Elixio Villaverde
historiador galego
Elixio Villaverde García, nado no Irixo o 6 de abril de 1954 e finado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 2018, foi un historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1954 O Irixo, España |
Morte | 14 de setembro de 2018 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarDoutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La emigración gallega a México, 1878-1936, exerceu a docencia no ensino secundario. Concluíu a súa actividade docente no IES de Cacheiras. Colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Región e Excelsior (México). Publicou artigos e recensións sobre temas migratorios na Gran Enciclopedia Gallega, Xerme (Caracas), Olláparo, Grial, A Trabe de Ouro. Desde 1973 desenvolveu iniciativas culturais como presidente da asociación Xoves Culturais do Barbanza (1988-1992) e promoveu a revista A Caramecha.
Obras
editar- A Terra de Orcellón e O Irixo, 1986.
- Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia, 1992 (con Xosé Amancio Liñares Giraut).
- Heroes e Mártires. A IIª República e a Guerra Civil no Barbanza, 1996.
- Pioneiros na corrente do golfo, 2001.
- Gallegos en México (1878-1936). Inmigración e sociedade no alén mar, 2003.
Investigacións
editar- O patrimonio cultural galego en México.
- Os galegos no estado e na cidade de Puebla á luz do Rexistro Nacional de Estranxeiros.