Lois Pérez Leira

escritor galego

Lois Pérez Leira, nado en Vigo o 29 de xaneiro de 1953, é un escritor e político galego. Desde 2013 é co-voceiro de Nova Esquerda Galega.

Modelo:BiografíaLois Pérez Leira
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, sindicalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1320218 Dialnet: 1791439

Traxectoria

editar

De neno emigrou a Arxentina cos seus pais. En Bos Aires tivo unha destacada actuación na vida política arxentina, como así tamén na colectividade galega. Neste país foi presidente da Confederación Arxentina de Estudantes Secundarios (CAES) e directivo do Centro de Estudantes de Filosofía e letras. Militou durante a maior parte dese tempo nas filas da Federación Xuvenil Comunista. Incorporouse á esquerda peronista desde unha óptica de esquerda marxista. Foi membro da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina e frecuentou os círculos galeguistas deste país.

En 1990 retornou definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante os últimos anos escribiu numerosos libros e artigos de opinión en diferentes medios sobre a emigración galega e impartiu numerosas conferencias en distintos países do mundo.

Lois Pérez Leira combinou o seu labor cultural e político co seu traballo como director de emigración da Confederación Intersindical Galega durante case 20 anos. Durante eses anos foi Conselleiro Xeral da emigración en representación da CIG e representante da mesma ante a Audiencia Nacional como entidade acusadora no xuízo que se instruíu sobre os delitos de xenocidio e terrorismo de estado cometidos durante a ditadura arxentina. Na actualidade é querelante no xuízo que se instrúe na Arxentina polos delitos cometidos pola ditadura franquista.

  • O Galego Soto, líder da Patagonia Rebelde (1999, Edicións Xerais)
  • Protagonistas dunha epopea colectiva (1999, Editorial Galicia no Mundo)
  • Galegos na Bahia de Todos os Santos (2002, Editorial Galicia no Mundo)
  • Galegos no Sindicalismo Americano (2004, AGER)
  • Galegos na Arxentina, unha ollada fotográfica (2006 FESGA)
  • Galegas na diáspora (2006, AGER) escrito conxuntamente con Graciela Alba Burgos
  • Galegos vítimas do xenocidio arxentino (2007), Bauprés) con Mónica Lázaro Jodar
  • Cuba, os Galegos e o Che (2008, Bauprés)
  • Carmen Arias, a nai galega do Che (2008 Editorial Localizados), con Mónica Lázaro Jodar
  • Ramón Suárez Picallo, o primeiro deputado da Emigración (2008, Editado por Grupo de Comunicación de Galicia no Mundo, S.L.) [1]
  • Antonio Soto, desde Ferrol ata o fin do mundo (2009, Editado por Grupo de Comunicación de Galicia no Mundo, S.L.)
  • Mulleres da emigración (2010), Editado por Grupo de Comunicación de Galicia no Mundo, S.L.)[2]
  • Desaparecidos españois na Arxentina (2010) Editado por Grupo de Comunicación de Galicia no Mundo, S.L.)
  • Protagonistas dunha epopea colectiva. Tomo II (Editorial Galicia no Mundo. 2011).

Dirixiu 18 documentais, entre eles Os Santamaría, de Prexigueiro a Cuba, que participou no festival de cine latinoamericano da Habana.

  1. Pérez Leira, Lois (2008). Ramón Suárez Picallo. El primer diputado de la emigración. Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-0-5. 
  2. Mulleres da emigración

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar