A Trabe de Ouro (revista)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Trabe de Ouro.
A Trabe de Ouro é unha revista galega de pensamento crítico, publicada por Sotelo Blanco Edicións desde 1990 con periodicidade trimestral.[1][2]
A Trabe de Ouro | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1990 |
Primeira edición | 1990 |
Circulación | |
ISSN | 1130-2674 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nas súas páxinas hai artigos de análise sociopolítica e pensamento, textos literarios inéditos, crítica de libros, e actualidade cultural. O seu director é o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, e no seu Consello de Redacción aparecen profesores, novelistas, poetas e xornalistas de diferentes xeracións e intereses, como Xosé Manuel Beiras, Olegario Sotelo Blanco ou Antón Figueroa Lorenzana.
Notas
editar- ↑ X. M. del Caño: ""A Trabe de Ouro", revista de pensamiento marxista con cien números publicados" Faro de Vigo, 8/5/2015 (en castelán).
- ↑ "Chegar ao número cen, unha meta cumprida… pero continúa" Arquivado 24 de setembro de 2018 en Wayback Machine. 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sotelo Blanco Edicións Arquivado 24 de maio de 2015 en Wayback Machine.