Ángel Llanos

Ángel Llanos González, nado en Vigo o 24 de xuño de 1915 e finado ibídem o 16 de outubro de 2012, foi un fotoxornalista galego.

Ángel Llanos
Nome completoÁngel Llanos González
Nacemento24 de xuño de 1915.
Lugar de nacementoVigo.
Falecemento16 de outubro de 2012 (97 anos).
Lugar de falecementoVigo.
NacionalidadeGalega.
OcupaciónFotógrafo e xornalista,
CónxuxeJuana Fernández García.
FillosTres.
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo e neto de fotógrafos, tivo unha dilatadísima actividade profesional, mesmo durante a Guerra Civil Española.

Tras anos de infrutuosas negociacións co Concello de Vigo, o fondo fotográfico Arquivo Ángel LLanos, de preto dun millón de imaxes, foi vendido no ano 2009 á Consellería de Cultura por 180.305 euros, con destino ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, pendente da apertura en Vigo do Centro Galego de Fotografía,[1] proxecto que non callou pois finalmente en Vigo abriu o Centro de Arte Fotográfica municipal.

O seu concello adicoulle unha rúa no ano 2004. A Federación Galega de Prensa Deportiva premiouno en 2007 dobremente[2] e recibiu da Asociación da Prensa da Coruña o premio de honra Juan Cancelo de fotoxornalismo en 2011.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar