antes de subir imaxes.

A principal vantaxe de subir imaxes a Wikimedia Commons é que poden ser usadas por todos os proxectos de Wikimedia sen ter que subilas a cada un dos proxectos.

Como ligar a imaxe dende o documento na Galipedia

editar

Dende a páxina correspondente, crear a seguinte ligazón:

[[Ficheiro:«Nome_do_ficheiro»|Texto alternativo]]

Podes facelo co botón   que aparece na barra de botóns que está enriba da caixa de edición (aínda que é posible que non apareza no teu navegador). Selecciona o nome do ficheiro e o texto alternativo —separados por unha barra |— e preme no botón. Escribirá [[Imaxe por diante e ]] por detrás.

«Nome_do_ficheiro» é o nome que ten a imaxe incluíndo a súa extensión que se usa para indicar o formato da imaxe agregada (.jpg, .png, etc.). Non uses o formato .gif; podes substituílo polo .png ou polo .svg. (le isto).

O «texto alternativo» debera conter unha breve descrición da imaxe. Este texto preséntase nun texto flotante ou se a imaxe non se carga. É tamén importante para as persoas cegas que usan lectores de pantalla.

Soamente falta gardar a páxina correspondente para comprobar a ligazón.

Opcións de presentación

editar

A anterior sintaxe é a básica para mostrar unha imaxe tal cal nun artigo. A seguinte sintaxe dá máis posibilidades e é compatible coa anterior:

[[Ficheiro:''<<Nome_do_ficheiro>>''|''opcións''|Texto alternativo]]

As opcións dispoñibles son:

  • miniatura: xera unha imaxe en miniatura (thumbnail), aliñada por omisión á dereita, co texto alternativo escrito no pé de foto. Móstrase tamén unha icona de aumento. Exemplo: [[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|Lago Lochy en Escocia]]
  • framed: engade un marco con pé de foto á imaxe, igual ao de miniatura, mais non reduce a imaxe.
  • dereita: aliña a imaxe á dereita, pódese especificar con ou sen miniatura.
  • esquerda: ídem, pero aliñado á esquerda.
  • none: a imaxe preséntase sen texto nas súas marxes, aínda que se engadise a opción miniatura.
  • anchura px: xérase unha versión en miniatura coa anchura en píxeles especificada (p.e. '150px'). A altura calcúlase de modo que se manteña a proporción.

As barras verticais «|» empréganse para separar as opcións entre si, e entre a derradeira e o texto alternativo. Nas opcións descoñecidas pásanse por alto e a derradeira opción emprégase sempre como texto alternativo.

 

Exemplo dunha imaxe sen texto no pé:

[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|dereita|]]

A derradeira barra vertical asegura que o texto alternativo sexa "Loch lochy.jpg" e non dereita.


As opcións pódense combinar, por exemplo:

 
Lago Lochy en Escocia
 
Lago Lochy en Escocia

[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|esquerda|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, á esquerda) ou

[[Ficheiro:Loch lochy.jpg|miniatura|80px|Lago Lochy en Escocia]] (80 px de ancho, miniatura, mostrada á dereita).

Cancelar o modo «texto ao redor da imaxe»

editar

Despois de pór un texto a un lado ou outro dunha imaxe, para pór novo texto por debaixo, usando de novo todo o ancho dispoñible, hai que escribir antes <br style="clear:both;">.

Cargar unha nova versión da imaxe

editar

Para substituír unha imaxe cargada previamente, por actualización da mesma ou do artigo, basta con cargar unha imaxe que teña o mesmo nome. Nestes casos por cuestións técnicas relacionadas co teu navegador (a memoria caché) pode que non vexas a nova versión da imaxe de inmediato.

Tamaño dos ficheiros

editar

Recóllense varios consellos en «Como facer que as imaxes pesen pouco».


  Volver á páxina de axuda.