Axuda:Categorías

Atallos:
A:C
A:CAT

As categorías son unha das formas de organizar tematicamente os artigos da Galipedia. Unha categoría é unha agrupación de páxinas que comparten algún tema en común. Nunha analoxía co sistema de ficheiros dun ordenador, as categorías cumpren a mesma función que un directorio. O proceso de incluír unha páxina nunha categoría denomínase categorización, e realízase editando unicamente a páxina que se desexa categorizar. As categorías facilitan a busca de información dentro de Wikipedia, e permiten ver as páxinas contidas en cada unha delas, ou ben navegar a través delas, grazas á súa ordenación xerárquica. Unha páxina non categorizada considérase tan orfa coma unha sen ligazóns internas. Antes de facer uso das categorías, é conveniente que lea Wikipedia:Categorías. Outras formas complementarias de clasificación e organización de artigos inclúen as listas e as caixas de navegación.

Que son as categorías?

editar

Todos os artigos da Galipedia deberían estar en, polo menos, unha categoría. As categorías son temas xerais que poden resultar útiles para quen lea o artigo. Un exemplo é o seguinte:

Artigo: Cristina Pato.
Categoría útil: Categoría:Personalidades da música.
Categoría pouco útil: Categoría:Músicos que tocaron con The Chieftains.

A decisión sobre a utilidade ou conveniencia de que existan determinadas categorías pode ser en determinados casos un tema suxeito a debate.

Ao colocar un artigo nunha categoría, automaticamente aparece listado dentro desa categoría, sen necesidade de máis nada.

Subcategorías

editar

Todas as categorías pertencen a outra categoría superior, dependendo todas elas de Categoría:Índice. Así, Categoría:Son é unha subcategoría de Categoría:Acústica e esta de Categoría:Física, que, pola súa vez, é unha subcategoría de Categoría:Ciencia.

Ao colocar un artigo nunha categoría que é subcategoría doutra, automaticamente aparece listado dentro desa subcategoría e esa subcategoría aparece listada dentro da categoría, sen necesidade de máis nada. Realmente non existe máis diferenza entre categorías e subcategorías que o feito de que estas "están incluídas" naquelas, polo que habitualmente fálase de categorías, a non ser que se queira facer especial referencia á estrutura.

É posíbel que un artigo estea en dúas ou máis categorías. Por exemplo, Tjóðveldisflokkurin está nas categorías Categoría:Illas Feroe e Categoría:Partidos políticos, ningunha das cales é subcategoría doutra. Cando se coloca un artigo nunha categoría, hai que ser o máis específico posíbel: non tería sentido colocar Toutón, Mondariz en Categoría:Europa, Categoría:Unión Europea, Categoría:España, Categoría:Galicia, e así sucesivamente. A categoría Categoría:Mondariz resulta axeitada para acceder a calquera deses outros espazos políticos e xeográficos, polo que é a única na que hai que colocar este artigo.

Cando crear categorías?

editar
  1. As categorías empréganse principalmente para examinar artigos semellantes.
  2. As categorías resultan menos efectivas cantos máis artigos haxa (200 considérase demasiado), polo que convén crear subcategorías apropiadas e lóxicas.
  3. Os artigos sobre un tema para o que exista unha subcategoría deben estar nesa subcategoría e non na superior.
  4. De non ter certeza de que a categoría correspondería un artigo ou de non existir esta aínda, recoméndase colocar o marcador {{sencat}}, que automaticamente coloca o artigo nunha categoría especial, Categoría:Wikipedia:Páxinas sen categorías, onde os demais usuarios poden velo.

Como colocar un artigo nunha categoría?

editar

O código que permite que unha páxina pase a pertencer a unha categoría colócase ao final da páxina, antes das ligazóns interwiki e faise así:

[[Categoría:Satélites naturais]]

Ao colocar esta etiqueta, a páxina aparece listada na páxina da categoría correspondente automaticamente e aparece unha ligazón no fondo da páxina, que está no espazo de nomes "Categoría". As páxinas pódense incluír en máis dunha categoría simplemente engadindo máis etiquetas deste tipo. Por norma xeral inclúense en liñas separadas ó final do artigo. Móstranse sempre na orde na que aparecen no artigo.

Para introducir unha ligazón a unha páxina de categoría dentro do texto (como se pode ver nesta mesma páxina de axuda), hai que colocar dous puntos antes de "Categoría". Exemplo:

[[:Categoría:Música galega]]

Se non se ten claro a que categoría corresponde un artigo, convén colocar de todas maneiras o marcador {{sencat}}, que automaticamente coloca a páxina na lista de páxinas sen categoría, ou ben facelo mediante [[Categoría:Wikipedia:Páxinas sen categorías]]

Páxinas de categorías

editar

Unha páxina dunha categoría consiste en:

  • Texto opcional na parte superior
  • Lista das subcategorías e cantas son.
  • Lista das páxinas na categoría, excluíndo as subcategorías e as imaxes.
  • Lista das imaxes reducidas (sen contalas)

Como exemplos pódense ver Categoría:Electromagnetismo ou Categoría:Imaxes de Ferrol.

Como crear categorías?

editar

Unha páxina existe realmente cando se crea a súa páxina de categoría. Para crear unha, faga o seguinte:

  1. Faga clic na ligazón que aparece no final da páxina (que, se a páxina de categoría aínda non existe, aparecerá en vermello).
  2. Escriba un texto pequeno explicando que tipo de artigos se atopan nesa categoría, se non é evidente polo seu título. Tamén pode referirse ao artigo que leva o mesmo nome que a categoría empregando o marcador {{Artigo principal|TÍTULO}}, que mostra o texto Artigo principal: TÍTULO.
  3. Coloque a categoría dentro da categoría á que pertence mediante o mesmo código que para unha páxina.

Xa non é preciso nada máis, os artigos aparecerán automaticamente conforme se vaian asignando a esta categoría. Para a súa ordenación na páxina, hai que ter en conta que se segue a orde Unicode, que fai que os primeiros caracteres sexan os seguintes:

!"#$%&'()*+,-./0123456789:;<=>?
@ABCDEFGHIJKLMNOPQRSTUVWXYZ[\]^_
'abcdefghijklmnopqrstuvwxyz{|}~?

Isto é, Z aparece antes de a, por exemplo. Obviamente, no caso de nomes de persoas, o sistema non é quen de ordenalos por apelidos. Por iso pode resultar útil mellorar os marcadores dentro de cada páxina reescribindo o nome segundo o queiramos ver nas listas alfabéticas, así:

[[Categoría:Escritores en lingua galega|Alcala, Xavier]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Aldao, Lucia]]

Ou mellor aínda, así:

{{ORDENAR:Alcala, Xavier}}
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
{{ORDENAR:Aldao, Lucia}}
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]

Formato

editar

É aconsellábel seguir unhas convencións para facilitar o traballo dos bots:

  • Escribir a palabra Categoría con maiúscula inicial.
  • Non poñer espazo entre Categoría e os dous puntos nin entre estes e o nome da categoría.
  • Escribir a primeira letra da categoría en maiúscula.

Esbozo da clasificación actual en categorías

editar

Cidades – Desertos – Galicia – Illas e arquipélagos – Lagos – Países – Ríos

Galicia: Cidades de Galicia – Comarcas de Galicia – Concellos de Galicia – Illas de Galicia – Parroquias de Galicia – Lugares de Galicia – Ríos de Galicia

Países: África – Asia – América Central – América do Norte – América do Sur – Europa – Oceanía

Cidades: Cidades de Alemaña – Cidades do Brasil – Cidades de Bolivia – Cidades de Bélxica – Cidades de Colombia – Cidades de Costa do Marfil – Cidades de Dinamarca – Cidades de España – Cidades dos Estados Unidos de América – Cidades de Finlandia – Cidades de Francia – Cidades de Grecia – Cidades de Italia – Cidades de Noruega – Cidades de Polonia – Cidades de Portugal – Cidades de Rusia – Cidades de Suíza – Cidades do Xapón

Índice Alfabético

A B C D E F G H I J K L M N Ñ O P Q R S T U V W X Y Z

Dialectoloxía – Fonética – Fonoloxía – Grafémica – Historia da lingua – Lingua galega – Escolas lingüísticas – Lingüística computacional – Lingüística forense – Planificación e política lingüística – Psicolingüística – Lexicografía – Morfosintaxe – Neurolingüística – Pragmática – Retórica e figuras da lingua – Semántica – Sociolingüística – Terminoloxía – Tipoloxía lingüística – Tradutoloxía

Grafémica: Grafoloxía

Historia da lingua: Etimoloxía – Indoeuropeística

Lingüistas e escolas lingüísticas: Indoeuropeística

Lingüística forense: Grafoloxía

Planificación e política lingüística: Normalización lingüística

Psicolingüística: Grafoloxía – Trastornos da linguaxe

Lexicografía: Terminoloxía

Semántica: Etimoloxía

Tipoloxía lingüística: Categoría:Linguas

Índice de categorías

editar

Pode verse un espallamento maior (con categorías non oficiais) e con outro formato en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías, e unha lista total actualizable aquí.


  Volver á páxina de axuda.