Antonio Cánovas del Castillo
Antonio Cánovas del Castillo, nado en Málaga o 8 de febreiro de 1828 e finado en Arrasate (Guipúscoa) o 8 de agosto de 1897, foi un político e historiador español coñecido principalmente polo seu apoio á Restauración borbónica de 1874 e por converterse no máximo dirixente dos conservadores no "sistema de quendas" por el establecido. Foi presidente do goberno español nos períodos 1874-1875, 1875-1879, 1879-1881, 1884-1885, 1890-1892 e 1895-1897.
Antonio Cánovas del Castillo | |
---|---|
![]() | |
Ministro de Gobernación | |
Período | 1864 |
Antecesor | Antonio Benavides |
Sucesor | Luis González Bravo |
Ministro de Ultramar | |
Período | 1865-1866 |
Antecesor | Manuel Seijas Lozano |
Sucesor | Alejandro de Castro Casal |
Presidente do Ministerio-Rexencia | |
Período | 1874-1875 |
Antecesor | Francisco Serrano |
Sucesor | Afonso XII |
Presidente do Consello de Ministros de España | |
Período | 1875-1879 |
Antecesor | Joaquín Jovellar Soler |
Sucesor | Arsenio Martínez-Campos Antón |
Presidente do Consello de Ministros de España | |
Período | 1879-1881 |
Antecesor | Arsenio Martínez-Campos Antón |
Sucesor | Práxedes Mateo Sagasta |
Presidente do Consello de Ministros de España | |
Período | 1884-1885 |
Antecesor | José de Posada Herrera |
Sucesor | Práxedes Mateo Sagasta |
Datos persoais | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1828 e 1828 |
Madrid | |
Falecemento | 8 de agosto de 1897 e 1897 |
Arrasate, (Guipúscoa) | |
Organización | Unión Liberal (1858) e Partido Liberal-Conservador |
Cónxuxe | María de la Concepción Espinosa de los Monteros e Joaquina de Osma y Zavala |
Profesión | avogado e político |
Relixión | católica |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Deu os primeiros pasos na política da man de Leopoldo O'Donnell. Foi un dos artífices da Revolución de 1854 proclamada co "Manifesto de Manzanares", escrito polo propio Cánovas[1] a petición do xeneral Serrano.[2] Membro da Unión Liberal, foi ministro de Gobernación en 1864 e de Ultramar en 1865 durante o reinado de Isabel II, antes de se proclamar a Primeira República Española.
Despois da revolución Gloriosa de 1868 e do destronamento de Isabel II encargouse de preparar a volta de Afonso XII, fillo daquela. Foi tamén o redactor do Manifesto de Sandhurst [3] que propiciou, en 1874, o pronunciamento do xeneral Martínez Campos en Sagunto e a proclamación de Afonso XII como rei. Tamén foi o encargado de artellar e dar forma ó sistema da Restauración a partir do denominado "sistema canovosta".
O sistema, de carácter bipardista, e fundamentado na Constitución de 1876 era en teoría unha democracia parlamentaria. Defensor convencido dos beneficios do bipartidismo fundou o Partido Liberal Conservador de tendencia conservadora e favoreceu a formación dun partido liberal que aceptase a lexitimidade do sistema político implantado. Con Práxedes Mateo Sagasta, líder do Partido Liberal Fusionista estableceu a quenda política obrigatoria, mediante o Pacto do Pardo en 1881.
Na práctica o sistema canovista baseouse nas fraudes electorais periódicas, apoiadas no caciquismo, que facían posible a alternancia no poder, como medio de disipar tensións. Deste xeito accedeu varias veces ó cargo da presidencia do goberno, sendo o primeiro presidente do consello de ministros de Afonso XII.
Foi o autor da Constitución de 1876 e asumiu funcións de xefe do estado durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena (1885-1902). Decretou inicialmente o sufraxio restrinxido en 1878 e o sufraxio universal masculino non se restableceu ata 1890 baixo o goberno de Sagasta.
O seu goberno desenvolveu unha política colonial baseada na represión dos partidarios dunha Cuba libre. A política levada a cabo contra o nacionalismo cubano acabaría conducindo a España á perda das últimas colonias na guerra hispano-americana contra os Estados Unidos en 1898. Exerceu igualmente unha forte represión contra a disidencia política no interior de España.
O asasinatoEditar
- Artigo principal: Asasinato de Cánovas del Castillo.
Cánovas morreu asasinado o 8 de agosto de 1897 no balneario de Santa Águeda, en Guipúscoa, polo anarquista italiano Michele Angiolillo, que se inscribira no establecemento como correspondente do xornal Il Popolo. Segundo as súas declaracións ó ser detido, atentara contra el en resposta ás mortes e tortura dos revolucionarios detidos en Barcelona tras o atentado contra a procesión de Corpus en xuño de 1896.
ObraEditar
Cánovas del Castillo foi, ademais de político, un activo home de letras. Os seus escritos históricos concedéronlle notable reputación, en especial a súa Historia de la decadencia de España, pola cal foi elixido en 1860, con só 32 anos, membro da Real Academia da Historia. A este honor seguiría a súa incorporación a outras institucións de letras, entre elas, a Real Academia Española en 1867, a Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1871 e a Academia de Belas Artes de San Fernando en 1887. Tamén oficiou como director do Ateneo de Madrid (1870-74, 1882-84 e 1888-89).
A súa obra historiográfica mais sobranceira constitúea a Historia General de España (1891-1897) en 18 volumes. Entre as súas publicacións e libros que conteñen textos seus están os seguintes:
- La campana de Huesca: (crónica del siglo XII) / Antonio Cánovas del Castillo ; prólogo de Serafín Estébanez Calderón (El Solitario). Colección Austral. 1851.
- Historia de la decadencia de España desde Felipe III hasta Carlos II. 1854.
- Bosquejo histórico de la Casa de Austria en España. 1869.
- Discurso sobre la nación : inauguración del curso del Ateneo de Madrid, novembro de 1882 / Antonio Cánovas del Castillo ; introdución de Andrés de Blas. 1882.
- Estudios del reinado de Felipe IV. Madrid, Imprenta Pérez Dubrull, 2 vols. 1888-1889.
- Criterio histórico con que las distintas personas que en el descubrimiento de América intervinieron han sido después juzgadas : conferencia inaugural de Antonio Cánovas del Castillo, pronunciada el día 11 de febrero de 1891.—Ed. facsímile. Clásicos Biblioteca Nacional. Orixinal: Madrid, Sucesores de Rivadeneyra, 1892-1894.
- Historia General de España. 18 vols. 1897.
- Discursos parlamentarios / Antonio Cánovas del Castillo ; estudo preliminar Diego López Garrido.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Cánovas del Castillo |
BibliografíaEditar
- Comellas, José Luis (1997). Cánovas Del Castillo. Col. Ariel Historia. Madrid: Ariel. ISBN 9788434465985.
- Fernández de Alarcón, Belén (2016). Vida cotidiana de la mujer en la burguesía en tiempos de Isabel II y finales del XIX. Madrid: Universidad Rey Juan Carlos. ISBN 978-84-9085-694-9.
- Langa Laorga, María Alicia (1990). España y Portugal en el siglo XIX. Col. Historia del mundo contemporáneo. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-494-X.
- Pascual, Pedro (1999). El compromiso intelectual del político: ministros escritores en la Restauración canovista. Madrid: Ediciones de la Torre. ISBN 84-7960-247-3.