Os Trebellos son extensións JavaScript e CSS que calquera usuario rexistrado pode activar nas súas preferencias de usuario. Estes trebellos están deseñados para simplificar, facer máis eficiente ou proporcionar funcionalidades adicionais para os wikipedistas.
- HotCat: Engade, elimina ou cambia a categoría dunha páxina dun xeito doado.
- wikEd: Un editor con funcións avanzadas (incompatible con Internet Explorer e Opera; incompatible con Syntax highlighter).
- Syntax highlighter: Resalta a sintaxe especial wiki na caixa de edición (incompatible con Internet Explorer; incompatible con WikiEd).
- refTools: Engade o botón "Citar" na barra de ferramentas de edición para a adición rápida e fácil dos modelos de citas máis comúns.
- CharInsert: Engade unha barra de ferramentas baixo a ventá de edición para inserir rapidamente formatos e caracteres especiais.
- Reloxo UTC: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora actual en formato UTC, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
- Reloxo coa hora local: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora local do ordenador do usuario, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
- Mostrar os historiais e mais todas as páxinas especiais como unha lista numerada.
- Purgetab: Engade unha ligazón na cabeceira da páxina para purgar a caché e refrescar o contido da páxina.
- Sen Liberdade de Panorama: Oculta todas as imaxes dos artigos para simular o que pasaría se a UE eliminara a Liberdade de Panorama.
- Xustificar os parágrafos.
|