Xosé Manteiga Pedrares
Xosé Manteiga Pedrares, nado en Aro (Negreira) o 3 de febreiro de 1934 e finado en Santa Comba o 23 de abril de 2012, foi un catedrático, filósofo e político galego.[1]
Xosé Manteiga Pedrares | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1934 |
Lugar de nacemento | Aro |
Falecemento | 23 de abril de 2012 |
Lugar de falecemento | Santa Comba |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, catedrático e escritor |
Fillos | Xavier Manteiga |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Filosofía na Universidade de Madrid, onde foi discípulo de José Luis López Aranguren. Foi profesor axudante da cátedra de Ética, da que era responsable Aranguren. En 1961 regresou a Compostela para facerse cargo da cátedra de Fundamentos de Filosofía da USC e da de Filosofía do Instituto Xelmírez. En 1964 gañou a cátedra de Filosofía do Instituto Feminino de Ferrol, onde permaneceu catro anos para volver de novo a Compostela como docente no Instituto Xelmírez. Na década de 1960 foi un ano Presidente do Congreso Español de Filósofos Jóvenes. Tamén impartiu clases en Peleteiro, La Salle, no Instituto Rosalía de Castro e no Seminario Maior.
Participou na fundación do Partido Galego Social Demócrata, do que foi ideólogo, e da editorial SEPT. Colaborou na refundación do Partido Galeguista, ao que representou na redacción do Estatuto dos dezaseis. Foi concelleiro en Santiago de Compostela nas primeiras eleccións democráticas ao encabezar a candidatura de Unidade Galega. Candidato a alcalde, na votación entre os concelleiros foi apoiado por PSOE, BNPG e PCG, e derrotado por un só escano por José Antonio Souto Paz, da UCD e que contaba co soporte de Coalición Democrática. Tamén foi candidato ao Congreso pola coalición Democracia Cristiá- Socialdemocracia Galega.
Colaborou en Teima, estivo vinculado a revista Encrucillada e publicou artigos sobre personalidades da cultura galega e colaboracións entre as que destacan "La Realidad y la esencia: reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Xavier Zubiri" na revista Grial (1964) e "Un home sinxelo do pobo" incluído na obra Manuel Reimóndez Portela na lembranza (1996). Tamén publicou traballos sobre Rafael Dieste, José Luís Pensado Tomé ou o Padre Feijoo.
Vida persoalEditar
Casou con Silvia Pousa Antelo, irmá de Avelino Pousa Antelo e tivo catro fillos: Xosé Luis, Silvia, Rosa e Xavier Manteiga Pousa.
NotasEditar
- ↑ "X. Manteiga, in memoriam" / Amancio Liñares. La Voz de Galicia, 25-4-2012, p. L5
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Manteiga Pedrares, Xosé". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 351. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 644. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externasEditar
- Cambeiro Cives, Xosé Manuel (10/7/2010). "«O exercicio da política é duro e compre tragar moitos sapos»" La Voz de Galicia (en castelán).