Wikipedia:Recursos de dominio público
Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Existen recursos dispoñibles na rede que se atopan no dominio público, e polo tanto pódense usar libremente e sen restricións para a Galipedia. Asemade, existen recursos que teñen dereitos de autoría e que están cubertos por termos de licenzas que son abondo libres como para que poidan usarse tamén. A continuación podes atopar unha lista de algúns; por favor pon as ligazóns que coñezas e non estean aínda listadas.
Recursos de dominio público
editarEstes recursos están completamente libres de restricións de copyright, e por tanto poden ser usados e modificados a discreción para calquera páxina da Galipedia. Algúns poden atoparse no dominio público ben porque o autor renunciou ós dereitos de autor ou porque son antigos e os seus dereitos caducaron. (Debe terse coidado para manter eses textos actualizados.)
Lembra que a Galipedia non é un dicionario, aínda que os contidos poden comezar cunha boa definición.
Referencia
editar- O novo dicionario do hacker - O coñecido, the Jargon File (o arquivo da xerga). Unha excelente achega de Eric S. Raymond sobre a cultura do hacker e a súa linguaxe.
Libros e textos
editar- Proxecto Gutenberg - Biblioteca virtual de libros en dominio publico
Textos legais
editar- En España, por lei, as disposicións legais ou reglamentarias e os seus correspondentes proxectos, as resolucións dos órganos jurisdiccionales e os actos, acordos, deliberaciones e dictames dos organismos públicos, así como as traducións oficiais de todos os textos anteriores. Aínda que a maior parte dos textos aos que lle é aplicable devandito artigo non son enciclopédicos (o lugar para transcribir leis é wikisource), existen algúns, por exemplo, as disposicións de declaración de Bens de Interese Artístico, cuxas descricións e anexos son unha fonte válida para escribir un artigo.
Outros recursos libres
editarEstes recursos teñen dereitos de autoría e están amparados baixo termos de licenzas que permiten a súa libre redistribución de algún xeito. Pode necesitarse o dar o creto correspondente ós autores orixinais, ou ter restricións respecto ás modificacións de contido. Revise a licenza publicada en cada sitio co propósito de coñecer e cumprir cos termos de uso.
- Institutos Nacionais da Saúde de Estados Unidos.
- Enciclopedia Libre Universal en Español: Publica baixo GFDL. Xurdiu como unha migración de colaboradores de Wikipedia, ó decatarse da discusión dunha posible incorporación de publicidade a esta enciclopedia (que non se concretou e leva camiño de non facerse nunca).
- O material escrito e fotos preparados por organismos dependentes do Goberno dos Estados Unidos son presentados sen dereitos reservados e son propiedade do Goberno dos Estados Unidos. Poden ser usados en Wikipedia sempre que se deixe clara a procedencia. Por exemplo: Centros para o Control e Prevención de Enfermidades