Pegerto Saavedra

historiador galego

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Ferreira de Arriba (Freixo, A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951[1], é un historiador galego. É catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela.

Pegerto Saavedra
Pegerto Saavedra no salón de actos da Real Academia Galega.jpg
Nacemento15 de novembro de 1951
Lugar de nacementoFerreira de Arriba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador
Na rede
Dialnet: 37859
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, e foi premio extraordinario de licenciatura en Historia e premio extraordinario de doutoramento. Obtivo o Premio da Crítica, na categoría de Ensaio, en 1993 polo libro A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, e en 1998, compartido cos outros autores, polo tomo I da Historia da Universidade de Santiago. En 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Francisco Xavier Río Barxa. Ingresou como académico o 14 de setembro de 2013 coa lectura do discurso Demarcacións, topónimos, papeis, memoria: sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna, respondido por Ramón Villares.[2]

Obra en galegoEditar

EnsaioEditar

  • A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, 1992, Universidade de Santiago.
  • A facenda real na Galicia do antigo réxime, 1994.

Obras colectivasEditar

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón, 1979.
  • La provincia de Mondoñedo en el Antiguo Régimen. Población, sociedad y economía, 1982.
  • Economía, política y sociedad en Galicia, 1985, Xunta de Galicia.
  • La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, 1994, Crítica, Barcelona.

Obras colectivasEditar

NotasEditar

  1. "Pegerto Saavedra Fernández". Real Academia Galega. 
  2. Saavedra Fernández, P.; Villares Paz, R. (2013). Demarcacións, topónimos, papeis, memoria. Sobre a división e o control do territorio na Galicia moderna. Real Academia Galega.