Museo Etnolóxico de Ribadavia
O Museo Etnolóxico de Ribadavia, inaugurado en 1993,[1][2]de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.[1][2][3]
Museo Etnolóxico de Ribadavia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | museo etnográfico e museo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | Ribadavia ![]() | |||
Código postal | 32400 ![]() | |||
Enderezo | Rúa de Santiago, nº 10 ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | museoetnoloxicoribadavia.xunta.gal… ![]() | |||
Teléfono | +34 988-471843 ![]() | |||
Correo | mailto:mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarSituado no Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación Martín Vázquez,[4] conta cos fondos Jesús Sánchez Orriols Chucho, Rubén García Álvarez e Meruéndano. Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da Provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350.000 imaxes fotográficas[5] e material documental sobre o teatro galego, incluído un fondo procedente da Asociación Cultural Abrente.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Museo Etnolóxico de Ribadavia". Diccionario enciclopédico galego universal 43. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 109. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ 2,0 2,1 "Museo Etnolóxico de Ribadavia". Enciclopedia Galega Universal 12. Ir Indo. 1999-2002. p. 299. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Museo Etnolóxico de Ribadavia Arquivado 28 de outubro de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia.
- ↑ "Historia". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2017. Consultado o 06 de setembro de 2018.
- ↑ "Arquivo fotográfico". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2017. Consultado o 06 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Etnolóxico de Ribadavia |
Bibliografía
editar- "Museo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.