Rosario Álvarez Blanco
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952,[1] é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[2] É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega,[3] converténdose na primeira muller en presidilo.[4]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1952 Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga, profesora universitaria, romanista |
Empregador | Consello da Cultura Galega, presidente (2018–) Universidade de Santiago de Compostela (1998–) Universidade de Santiago de Compostela (1984–1998) Universidade de Santiago de Compostela (1982–1984) Universidade de Santiago de Compostela (1978–1982) Universidade de Santiago de Compostela (1976–1978) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Xove Ferreiro |
Fillos | Brais, Irimia e Daniel |
Irmáns | Salomé Álvarez Blanco |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974).[5] Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego,[6] desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).[7]
O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar,[8] contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.[9]
Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.[10] [7]
É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.
Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4][11].
En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de persoa física.[12]
En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Menchu Lamas.[13]
Obras
editarA investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:[14]
- O estudo da gramática descritiva da lingua galega, cunha perspectiva sincrónica mais con atención á historia da lingua galega e á gramática contrastiva portugués-galego.
- O cambio lingüístico, tanto no galego actual coma no antigo e medio.
- A edición e estudo de textos do galego medio e do galego da etapa previa ó Rexurdimento.
En 1986 publicou Gramática galega (ed. Galaxia)[15] xunto con Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, obra pola que acadaron o Premio Antón Losada Diéguez. En 2002 publicou Gramática da lingua galega (ed. Galaxia) canda a Xosé Xove.
Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios.[16]
En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.[17]
Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria.[18]
O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.[19][20][21][22][23][24][25][26]
Notas
editar- ↑ "Rosario Álvarez Blanco no Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. Consultado o 04 de decembro de 2020.
- ↑ ILG (ed.). "O Instituto". Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ "Rosario Álvarez Blanco é elixida presidenta do Consello da Cultura Galega". Consello da Cultura Galega. 31 de maio de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Rosario Álvarez Blanco, primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega". Sermos Galiza. 1 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ Álvarez Blanco, Rosario. (1974).Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Álvarez Blanco, Rosario (1980). O pronome persoal en galego (Tese). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ 7,0 7,1 "Ficha da investigadora en ORCID". orcid.org. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Variedade e diversidade da lingua". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Publicacións de Rosario Álvarez". ilg.usc.es. Consultado o 4 de setembro de 2019.
- ↑ "Membros da Academia: Rosario Álvarez Blanco". academia.gal. Consultado o 01 de xuño de 2018.
- ↑ Álvarez Blanco, Rosario (2018). "Discurso da toma de posesión da Presidencia do Consello da Cultura Galega". Grial: revista galega de cultura 56 (219): 15–19. ISSN 0017-4181.
- ↑ "RADIO.- Rosario Álvarez Blanco: "Pontevedra ten unha tradición culta que poucas cidades teñen"". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-01-16.
- ↑ "O Premio Otero Pedrayo recoñece as traxectorias de Rosario Álvarez e Menchu Lamas". Real Academia Galega. Consultado o 2021-11-11.
- ↑ "ÁLVAREZ BLANCO, Rosario - PDI - USC". www.usc.es. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ Alvarez Blanco, María Rosario; Monteagudo Romero, Henrique; Regueira Fernández, Xosé Luis (1989). Gramática galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 8471545306. OCLC 18253271.
- ↑ "Presentouse o sexto volume do Atlas Lingüístico Galego dedicado ao léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG.
- ↑ "Rosario Álvarez Blanco". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-08-31.
- ↑ ——— (1983). "O artigo en galego: morfoloxía". Verba (10): 169–182.
- ↑ ——— (1994). "Gramática descritiva e gramática prescritiva". Cadernos de Lingua (10): 19–36.
- ↑ ——— (2010). "As razóns da norma: nós e nosoutros, nosoutras". Estudos de lingüística galega (2): 205–220. ISSN 1889-2566.
- ↑ ——— (2014). ""Catalán, catalá". Breve percurso polo vocabulario e os textos en lingua galega". Estudis romànics (36): 325–332. ISSN 0211-8572.
- ↑ ——— (2015). "The accusative clitic in intransitive verb constructions: Aí o vai, aquí as están". Dialectología (Extra 5): 191–217. ISSN 2013-2247.
- ↑ ———; Blanco, Rosario Álvarez (2016). "O "Pranto da frota, por una ninfa galega" (c. 1702): tradición manuscrita, autoría, edición e estudo". Cuadernos de estudios del siglo XVIII (26): 233–270. ISSN 1131-9879.
- ↑ ——— (2017). "La lengua gallega en el espejo. Edición y estudio de seis villancicos gallegos cantados fuera de Galicia antes de 1650". Madrygal: Revista de estudios gallegos (Extra 20): 25–39. ISSN 1138-9664.
- ↑ ——— (2017). "A fala berciana na obra de Fernández Morales". Boletín da Real Academia Galega (378): 489–500. ISSN 1576-8767.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosario Álvarez Blanco |
Bibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 26. ISBN 84-8064-113-4.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Predecesor: Manuel González González |
Tesoureira da RAG 2013 - 2017 |
Sucesor: Marilar Aleixandre |
Predecesor: Ramón Villares |
Presidenta do Consello da Cultura Galega 2018 - actualidade |
Sucesor: no cargo |