Museos de Galicia

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista de museos de Galicia. Están ordenados por provincias e, dentro das provincias, alfabeticamente por concellos, poñendo no primeiro lugar a capital da provincia e, a seguir, o resto dos concellos, prescindindo dos artigos cando os leven na súa denominación.

Provincia da Coruña

editar
Dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e dirixido por Ramón Núñez Centella.
 
Casa das Ciencias
Inaugurado en 1985, trátase dun museo interactivo no que, baixo o lema “prohibido non tocar”, destaca a área dedicada ós experimentos físicos dirixida especialmente ós escolares. Posúe tamén unha ampla mostra de animais e minerais. Na cúpula hai un planetario cunha bóveda de 10 m de diámetro. Forma parte do grupo “Museos Científicos Coruñeses”.
Inaugurado en 2007 na que foi residencia de Santiago Casares Quiroga e María Casares. Ten varios andares con exposicións permanentes sobre a familia a Segunda República Española.
 
Retrato da Pardo Bazán na Real Academia Galega
Recreación da vivenda familiar da escritora na Coruña, con mobiliario e útiles orixinais. Pretende achegar o visitante á vida e obras de Emilia Pardo Bazán, para o que reproduce a vida nun pazo típico urbano do século XIX, cos obxectos de arte, relixiosos e persoais que tiña a Condesa. Está situado na antiga residencia da familia na Coruña e comparte dependencias coa Real Academia Galega.
En lembranza de María Pita, heroína coruñesa na defensa da cidade do ataque da frota inglesa de 1589, recréase a tenda e o dormitorio principal da casa dos seus pais, xunto a diversa documentación da Coruña nos séculos XVI e XVII (a evolución da cidade, o papel das mulleres etc.), especialmente nos aspectos relacionados coas súas relacións con Inglaterra. O museo está construído sobre o terreo que ocupara unha vivenda propiedade do seu primeiro home.
Reproduce a vivenda na que viviu Picasso na Coruña, entre 1891 e 1895, conservando o mobiliario, obxectos e enxoval tal como cando estaba daquela. Mostra 28 reproducións das obras que Picasso pintou na Coruña durante este período e catro reproducións das obras do seu pai.
Conxunto de reloxos procedentes de diferentes épocas (desde o século XVIII), países e estilos (de mesa, de caixa ou de pé), creada a partir da doazón de 82 pezas que legou Antonio Ríos Mosquera ó Concello en 1972. O museo está situado nos salóns e corredores da planta noble do edificio do concello.
 
Fachada do Domus
Museo monográfico con carácter interactivo dedicado ó ser humano, parte do grupo “Museos Científicos Coruñeses”, estruturado en áreas temáticas (bioquímica, xenética, reprodución etc.). O edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e César Portela. Anteriormente coñecida tamén como Casa do Home.
Fundación patrimonial privada que dispón na súa sede na cidade da Coiruña de espazos para exposicións temporais e unha exposición permanente da colección de obras de Francisco Lloréns.[10]
Colección bibliográfica e documental da obra de José Cornide Saavedra (1734-1803), xeógrafo, historiador e naturalista, entre outras actividades. Tamén conserva os legados e coleccións de Salvador de Madariaga e do naturalista Víctor López Seoane. O Instituto edita unha revista histórica desde 1965.
Mostra pezas arqueolóxicas (como o torque de Xanceda ou o casco de Leiro), pezas referentes á historia da Coruña e obxectos de uso litúrxico e imaxes relixiosas.
Era unha colección de pintura e escultura, principalmente, procedente das Bienais de arte contemporánea que a empresa promovía desde 1989, polo que recollía boa parte da obra da vangarda galega. Tamén organizaba talleres e cursos de mimo, ikebana ou micoloxía, por exemplo, audicións (de música clásica, étnica ou jazz), danza, ciclos de cine e vídeo, faladoiros etc., así como exposicións temporais.
O Museo pechou as portas o 30 de decembro de 2018.[14]
 
Torre de Hércules, de Camilo Díaz Baliño, no Museo de Belas Artes
Creado en 1922, non se abriu ao público ata 1947. O edificio construíuse sobre as ruínas do convento das Capuchinas (do século XVIII) e expón obras que se datan desde o século XVI ata o século XX.
Colección de pezas de prata, de carácter relixioso, pertencentes á Colexiata, de distintas épocas (entre os séculos XVI e XX) e estilos artísticos, entre as que destaca unha custodia de finais do XVII.
Mostraba o desenvolvemento histórico da implantación da electricidade en Galicia, mediante máquinas e distintos obxectos de empresas eléctricas, así como maquetas de distintas instalacións eléctricas galegas. Compartía edificio co Museo de Arte Contemporánea Gas Natura Unión Fenosa, pero pechou as súas instalacións en 1999.[17]
Situado dentro da fábrica de Estrella Galicia mostra un percorrido pola historia e pola elaboración da cervexa.
Inaugurado en 1992 en parte do soar que ocupou o convento de San Francisco. Está dedicado á historia militar e a obxectos prerromanos —principalmente galaicos—.Posúe unha colección de armas, uniformes, bandeiras, maquetas (destacando a da batalla de Elviña), mapas e outros materiais.
Aula didáctica sobre as abellas, a súa cría e os útiles para recoller e elaborar mel e cera, cun parque exterior con colmeas (tradicionais e modernas) e un xardín con plantas melíferas e medicinais.
Antiga fábrica e almacén de sardiña en salgadura, como as que antano ocupaban a beiramar da vila. Expóñense diferentes apeiros, ferramentas e vasillas empregadas polas mulleres no procesado da sardiña.
Creado en 2023 pola Fundación Jorge Jove, no Polígono Industrial de Sabón (Arteixo), mostra a evolución do automóbil ó longo do século XX a través de 300 vehículos complementados por milleiros de pezas, fotografías e documenos varios. Entre os primeiros cómpre citar o primeiros camións dos bombeiros da Coruña ou a colección Pegaso (Iveco cedeu toda a súa colección histórica de 3,5 millóns de planos).
Mostra máis de 4 500 cabeceiras de periódicos e revistas de tódalas épocas e de todo o mundo, así como as máquinas para compoñelos (entre elas, a primeira rotaplana coa que se comezou a publicar La Voz de Galicia, en 1882). Tamén se expón un exemplar de El Catón Compostelano (primeiro periódico galego, de 1800) e un mapa de Galicia de Domingo Fontán (o primeiro mapa topográfico de Galicia). Tamén se lle coñece como Museo da Prensa.
Está situado no lugar de Portodemouros, da parroquia de Dombodán (Arzúa). Mostra material diverso sobre a cría das abellas e a obtención do mel. Resulta especialmente interesante a reconstrución dunha albariza con trobos de cortiza.
 
Colección de torques e pulseiras no Museo das Mariñas
Alberga obras de artistas coma Pablo Picasso, Salvador Dalí ou Joan Miró, ademais de tres salas monográficas dedicadas a Jesús Núñez, Luís Seoane e Amadeo Gabino.
Museo etnográfico e histórico inaugurado en 1983, ocupando o antigo convento de San Domingos (s. XVII-XVIII). Destacan a súa colección de escultura funeraria medieval, con diversos sartegos e laudas; a sala do Apostolado, con cadros e gravados da escola de Rubens; a sala destinada ás antigas escolas, en homenaxe ós irmáns García Naveira; e a sección do traxe galego, con máis de 50 traxes tradicionais.
Centro de interpretación arqueolóxico aberto xunto ós castros de Neixón Grande e Pequeno co propósito de divulgar a prehistoria na península do Barbanza, centrada en tres áreas: o megalitismo da época neolítica, a arte rupestre da Idade do Bronce, e a cultura castrexa da Idade do Ferro.
Museo creado polo artista alemán Manfred Gnädinger (Man, o alemán de Camelle)”, formado por esculturas de pedras recollidas na costa e outros obxectos e materiais que botaba a marea á costa. O museo estaba ó aire libre e foi estragado pola marea negra provocada polo Prestige, o que causou a morte de Man mes e medio despois.
 
Museo do Encaixe de Camariñas
Museo creado en 1996, no que se expón unha colección permanente de encaixes formada por diversas pezas xunto ós utensilios e os materiais utilizados para a súa elaboración. Posúe un taller onde se aprende a palillar.
Trátase dun Centro de Interpretación dos Naufraxios situado no Faro Vilán co obxectivo de divulgar os faros da Costa da Morte, os sinais marítimos e lembrar on numerosos naufraxios que alí se produciron.
Casa museo situada na parroquia de Cecebre, que foi a vivenda onde viviu o escritor Wenceslao Fernández Flórez, e hoxe sede da Fundación do escritor. Mantén a estrutura e mobiliario orixinal con fotografías, libros e os seus obxectos personais, ademais dunha ampla pinacoteca.
Colección de diverso material etnográfico reunido desde 1981 polo Colexio Público Mosteiro de Caaveiro, dentro dun proxecto sociopedagóxico, e agora trasladada á antiga Casa Reitoral da parroquia, como museo público desde 2001. Está formada por apeiros de labranza, trebellos utilizados nos distintos oficios, o forno do pan, enxoval da cociña, xoguetes, teares etc. distribuídos nas habitacións da casa tradicional. O Museo comprende tamén o Parque Etnográfico do Sesín (con muíños de auga, elaboración de carbón vexetal ou colleita de castañas), unha ferrería hidráulica O Machuco e un Museo da Escola.
 
Museo de Bergantiños
Situado no edificio que foi a cadea municipal, expón obxectos e paneis informativos sobre a historia e a cultura da Comarca de Bergantiños, cunha especial atención á elaboración do pan. No patio central exponse información sobre a liña de trolebuses entre Carballo e A Coruña, a primeira liña electrificada en España por estrada.
Trátase dunha antiga caseta de pescadores onde Pepe do Cuco —o último propietario— gardaba a súa barca e os aparellos, unha construción adxectiva moi común nas aldeas mariñeiras galegas. As pezas expostas no interior permiten comprender o modo de vida das familias mariñeiras tradicionais.
Conxunto do instrumental e material didáctico do vello Colexio de Cee (fundado por Fernando Blanco de Lema a finais do XIX), distribuídos nunha sección de física e química (con aparatos de medida, mecánica, acústica etc.), agricultura, xeografía e unha sección de historia natural (con mostras animais, cunchas, minerais e fósiles). Á marxe deste material propio, inclúe cadros (Madrazo, Carreño), gravados e diversas pezas de ourivaría.
Museo interactivo, inaugurado en 2002, que busca divulgar a historia, cultura e sociedade de Cerceda, a través de maquetas, fotografías, paneis e medios audiovisuais.
Reúne máis de 5 000 pezas relacionadas co moucho: esculturas, cadros, xoiería, artesanía, literatura. Conta tamén cunha completa biblioteca e videoteca así como con instalacións interactivas para ver, tocar e escoitar estas aves. Foi inaugurado en 1994.
Colección de útiles mariñeiros utilizados nas costas de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría e Carnota, de diversas épocas e materiais. Conta con varias embarcacións e pezas de barcos (como mastros, focos, drizas, áncoras) así como instrumentos de navegación. Nunha sala destinada á carpintería de ribeira recóllense as ferramentas e os padróns utilizados na construción dos barcos. Pechou as portas definitivamente en 2015.
Inaugurado en 2024, acolle unha exposición permanente de obras de María Antonia Dans, ademais de documentos e obxectos persoais.
Fundado en 1984, é un museo único no seu xénero en Galicia e en España, que recolle debuxos orixinais de humoristas galegos (Xaquín Marín —o seu director—, Siro, Torres, Pepe Carreiro), españois (Chumy Chúmez, Gila, Máximo, Peridis, Mingote) e do resto do mundo (Mort Walker, Kosobukin, Tomy), así como fotografías e outros obxectos. Tamén realiza continuamente exposicións temporais.
Está instalado no edificio Herrerías, construído no século XVIII e restaurado recentemente para ser inaugurado en 2008. O obxectivo do museo é dar a coñecer á industria naval e ó público en xeral o pasado naval de Ferrol e a tecnoloxía desenvolvida na cidade, así como conservar e protexer aqueles obxectos de interese histórico relacionados coa industria naval.
 
Museo de Historia Natural, da SGHN, no barrio de Canido
Museo creado pola Sociedade Galega de Historia Natural e instalado nun antigo cartel. Na planta baixa está a biblioteca, unha aula laboratorio e espazos administrativos. Na primeira planta hai dúas salas con módulos didácticos dedicados á fauna terrestre, unha, e á fauna mariña, outra; nesta segunda cómpre destacar os esqueletos de diferentes especies de mamíferos mariños varados nas costas galegas.
 
Cuncha de vieira sobra a porta do museo da Terra de Melide, nun antigo hospital de peregrinos
Creado en 1978 e ampliado nunha nova sede desde 2001 (no edificio do antigo hospital de peregrinos do Sancti Spiritus, no centro da cidade), conta con 7 salas dedicadas ó Camiño de Santiago, ó neolítico e os castros, á romanización, ós oficios tradicionais, ó xoguete e a música, ó tecido (liño e la) e a casa.
Foi inaugurado en 2017[49] sobre os restos dunha villa a mare na punta Promontorio, nos terreos onde se construíu a terminal da planta de gas natural de Reganosa. Consiste nun balneum (baño) privado desta vila romana, ocupada entre os séculos I e V.
 
Lauda gremial dun mariñeiro.
A maior colección do mundo de laudas medievais (gremiais, familiares e heráldicas), con máis de 500 pezas que van desde o século XIV ó XIX, xunto a diversos sartegos de persoeiros medievais. Está exposta na igrexa de Santa María a Nova (do século XIV) e no cemiterio que rodea a igrexa.
Museo formado por unha colección de máis de 1000 traxes tradicionais de todo o mundo, doados polo bailarín Juanjo Liñares (natural de Ordes), dos que se expoñen máis de 250 pezas.
Colección privada de máis de 3 000 útiles e ferramentas de diferentes oficios: carpinteiros, zoqueiros, tecelás, barbeiros, ferreiros, panadeiros etc. Mostra tamén unha cociña tradicional completa con toda a súa menaxe, unha escola de aldea e unha botica do século XIX.
Tamén chamado Museo Ortigalia, busca divulgar o patrimonio de Ortegal, mediante un percorrido pola súa historia, desde os primeiros achados arqueolóxicos ata a actualidade. Foi inaugurado en 2003, e mostra os restos atopados nas escavacións realizadas na zona e maquetas e reconstrucións virtuais dos sitios arqueolóxicos. Entre tódolos restos destaca un túmulo datado no 4 400 a.C.
 
Locomotora Sar (ou Sarita), no Museo do Ferrocarril de Iria Flavia
Tamén chamada Casa da Matanza, é a casa na que viviu Rosalía de Castro desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, fotografías e recordos persoais etc, así como, na segunda planta, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía. É sede da Fundación Rosalía de Castro e do Centro de Estudos Rosalianos, e ten por obxecto divulgar a obra e a memoria da escritora.
Sede da Fundación Camilo José Cela, no conxunto denominado Casas dos Cóengos (do século XVIII). Reúne tódalas edicións existentes de La Familia de Pascual Duarte e 127 das 202 edicións de La colmena, así como algúns dos seus debuxos, epistolario, condecoracións etc., ou unha colección de 62 ouriñais de porcelana, entre os numerosos obxectos relacionados co escritor.
Creado en 1999, está integrado na casa Museo de Camilo José Cela, neto deste John Trulock, quen instalou a primeira liña férrea en Galicia, en 1873, entre Santiago de Compostela e Carril (Vilagarcía de Arousa). Mostra uniformes, obxectos relacionados co ferrocarril e unha fiel reprodución dunha estación da época. Nos xardíns pode verse a locomotora Sar, a primeira máquina de tren que circulou por Galicia.
Foi creado en 1986, está localizado na Torre de Bermúdez, do século XVI, e dedicado a conservar e promocionar a obra de Ramón del Valle-Inclán durante a súa vida na Pobra: primeiras edicións, manuscritos orixinais e unha colección fotográfica de Valle na Pobra, así como cadros, esculturas e diverso material relacionado co teatro.
Creado en 2013 a partir da colección de xoguetes tradicionais reunida por Ricardo Pérez Verdes[58], busca a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo e o deporte tradicionais e a historia do xoguete. Por un lado recolle a evolución do xogo desde a prehistoria ata hoxe, e por outro expón xogos e xoguetes tradicionais de Galicia, fundamentalmente, e do resto de España e do mundo.
Situado nunha das entradas do Parque Natural das Fragas do Eume. Co obxectivo de divulgar a cría das abellas e a elaboración de mel, e sensibilizar ó público visitante. Dá tamén axuda técnica ós apicultores profesionais.
Colección dunhas 4 000 pezas expostas[60] nas propias instalacións do centro escolar, relacionadas coas actividades rurais tradicionais no campo e na casa, como son os trebellos de diferentes oficios, útiles de cociña, maquinaria agrícola, ferramentas agrícolas e gandeiras, obxectos da vida cotiá etc. O obxectivo é que os alumnos lembren todos estes útiles, o seu uso e os seus nomes, logo de desapareceren do seu ámbito doméstico.
 
Museo Carlos Maside
Colección etnográfica reunida polo Centro Recreativo da parroquia de Artes, como homenaxe á comarca do Barbanza de hai un século, mostrando como era a vida nesta zona a principios do século XX, as actividades agrículas e mariñeiras, o traballo no fogar e as celebracións festivas das súas romarías.
Situado tamén no lugar de Artes, dedícase ó estudo e difusión da arte gráfica (o gravado e a estampa dixital) desde o século XV ata os nosos días. Reúne máis de 30 000 gravados de diferentes técnicas artísticas, obra de máis de 400 artistas. Cómpre destacar a biblioteca, aberta a investigadores e público en xeral, de máis de 8 000 volumes.
Museo en honra deste pintor que reúne, ademais da súa obra, unha importante colección de plástica galega contemporánea, como Castelao, Asorey, Laxeiro, Arturo Souto, Cristino e Maruja Mallo, Seoane, Lugrís, Granell etc., xunto a autores da última vangarda. Unha planta está dedicada ó debuxo humorístico. Foi reaberto en 2023 tras sete anos de estar pechado.
Mostra o instrumental utilizado antigamente en medicina cirúrxica e, en menor grao, noutras especialidades. A colección está distribuída nas instalacións do Colexio de Médicos de Santiago e nas da Facultade de Medicina.
Colección de pezas arquitectónicas extraídas do antigo claustro, do século XIII, hoxe desaparecido na súa maior parte, e diversas esculturas relixiosas. Tamén mostra obxectos e ornamentos litúrxicos que amosan a vida desta comunidade ó longo dos séculos XVII ó XIX (como cruces procesionais ou cálices) e, noutra sala, unha ampla colección de traxes tradicionais galegos. No ano 2016 Fundación Catedral de Santiago asumiu a súa xestión.
Reprodución dunha antiga pensión de estudantes de finais do XIX (sobre a que Alejandro Pérez Lugín —1870-1926— escribiu en 1915 a novela "La Casa de la Troya"). Mostra cadros, mobles, fotografías e obxectos pertencentes ós personaxes da novela. Alberga tamén obxectos e recordos das tunas da Universidade de Santiago, nunha sección coñecida como Museo da Tuna.
 
O coro do mestre Mateu, parcialmente reconstruído no Museo Catedralicio
Conxunto de obras arqueolóxicas distribuídas en catro plantas dentro do edificio da Catedral. No Museo-Claustro destaca o antigo coro pétreo do mestre Mateu, reconstruído en 1999. Na cripta baixo o Pórtico da Gloria móstranse restos e esculturas procedentes de zonas da catedral que foron derrubadas ou modificadas ó longo dos séculos. O Tesouro acolle unha ampla colección de ourivaría desde o século XI ata o século XX, incluído o Botafumeiro na Sala Capitular. No Panteón Real están as laudas dos sepulcros en pedra de diferentes Reis e nobres galegos e casteláns. Tamén forma parte deste conxunto o Pazo de Xelmírez.
É a colección máis importante do patrimonio científico e natural de Galicia, con numeroso e variado material botánico (como o herbario de Baltasar Merino), zoolóxico e xeolóxico, ademais de obxectos e instrumentos de valor histórico e científico. Foi creado xa en 1840 e desde o ano 2011 ocupa un edificio de nova creación.
 
Maqueta dun muíño no Museo do Pobo Galego
Museo antropolóxico galego por excelencia, creado en 1977. Contén unha completa mostra da nosa vida e cultura tradicionais como comunidade diferenciada. Distribúe os seus fondos en 7 salas: o mar, o campo, os oficios, a música, o traxe, as artes suntuarias e o hábitat e arquitectura, e dúas seccións, de arqueoloxía e pintura e escultura. Posúe ademais unha ampla biblioteca (na que conserva os fondos de Xaquín Lorenzo, Xesús Taboada Chivite, Antón Fraguas, Fermín Bouza-Brey e outros) e arquivo gráfico e sonoro de Galicia. Edita numerosas publicacións de carácter etnográfico.
Mostra pezas procedentes de Terra Santa, referentes ós lugares sagrados da Biblia, distribuídas nunha sección de Pasado remoto (desde o paleolítico ata a dominación romana) e Presente en Terra Santa (desde o século I ata a primeira guerra mundial). Nesta segunda sección pódense ver maquetas de edificios históricos de Xerusalén e unha valiosa selección numismática que vai desde Grecia ata hoxe.
 
Museo das Peregrinacións
Institución museística de titularidade pública definida como Museo Nacional e Centro de Documentación, Investigación e Interpretación da Peregrinación e de Santiago. O discurso expositivo xira derredor do fenómeno universal da peregrinación, da peregrinación xacobea en particular e do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela. Posúe importantes fondos escultóricos, pictóricos, artes decorativas, arqueolóxicos e fondos documentais. Dispón dunha importante biblioteca especializada.
 
Fachada do Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura
Centro de exposicións situado dentro do complexo arquitectónico da Cidade da Cultura, de titularidade pública. Foi inaugurado no ano 2011 e comezou a funcionar no ano 2012. Carece de colección propia e dedícase a acoller exposicións temporais relacionadas sempre con Galicia.
Espazo expositivo, sen colección propia, creado en 1993. O seu obxectivo é a difusión cultural da arte contemporánea, mediante exposicións retrospectivas de artistas recoñecidos internacionalmente así como de autores galegos consagrados ou emerxentes.
Creado en 2004, depende da Consellería de Educación. Busca recuperar, protexer, mostrar e difundir o diverso patrimonio educativo de Galicia mediante recreacións de aulas dende o século XIX, obxectos escolares educativos, xoguetes etc.
Museo situado no Pazo Bendaña, do século XVIII, dedicado ó estudo e a difusión da obra de Eugenio Granell e do surrealismo, así como de correntes artísticas afíns doutros artistas vencellados a este movemento. Conta tamén cunha colección de arte étnica composta por máscaras, xoguetes e outras pezas procedentes de diferentes lugares como África, Porto Rico, Filipinas etc.
Exposición permanente de artesanía relacionada co vestido (encaixe, liño, zocos, coiro, xoiería, acibeche etc.), así como cestería, cantería ou cerámica, en tódolos casos coa presenza dos artesáns realizando o seu traballo. Está situado no castelo de Vimianzo (do século XII).
Pequeno museo no que se expón o proceso tradicional da elaboración do liño, desde a sementeira á colleita, fiada e tecido, creado pola Asociación Amigos do Liño, con tódolos apeiros necesarios para a súa elaboración. En ocasións, realízanse demostracións en vivo do proceso de fiado e tecido de diversas pezas.

Provincia de Lugo

editar
Amosa in situ os restos dunha necrópole romana, situada no exterior da muralla, na confluencia das vías romanas XIX e XX do itinerario de Antonino e que se mantivo activa ata finais do século V.
 
A muralla de Lugo en 1850
Museo adicado ao estudo e promoción da Muralla Romana de Lugo e á influencia do monumento na cidade de Lugo ao longo da historia. Está situado na Praza do Campo, no centro da mesma cidade, moi preto da Catedral.
É un museo universitario, situado na cidade de Lugo, que acolle unha antiga vivenda romana e un templo consagrado ao deus Mitra.
 
Sartego dobre procedente de Santa María de Zolle, Guntín (s. IX-X), no Museo Provincial de Lugo
Fundado no ano 1934 e trasladado en 1957 ó edificio actual, inspirado na estrutura dun típico pazo galego anexo ó convento de San Francisco. No claustro, do s. XV, expóñense aras e estelas romanas, sartegos e laudas sepulcrais medievais, así como unha completa colección de reloxos de sol. Na sección de arqueoloxía expóñense obxectos que van desde a prehistoria ata a romanización, destacando o torque de Burela e o carneiro alado de Ribadeo. Exponse tamén o mosaico de Dédalo e Pasífae procedente das escavacións realizadas na rúa Armañá nos anos 80 do pasado século. Completa o museo unha serie de salas dedicadas á arte sacra e á pintura e escultura galega máis representativa dos séculos XIX e XX.
Foi fundado en 1918 como museo arqueolóxico pero trasladado ó interior da catedral de Lugo en 1995, accedéndose ó museo a través do claustro. Expóñense máis de tres mil pezas de diverso carácter e interese (arte sacro, orfebrería), a máis importante das cales, e máis coñecida, é o Crismón de Quiroga de comezos do século V.
Trátase dun museo e espazo cultural no que priman as novas tecnoloxías, o que lle supón ser unha infraestrutura pioneira en Europa coas últimas tecnoloxías. Foi inaugurado o 29 de novembro de 2012, coincidindo nas datas de conmemoración do nomeamento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. Ademais da colección permanente sobre a historia da cidade conta con espazos para exposicións temporais.
 
Casa Museo de Víctor Corral
Conxunto de esculturas expostas no propio domicilio do escultor lucense Víctor Corral, aberto ó público. No interior mostra obras de madeira, bronce e marfil, así como cadros; no xardín, esculturas de pedra e bronce. Cómpre destacar a imaxe dunha Virxe do Rosario tallada no tronco dun castiñeiro, xunto á igrexa parroquial de Santiago de Baamonde.
O museo é un barco boniteiro real, o Reina del Carmen, de 25 metros de eslora e botado en 1968, que, en vez de ser despezado foi acondicionado en 2010 para lembrar a pesca do bonito, cos seus aparellos e tódolos útiles, algúns propios da pesca tradicional, como o corricán. Poden visitarse tódolos espazos do barco e observar como era a vida a bordo dos 14 tripulantes durante os 20-25 días que duraba unha marea.
 
Museo do Castro de Viladonga
Inaugurado en 1986, está dedicado ao coñecemento, estudo e comprensión do Castro de Viladonga e do mundo castrexo trala conquista romana. Expón materiais procedentes das escavacións realizadas no castro (elementos arquitectónicos, ferramentas, ourivaría, cerámica, muíños de man, xogos e moedas etc.), cunha parte introdutoria á cultura castrexa e unha gran maqueta que reconstrúe o castro.
Recolle pezas relacionadas coa evolución histórica das Reais Fábricas de Sargadelos —industria siderúrxica creada a finais do XVIII e transformada a primeiros do XIX en fábrica de louza, ata desaparecer en 1875— sen esquecer a historia industrial galega máis destacada. Mostra antigas pezas de cerámica, útiles da fundición e os moldes orixinais, no que foi a casa da administración daquela fábrica.
Nace en 1969 como unha colección relacionada co mar e a pesca (reunida polo mestre Francisco Rivera Casás), que reflicte a historia e a vida mariñeira da costa lucense, amosando a súa riqueza biolóxica e etnográfica. Expóñense áncoras, artes de pesca, fósiles e unha sección dedicada á caza da balea practicada nesta contorna.
Colección de apeiros agrícolas e trebellos domésticos que Xan de Vilar recolleu por diferentes aldeas do Courel. Tanto a aldea, Vilar como o propio museo foron arrasados nun Incendio forestal en xullo de 2022.
Museo etnográfico que mostra ferramentas agrícolas, domésticas e de distintos oficios tradicionais. Conta tamén cunha reprodución dunha forxa, unha adega e unha lareira e, nunha sección de arquitectura popular, distintas maquetas, planos e fotografías de vivendas, hórreos e outras construcións tradicionais. O museo tamén mostra restos arqueolóxicos (das épocas castrexa e romana) e pezas de escultura contemporánea (Ignacio Basallo, Manolo Paz, Fernando Villapol etc.).
Conxunto de museo e xardín botánico sito no Caritel (San Martiño de Mondoñedo, Foz). Contén obras do artista plástico "Caxigueiro", Daniel Río Rubal, e tamén alberga o estudo do artista, máis un xardín no que destaca unha colección de máis de cen variedades de camelia.
 
Castelo de San Paio de Narla (Friol)
Inaugurado en 1983 na fortaleza do mesmo nome, como sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. No patio expóñense trebellos propios dos oficios tradicionais, cortes e adega; e na cociña, os elementos propios dunha cociña tradicional galega. Hai unha sala do tear dedicada ó traballo da la e do liño. Na torre da homenaxe reprodúcese o ambiente no que vivía a nobreza medieval, con armaduras e armas de distintos tipos.
Pequeno museo de arte sacra sito na igrexa do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, hoxe igrexa parroquial. Mostra unha colección de pezas de carácter relixioso formada por ourivaría, cadros, esculturas, cálices, mobiliario etc. Destaca o sarcófago do Conde Santo, do século V e procedente de Terra Santa e un relicario de pedra e madeira policromada composto por 28 bustos-relicarios, do século XVII.
Centro de titularidade municipal inaugurado en 2004 para dar a coñecer as características da Faba de Lourenzá e o seu cultivo na zona de Indicación Xeográfica Protexida. Ademais de informar da orixe americana e a chegada e cultivo tradicional no val de Lourenzá, destaca un túnel de 18 metros no que, cubertos por un piso de vidro, se expoñen os apeiros utilizados para o cultivo. Existe unha sala de proxeccións onde tamén se celebran exposicións temporais.
Situado no edificio onde viviu Cunqueiro durante máis de trinta anos, na praza da catedral de Mondoñedo. Mostra edicións das súas obras, audiovisuais, cadros etc.
Ó longo de cinco salas mostra diverso material litúrxico, ourivaría, pintura e escultura relixiosa, retablos etc. Destaca a colección de zapatos episcopais bordados en seda e ouro que usaban os bispos nos momentos solemnes.
 
Convento das Clarisas de Monforte
Situado no convento de Santa Clara (fundado en 1622) mostra unha importante colección de obxectos de arte sacra, unha das máis importantes de España, con roupa litúrxica e variada ourivaría relixiosa, como relicarios. Entre os seus fondos destacan as estatuas de Cristo xacente e dúas Inmaculadas, do obradoiro de Gregorio Fernández. Hai tamén unha reprodución da Piedade, de Michelangelo, que se atribúe ó seu taller.
Tamén chamado Museo da Compañía (de Xesús) ou Colexio do Cardeal. Recolle obras de pintura relixiosa entre as que destacan dous cadros de El Greco (únicas obras deste pintor en Galicia) e cinco do italiano Andrea do Sarto, así como ornamentos relixiosos e diversos documentos. O edificio é do mestre Juan de Herrera, polo que se coñece como o Pequeno Escorial de Galicia.
Inaugurado en 2001, está situado nas antigas instalacións ferroviarias que no seu día albergaron un dos máis importantes depósitos de tracción vapor do norte de España. Estas instalacións dispoñen dunha nave circular cun deseño propio da arqueoloxía industrial de principios do século XX e unha rotonda con 38 vías radiais que se enlazan a través dunha ponte xiratoria que se utilizaba tamén para inverter a marcha das locomotoras de vapor.
 
Casa museo de Manuel María
Foi inaugurada en 2013 nunha casa típica chairega restaurada, co obxectivo de acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta Manuel María, natural de Outeiro de Rei.
Taller de cerámica da man da artesá Pepa Lombao.
Foi fundado en 2002 polo escultor Fernando Villapol Parapar. O museo recolle, ademais de pezas de arte contemporánea, unha ampla colección de material etnográfico propio dos oficios tradicionais (zoqueiro, panadeiro, carpinteiro, zapateiro, cestero, labrego). Posúe unha colección de máis de 2000 sifóns orixinais.
 
Palloza do Cebreiro
Conxunto de catro pallozas rehabilitadas e musealizadas, nas inmediacións do santuario de Santa María do Cebreiro. Pódense ver os útiles que empregaban os moradores das pallozas ata mediados do século XX para a súa vida diaria (habitacións, roupa, enxoval, mobiliario, alimentación e cociña etc.) e nos traballos agrícola e gandeiro (cortes, apeiros, trobos, útiles de caza e pesca etc).
Expóñense diversos materiais relevantes para a vida pasada e presente de Quiroga: viño, aceite, mel, castañas, produción de madeira, así como a vivenda tradicional, a historia e as tradicións locais. O museo ocupa a planta baixa do auditorio municipal.
 
Pazo de Arxeriz
Situado nun pazo do século XVII, busca rescatar, defender, restaurar, expoñer, investigar e divulgar o patrimonio etnográfico e histórico-artístico da Ribeira Sacra. Combina espazos expositivos no interior dos edificios cos xardíns, a horta, as construcións adxectivas, o castro e o bosque ó redor do pazo.
Pequeno museo etnográfico nunha casa de turismo rural, na que viviu Genia Trigo, a nai do pintor e escultor Modesto Trigo Trigo. As pezas que se expoñen buscan a recuperación do patrimonio material e inmaterial do campo galego (obxectos cotiás dunha casa tradicional e pezas propias de diferentes oficios).
Presenta unha colección completa de restos dos períodos paleolítico e mesolítico no noroeste hispánico, procedentes de escavacións realizadas polo Museo, se ben os fondos expostos chegan ata a dominación romana, en módulos sucesivos: Idade de Pedra (tallada e puída), Idade de Bronce, Idade de Ferro (o mundo castrexo) e a época romana. O museo compleméntase con maquetas e reproducións, así como con exposicións temporais.
O centro está situado nunha antiga fábrica de curtidos, pechada en 1962. Consta dun Centro de Interpretación da Fábrica de Curtido e un Centro de Arte Cerámica Regal, do artista Otero Regal, que inclúe obradoiro e área comercial, no que se contemplan os diferentes procesos de creación de cerámica.

Provincia de Ourense

editar
 
Lápida de Baños de Molgas
Colección de máis de 4 000 pezas que recolle a historia do ferrocarril no mundo, con reproducións de máquinas de tren desde a primeira máquina a vapor ata os últimos trens de alta velocidade, pasando polas locomotoras diésel e eléctricas.
Museo de arte sacra inaugurado en 1954 na chamada Claustra Nova, da Catedral de Ourense. Expón numerosos obxectos relixiosos entre os que destacan o Tesouro de San Rosendo, a lauda cristiá máis antiga de Galicia (do século VI, procedente de Baños de Molgas) ou as placas de esmalte do frontal dun relicario (de Limoges). Tamén, o Misal Auriense (o primeiro libro que se imprentou en Galicia, en 1494) e o Breviario Auriense.
 
Lateral da Cabeza de guerreiro de Rubiás, no Arqueolóxico de Ourense.
Posúe unha sección de arqueoloxía (con pezas do mundo castrexo, como as esculturas dos Guerreiros, e das épocas romana, prerrománica e medieval) e unha sección de Belas Artes (con esculturas, como a Inmaculada de Juan de Juni ou os taboleiros do cadeirado de Montederramo, e pinturas dos séculos XIX e XX).
Pechou as portas en 2002 para proceder a unha remodelación integral, e dese o 2006 as pezas máis significativas expóñense na sala de exposicións do convento de San Francisco, baixo o título “Escolma de Escultura”.
Dependente da Escola Provincial de Gaitas de Ourense, está situado no Hospital Provincial de Ourense, hoxe parte do Campus Universitario. Recolle variedades de gaitas e cornamusas procedentes de diferentes países de Europa, Asia e África, ademais de modelos de gaitas galegas. Moitas son reproducións feitas por especialistas, unha vez desaparecidas no seu lugar de orixe.
 
Museo de Vicente Risco.
Colección de fondos documentais sobre a vida e obra do escritor Vicente Risco e do seu fillo, Antón (natural de Allariz e que foi quen fundou a casa museo en 1995 como homenaxe ó seu pai). Recrea o despacho que Risco tivera na súa casa de Ourense, coa súa biblioteca, e mostra numerosos debuxos, deseños e materiais da revista Nós, que fundara en 1920, así como obxectos persoais seus.
Museo de arte relixiosa no convento das clarisas, con notables pezas de marfil, entre as que cómpre destacar unha Virxe abrideira de finais do século XII (doazón de Dona Violante, fundadora do convento e dona de Afonso X o Sabio); e de prata, entre as que destaca unha Cruz de cristal de rocha gótica.
 
Museo do xoguete.
Colección de xoguetes desde principios do século XX ata a década dos setenta: coches, trens, arcos, pistolas, bonecas e casas de bonecas, cadeiras (miniaturas), xogos de mesa etc.
Colección de arte relixiosa, doada polo doutor Aser Seara Vázquez, con predominio de temas marianos (Virxes, Inmaculadas, Dolorosas) ou relacionados coa paixón de Cristo. Os fondos expostos abarcan desde finais do XIII ata finais do XIX, e entre eles destacan as esculturas en madeira e marfil e os relicarios.
Conxunto etnográfico relacionado coas industrias ligadas ó río Arnoia, recuperadas na década dos 90. Está formado por:
 
Museo do coiro de Allariz
Vella fábrica de curtidos ó pé do río Arnoia, levantada no XVIII e reconstruída agora para mostrar os seus elementos e todo o proceso de curtido de peles (pilos para o lavado e encascado, coitelos e outras ferramentas para facer o coiro). Nun obradoiro anexo hai un taller artesanal onde se ensina a traballar o coiro.
Reproduce todo o ciclo do cultivo e recolección do liño e mailos aparellos utilizados no seu procesamento para a obtención do fío (ripo, espadeleiro, restrelo, fusos, rocas etc.), continuando co tear tradicional, aínda en uso. Mostra tamén pezas elaboradas á man, como sabas, colchas ou roupa interior.
Muíño hidráulico (de turbina, mecanismo posterior ó rodicio tradicional) situado ó pé do Arnoia, restaurado en 1992 e con tódalas pezas e ferramentas que se utilizan no proceso da moenda do millo, trigo e centeo. É posible velo en funcionamento.
Mostra obxectos persoais de Ramón Otero Pedrayo e a súa biblioteca particular. O propio pazo, propiedade da súa familia e residencia de Otero Pedrayo nos últimos anos e ata a súa morte, reconstrúe a estrutura tradicional dun pazo galego de principios do século XX e conserva as dependencias nas que vivira (o despacho, a biblioteca, o dormitorio). A balaustrada da solaina foi deseñada por Castelao.
Situado na Casa da Cultura de Baltar, expón a obra do pintor Nelson Zumel, xunto a outras creadas por distintos artistas contemporáneos.
Colección de iconas bizantinas, pinturas, cerámicas, reloxos etc. O museo está situado nas inmediacións da Igrexa de Santa Comba de Bande (do século VII), nunha antiga casa rural rehabilitada.
Material etnográfico recopilado en boa parte por Elixio Rivas Quintas por terras ourensás que representa os aspectos máis representativos da cultura tradicional ourensá (polo que tamén se lle coñece como Museo de Devanceiros). Mostra tamén os numerosos obxectos relixiosos que albergaba desde vello o Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo.
Museo dedicado a dar a coñecer a gaita de fole e a súa historia, inaugurado en 2017. Posúe tamén un obradoiro no que se mostran as ferramentas e os materiais cos que se constrúen as gaitas.
Museo dedicado a dar a coñecer a obra do poeta José Porto García (1943-2019), coñecido como o “Cisne de Valbuxán” (era natural do lugar de Valbuxán (O Bolo)). Foi inaugurado en 2022.
 
Monumento ó Emigrante, no Carballiño
Completa mostra dos diferentes aspectos do fenómeno da emigración na comarca do Carballiño, a través de paneis, fotografías, vídeos e diferentes obxectos, así como das súas consecuencias —sociais e económicas— en Galicia e, concretamente, nesta comarca.
Mostra restos arqueolóxicos achados no castelo de Castro Caldelas (o museo está instalado no propio castelo) e materiais relacionados coa construción de vivendas, mosteiros e outros elementos. A sección de etnografía recolle sobre todo os apeiros agrícolas e trebellos propios dos oficios tradicionais.
Situada na que foi casa natal de Curros Enríquez e hoxe sede da Fundación Curros Enríquez. Está dedicada a promover a cultura e a obra literaria de Celanova. Posúe unha exposición permanente sobre os poetas Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro (de onde lle vén o nome de Casa dos Poetas).
Pequeno museo etnográfico que recolle ferramentas e trebellos comúns na Galicia rural tradicional, co mobiliario típico (cama, berces), unha lareira completa, a cociña co seu enxoval, un tear, unha roda de afiar, os pupitres da vella escola etc. Destaca a colección completa dos trebellos que utilizaban os pastores do gando nos montes da comarca: cornos (a modo de cornetas), cornas (vasos feitos de corno), pelicos (fundas de pel para protexer mans e pernas do frío) etc.
 
Ás de Octavio Augusto cuñado en Lucus Augusti ca. 25 a. C., no Museo de Lobios
Colección de moedas galegas exposta permanentemente nas dependencias do concello. Foi inaugurado en 1996, por iniciativa do numismático Jaime Paz, orixinario desa vila ourensá.
Pequeno museo aberto no lugar de Bidueira (Manzaneda), dedicado a lembrar o cultivo do liño, o seu fiado e a elaboración tradicional de roupa de casa e de roupa de vestir. A exposición complétase cos materiais necesarios para a actividade e está documentada con fotografías e material audiovisual para entender mellor o proceso.
As instalacións, maquinaria e útiles expostos percorren o proceso tradicional de fabricación do chocolate, comezando coa recepción dos grans de cacao e rematando coa distribución das tabletas de chocolate. O museo -o único museo do chocolate en Galicia- recolle a actividade da familia Casares, que fabricou os “Chocolates Caldelas” e “Chocolates Casares”, ata pechar nos anos 80.
Unha mostra da cerámica propia desta zona, realizada á man por métodos artesanais, sen recibir ningún baño ou esmalte. Está situado no lugar de Loñoá Grande, tamén coñecido como Loñoá das Olas pola súa tradición oleira, onde se celebra unha festa etnográfica no mes de agosto.
Centro de interpretación situado no que foi o colexio de La Salle. Reproduce a historia local a través da escola e a infancia, mediante a exposición de xogos, mapas, libros de texto, cómics, diverso material escolar etc. Os materiais expostos datan desde primeiros do XIX ata os nosos días.
 
Centro de Información Xudía, en Ribadavia
Espazo cultural para lembrar a presenza dos xudeus en Galicia, os seus oficios, a súa relixión e a persecución por parte da inquisición (na vila tamén se pode ver a que foi "Casa da Inquisición"). Ourense e, en concreto, Ribadavia, tiveron unha notable comunidade xudía (ata o 50% da poboación desta localidade) que deixou unha pegada histórica. O museo ocupa o Pazo dos Condes de Ribadavia, un edificio dos séculos XVII e XVIII.
Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350 000 imaxes fotográficas.
Museo creado en 2019 co obxectivo de recuperar, documentar, conservar e difundir o patrimonio cultural vitivinícola de Galicia, e expón secuencialmente todo o proceso de elaboración do viño, desde que a adega recibe as uvas ata a que se converten en viño. Está instalado nun edificio do século XVIII que foi priorado do Mosteiro de San Martiño Pinario e que, trala desamortización de Mendizabal, se converteu en casa reitoral de Campo Redondo (Ribadavia).
Tamén é chamado Museo da Pedra, por consistir nunha colección de restos pétreos obtidos durante as restauracións feitas no Mosteiro de Oseira e escavacións arqueolóxicas: lápidas, capiteis, columnas, elementos decorativos etc, todo exposto no antigo refectorio. Tamén pode visitarse o propio mosteiro e a biblioteca, do século XVII.
Completa colección etnográfica, que supera as 10 000 pezas, a través das que se mostra o traballo agrícola e as ferramentas dos vellos oficios, xunto a numerosos obxectos singulares da vida rural galega. O museo está a realizar un inventario e catalogación do patrimonio cultural galego, á vez que edita diversos traballos antropolóxicos e etnográficos.
  • Museo da Roda de Afiar (Arboiro)
  • Colección de máis de 200 rodas de afiar e outros trebellos dos afiadores xunto a fotografías e outros documentos, que foi reunindo o escultor Florencio de Arboiro ó longo de trinta anos para restaurar e gardar no seu domicilio particular, A Casa das Rodas.[142]
Conxunto de fotografías que ilustran o proceso de elaboración do viño e exposición dos principais viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (subzona Ribeiras do Sil), da que A Teixeira forma parte. No mes de novembro, o concello celebra a "Festa do Viño Novo", para probar o viño da colleita do ano.
Colección etnográfica exposta na torre da homenaxe do castelo. Mostra distintos aspectos da arquitectura popular, a casa e a vida doméstica, os traballos agrícolas, así dos labores artesáns e os oficios tradicionais.
Pequena colección etnográfica de apeiros agrícolas e gandeiros, xunto a trebellos dos diferentes oficios tradicionais (canteiros, ferreiros, coireiros etc).
Trátase dunha ampla colección etnográfica instalada no que foi a casa reitoral de Vilar de Santos. En dúas plantas e oito salas desenvolve diferentes materias sobre o mar da Limia (a lagoa de Antela), o campo e o cultivo do liño, a casa (cunha lareira e un dormitorio), os distintos oficios tradicionais e a réplica dunha tenda-taberna.
 
Pantalla de Xinzo
Colección etnográfica que recolle numerosos apeiros agrícolas e de diferentes oficios tradicionais. Destacan aqueles propios dos pastores de gando e do cultivo e malla do centeo.
Presenta unha exposición permanente dedicada ó Entroido en Galicia, cunha sala dedicada ás Raíñas do Entroido, na que se poden ver os traxes dos personaxes máis relevantes dos Entroidos galegos, incluída, como é lóxico, a Pantalla de Xinzo.
Nas mesmas instalacións existe outra exposición permanente dedicada ó escritor Carlos Casares.
 
Cacharreiro de Niñodaguia
Museo etnográfico que combina os vellos fornos dos cacharreiros (ou xarreiros ou calleiros) de Niñodaguia e a mostra das cerámicas tradicionais do seu característico barro amarelo, con talleres para descubrir o manexo do torno rápido.

Provincia de Pontevedra

editar
Construído no que foi o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arcebispais, na avenida de Santa María. Ofrece, mediante pezas atopadas na escavación, debuxos e material audiovisual interactivo, unha visión do que era a Pontevedra medieval. Tamén se recuperou a base da ponte levadiza de acceso á fortaleza. O Centro foi inaugurado en 2010.
A Illa do Covo é unha illa fluvial na desembocadura do río Lérez. Na illa inaugurouse en 1999 unha colección de doce esculturas de autores consagrados internacionalmente, como Giovanni Anselmo, Ulrich Rückriem, Robert Morris, Dan Graham, Jenny Holzer, Fernando Casás ou Francisco Leiro.
 
Museo de Pontevedra, Edificio Castelao.
Museo pluridisciplinar: belas artes, arqueoloxía, etnografía, artes aplicadas, é o museo máis visitado da provincia de Pontevedra.[154]. Está repartido en varios edificios espallados pola cidade. Os principais son os situados na rúa Pasantería, o pazo de Castro Monteagudo, o pazo de García Flórez (onde ten a sede) e na rúa Sarmiento o edificio Sarmiento. O último edificio construído (inaugurado en 2013), é o o edificio Castelao; alberga unha importante colección arqueolóxica, unha ampla colección de arte medieval, moderna e contemporánea, amais dunha planta de exposicións temporais.
As ruínas do convento de San Domingos, na Gran Vía de Montero Ríos, albergaban todos os brasóns nobiliarios rescatados por Casto Sampedro (agora almacenados) e outras pezas, entre elas un miliario atopado a carón da ponte do Burgo.
Museo formado por dúas seccións, unha dedicada á historia do concello de Arbo e outra ó viño. Na primeira expóñense ferramentas líticas atopadas nalgúns xacementos da zona, xunto a restos da ocupación romana e medievais. A segunda dedícase á historia do viño, especialmente á Denominación de Orixe Rías Baixas, unha das cuxas subzonas é o condado de Tea.
 
Maqueta da carabela Pinta, na Casa da Navegación de Baiona
Museo municipal no que se mostra a historia de Baiona (orixe e evolución) e das súas relacións comerciais con América, a través de facsímiles de documentos históricos e pezas relacionadas coa navegación e os seus perigos. Foi inaugurado en 2015.
A carabela Pinta foi a que regresou a España coa nova do descubrimento de América, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, arribando concretamente en Baiona o 1 de marzo de 1493. O museo consiste nunha reprodución da carabela Pinta coa distribución, mobiliario e tódolos utensilios utilizados polos seus tripulantes, así como as mercadorías, froitas e animais que trouxeron do novo mundo.
 
Equipo antigo de mergullo, no Museo Massó de Bueu
Naceu como museo xa en 1932, pero tralo peche da fábrica foi comprado pola Xunta e remodelado, para abrir ó público en 2002. Está instalado na antiga fábrica de conservas da familia Massó e mostra material etnográfico relacionado coa pesca artesanal galega e a dorna polbeira, coa industria (salga, conservas de peixe e caza da balea) e coa navegación (diverso instrumental, maquetas de distintos tipos de embarcacións, material utilizado na carpintería de ribeira etc.).
Cómpre destacar no museo os murais que pintara Lugrís na década dos anos corenta do século XX para o comedor das empregadas da fábrica.[159]
Casa natal de Ramón Cabanillas, o Poeta da raza (1876-1959), rehabilitada nos anos 90 para reproducir o ambiente no que viviu. O museo recolle diversos obxectos do escritor (como a réplica do seu despacho), fotografías, testemuñas e obras que lembran a súa figura. Mediante un vídeo resúmese a súa vida e obra.
 
Muíño da seca, en Cambados
Muíño de mareas, construído en 1622, con toda a súa maquinaria: tres moas de gran groso (para o millo) e outra de gran fino, albeira, (para trigo e centeo). Expóñense tamén diversos apeiros agrícolas relacionados co cultivo dos cereais, maquetas e reproducións de distintos tipos de maquinaria.
Situado na antiga casa reitoral de Santa Mariña Dozo, restaurada e ampliada. Mostra tódolos pasos da elaboración do viño, desde o cultivo na viña ata a botella, especialmente no relacionado co viño albariño. Séguese todo o proceso mediante maquetas, proxeccións e obxectos relacionados coa viña, o seu cultivo e as súas enfermidades, a colleita, a vinificación, o embotellado e a cata.
Inaugurado en 2019 e ampliado en 2022, trátase do primeiro museo en España dedicado en exclusiva á historia do videoxogo. O seu obxectivo é a necesidade de reivindicar o videoxogo como unha forma de cultura e de arte nos últimos cincuenta anos. Reúne distintas máquinas arcade, videoconsolas, portátiles e outros dispositivos.
Colección de esculturas, pinturas e debuxos do artista Diego de Giráldez, representante do chamado realismo NAS (naturalismo, abstracción e surrealismo).
Instalado nunha casa soarega do século XVII, expón máis de 3.800 pezas (armas, instrumentos musicais, ferramentas, utensilios, mobles, enxoval etc.), co obxectivo de conservar e difundir o patrimonio etnográfico da comarca. A Casa Museo é tamén sede do Centro de Estudios de A Paradanta.
Nace en 1982 como Museo do Pobo Estradense pero ábrese ó público en 1996 no edificio que era matadoiro municipal. Expón principalmente materiais etnográficos (aspecto no que cómpre destacar a colección de xoguetes tradicionais e a reprodución dunha vella escola rural), históricos e arqueolóxicos. No seu fondo consérvanse máis de 30 000 fotografías relacionadas coa comarca, entre as que ten especial interese a colección relacionada coa Memoria Gráfica da Guerra Civil Española.
Inaugurado en 2010, o museo mostra o proceso de transformación da madeira na fabricación de mobles, tanto con técnicas e útiles tradicionais, como o realizado nas modernas fábricas actuais.
 
Centro Etnográfico Terra de Montes
Expón numertoso material etnográfico, recollido na Terra de Montes (Pontevedra), da vida cotiá na primeira metade do século XX: ferramentas usuais no medio rural (carro, xugos, arados etc.) e nos oficios comúns (canteiros, carpinteiros, ferreiros etc.). Tamén recrea un dormitorio e unha cociña tradicionais, con tódolos útiles necesarios.
Colección etnográfica de artes de pesca e materiais relacionados coa historia mariñeira do Grove, tanto no que se refire á salga de peixe como no tocante á pesca e á industria conserveira. Ademais da nave principal (construída sobre unha vella fábrica de salga) pódese visitar unha fábrica de salga de 1790, reconstruída en tódolos seus elementos orixinais.
 
Remates de torques no Museo de Santa Trega.
Colección das pezas arqueolóxicas atopadas nas escavacións do castro (e mais nalgúns castros próximos). Complementa a visita ó propio castro, que permite coñecer o seu contexto histórico, as campañas arqueolóxicas e os obxectos extraídos: restos paleolíticos, neolíticos, da idade de bronce, da cultura castrexa e da ocupación romana.
O museo está construído sobre o que foi un restaurante deseñado polo arquitecto Antonio Palacios, rehabilitado e convertido en museo en 1953.
É o resultado da musealización do antigo edificio da fábrica de conservas Goday, que fundara Juan Goday Gual en 1879, a primeira fábrica de conservas de Galicia, e que pechou en 1958. Consérvanse os mesados sobre os que recibían, preparaban e enlataban a sardiña e algunhas das máquinas que posuía, xunto outras procedentes do Museo Massó (de Bueu), así como latas da época, ferramentas diversas e numerosas fotografías das mulleres traballando na fábrica.
 
Recreación dunha taberna rural, na Casa do Patrón
Expón unha ampla colección de máis de 6 000 pezas distribuídas en tres edificios, unha capela e unha casa castrexa. Recrea a vivenda tradicional galega (cociña, comedor, dormitorios) con tódolos utensilios propios dunha casa (mobiliario diverso, menaxe, o tear e a roupa), os apeiros necesarios na agricultura, gandería (carros, xugos e maquinaria) e pesca (marítima e fluvial), así como as ferramentas características de máis de 85 oficios diferentes (canteiro, ferreiro, carpinteiro, zoqueiro, afiador etc.). Tamén reproduce unha taberna e unha escola.
Inaugurado en outubro do 2001, mostra unha ampla colección de marionetas da compañía de monicreques Viravolta, e de cabezudos, ademais de biblioteca, vídeos e outros materiais. O Museo organiza talleres de iniciación, cursos e ofrece representacións de teatro de marionetas.
Está situado na que foi vivenda do astrónomo Ramón María Aller Ulloa, así como o e observatorio astrónómico que construíu en 1924 (o primeiro observatorio astronómico de Galicia). O museo foi inaugurado en 1989.
Na primeira planta expóñense de forma permanente diversas obras do pintor José Otero Abeledo (Laxeiro), tamén natural de Donramiro (Lalín).
Recolle 77 obras do pintor, escultor e humorista Manuel Torres Martínez (cadros, debuxos e esculturas), que cedeu ó seu concello natal. Outras salas do museo dedícanse a exposicións temporais de pintura ou escultura contemporáneas ou de artesanía, fotografía etc.
Pequeno museo etnográfico centrado na actividade mariñeira nas Rías Baixas galegas. Expóñense maquetas de barcos, numerosos instrumentos de navegación, artes de pesca e fotografías antigas, así como unha colección malacolóxica. Tamén dedica un espazo a exposicións temporais.
 
Tear no Castelo de Sobroso
Proxecto expositivo da Deputación de Pontevedra no castelo medieval de Vilasobroso[179], totalmente restaurado a finais do século XX. Reconstrúe a vida no castelo e a vida nunha casa rural tradicional, con espazos dedicados a expoñer a artesanía do liño (incluso se pode ver un batán) e outros labores artesáns, configurando un Museo etnográfico, amais dun significativo Museo do Traxe Galego e un centro de recuperación da cultura popular.
Museo etnográfico sobre os diferentes usos da auga, instalado nunha antiga casa reitoral do século XVIII, rehabilitada no ano 2000. Expóñense útiles e paneis sobre os usos da auga nos muíños, lavadoiros, fontes, etc. Conta tamén con maquetas que mostran o funcionamento du muíño de millo e unha serra movida pola forza da auga.
 
Casa Museo de Colón
A Casa Museo de Colón segue a tese da orixe galega de Cristovo Colón, descubridor de América, tese proposta por Celso García de la Riega a finais do século XIX. Baséase na similitude dos topónimos galegos coa toponimia da costa explorada por Colón e nas características da lingua utilizada por Colón, con xiros propios da costa de Pontevedra. Organízase en tres edificios dos que un é a súa suposta casa natal.
Situado nas dependencias dunha antiga fábrica de curtidos, mostra unha colección de pezas relacionadas coa historia do concello: prehistoria (por exemplo, o petróglifo de Chan de Gándara), Idade Media (unha pía bautismal románica) e Idade Moderna e Contemporánea, que lembra os persoeiros de sona nacidos en Ponteareas. Unha sección do museo está dedicada á festa do Corpus Christi e as características alfombras de flores.
 
Museo da Batalla de Rande.
Inaugurado o 9 de novembro de 2013, está situado no edificio dunha vella fábrica de conservas coñecida promeiro como a Fábrica do andaluz e logo como a Fábrica do alemán, dedicada á elaboración de peixe salgado e en conserva, ata aque pechou definitivamente en 1955. Nas inmediacións está o cargadoiro do alemán, que abastecía de ferro e volframio ó estado alemán ata o inicio da Segunda guerra mundial.
Céntrase na Batalla de Rande ocorrida en 1702, na que a frota inglesa e holandesa atacou a Frota das Indias que regresaba cargada de ouro e prata das Américas, provocando o afundimento ou incendio dos barcos españois e franceses, aínda que parece ser que o tesouro puido ser desembarcado e transportado a Madrid en carros de bois.
Espazo de divulgación da viticultura e enoloxía de España, instalado no Castelo de Dona Urraca. Na planta principal móstrase un percorrido histórico polo cultivo, colleita e elaboración do viño; na planta inferior reprodúcese unha adega tradicional xunto a unha bodega industrial.
Está situado no recinto feiral de Silleda e foi inaugurado en 2019. A través de das diferentes seccións percorre a evolución da agricultura desde o Paleolítico á revolución industrial, deténdose no cultivo da vide e produción de viño, as forraxes e cereais, a cría do gando e produción de leite e produtos lácteos. Expóñense quince modelos do tractor Barreiros e diferentes tipos de carro para o transporte de herba, madeira ou bocois de viño.
 
Detalle da fachada do Museo Diocesano de Tui.
Colección composta principalmente de obxectos relixiosos, como cálices, custodias, cruces procesionais e ornamentos. Contén tamén unha sección arqueolóxica con pezas extraídas nas escavacións realizadas na Catedral, como sarcófagos, laudas, os escudos da porta da muralla de Tui e un antigo coro románico. Cómpre destacar a imaxe sedente da Virxe co Neno, coñecida como “A Patroa”, e o antigo facistol do coro.
Situado no antigo Hospital para Pobres e Peregrinos, levantado en 1756, onde os peregrinos a Santiago de Compostela tiñan dereito a pasar tres noites. Na súa planta baixa estaba a alfóndega ou mercado da cidade. Consta dunha sección de arqueoloxía, outra de arte sacra e unha terceira de pintura e escultura. Na primeira destacan un sarcófago romano e un casco celta do século III-II a.C. A sección de arte sacra mostra obxectos e figuras procedentes de distintas igrexas da Diocese. Na primeira planta destaca a colección de petos e relevos de ánimas.
Na segunda planta, a pinacoteca, exponse unha interesantísima colección de Sambenitos (penitencias ditadas polo Santo Oficio), única en España, do século XVII.
 
Fundación Laxeiro.
Centro principal de exposicións temporais do concello de Vigo e sede da Fundación Laxeiro e da colección Luís Torras. A primeira mostra 64 obras de Laxeiro e percorre tódalas épocas do pintor. A segunda mostra unha colección de 67 cadros do artista vigués Luís Torras.
Tamén é a sede do Arquivo fotográfico Pacheco, con máis de 140 000 fotografías tomadas desde 1900 ata 1970.
Museo nacido para desenvolver, ademais das actividades propias de exposición permanente, traballos de investigación, conservación, e difusión da arte e da cultura contemporáneas nos eidos das artes plásticas, arquitectura, vídeo, deseño, cine etc. Desenvolve tamén frecuentes exposicións temporais dedicadas a autores ou movementos artísticos galegos de vangarda.
Instalado nunha vivenda de catro andares, mostra unha colección de máis de 2 000 pezas relacionadas coa cultura material doméstica de Galicia xa desaparecida: ferramentas artesanais e agrícolas, o carro, roupa e tecidos, a vivenda tradicional etc. Recolle tamén pezas relacionadas coa relixión e a superstición, así como coa medicina popular.
A recollida de todo este material etnográfico foi obra do mestre de escola Olimpio Liste, que a comezou en 1965. En 1972 creou o Museo Etnográfico Liste de Oseira (Ourense), e en 1999 este de Vigo.
Fai un percorrido detallado da evolución da industria pesqueira galega: pesca, conservación e comercialización de moluscos, sardiña e pescada. Outra parte do museo mostra a pesca en xeral e as condicións oceanográficas e biolóxicas que explican a distribución das especies. Está construído sobre unha antiga fábrica de conservas, nun contorno natural, que integra edificios e espazos ó aire libre abertos ó mar.
 
Pazo Quiñones de León, sede do museo homónimo.
Por unha banda, conta cunha sección arqueolóxica, con pezas representativas da historia de Vigo, desde o Paleolítico á [[Idade Media, e os restos achados no Monte do Castro. Por outra, expón unha completa colección de arte galega contemporánea, desde finais do XIX ata a actualidade: Avendaño, Maside, Torres, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís etc, xunto a representantes do "Movemento Atlántica".
 
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
O intelectual e activista Francisco Fernández del Riego fixo doazón da súa biblioteca (formada por máis de vinte mil títulos), xunto ós seus fondos documentais e artísticos ó concello de Vigo. Esta colección artística constitúe o eixo do museo e comprende obras de Castelao, Maside, Seoane, Colmeiro, Laxeiro, Virxilio Blanco, Faílde, Díaz Pardo etc.
Museo interactivo relacionado coa palabra e a comunicación humana, organizado en catro grandes bloques: linguaxe e comunicación, literatura, ciencia e tecnoloxía. Permite coñecer e experimentar coa lingua, os idiomas, as letras, sons, vista, oído, lectura e escritura etc. mediante 29 cubos —tantos como as letras do alfabeto— de distinto carácter interrelacionados.
Colección de obras de diferentes artistas do Deza, como Laxeiro, Colmeiro, Sucasas e outros, xestionada polo tamén pintor Paco Lareo na súa casa natal, como lugar de encontro de artistas e de exposición permanente.
Museo creado no antigo poboado mineiro da Brea (na parroquia de Fontao), aproveitando o edificio da igrexa para expor pezas, mineriais e rochas, xunto a ferramentas e explosivos; o antigo cine, onde se expoñen fotografías e un vídeo sobre o traballo na mina; e a antiga escola, con material xeolóxico, libros e documentación.
Instalado na que foi a primeira estación de ferrocarril de Galicia, cando uniu O Carril con Santiago de Compostela en 1873. Esta vella estación foi acondicionada como museo e dotada de maquetas, paneis, fotografías, documentos e réplicas de trens en distintas escalas.
 
Casa do Cuadrante
Situado na que foi casa natal dos irmáns Julio e Francisco Camba, escritores e periodistas, rehabilitada para expoñer fotografías destes escritores, exemplares de primeiras edicións, artigos, manuscritos e outro material relacionado con eles, incluídos diversos obxectos cotidianos que eles utilizaron.
Tamén chamada Museo do Cuadrante, por ser o nome co que se coñecía a casa natal de Valle-Inclán, pretende recoller a memoria do escritor, reproducindo o ambiente onde creceu e un percorrido pola súa vida, obra e contexto histórico. Mostra as primeiras edicións dun bo número das súas obras, así como outros escritos e obxectos de uso persoal do escritor e da súa familia.
  1. "MUNCYT Coruña" (en castelán). Consultado o 21.08.2024. 
  2. "Casa das Ciencias". Consultado o 21.08.2024. 
  3. Casa Museo Casares Quiroga
  4. Casa Museo Emilia Pardo Bazán
  5. "Casa Museo María Pita". Consultado o 19.09.2024. 
  6. "Casa Museo Picasso". Consultado o 21.08.2024. 
  7. "Colección de Reloxos". Consultado o 19.09.2024. 
  8. "Domus". Consultado o 21.08.2024. 
  9. "Fundación Barrié". Consultado o 19.09.2024. 
  10. Colección de pintura Francisco Llorens
  11. "Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide". Consultado o 19.09.2024. 
  12. "Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña". Consultado o 21.08.2024. 
  13. "MACUF" (en castelán). Consultado o 21.08.2024. 
  14. "El museo MAC cierra y negocia con la Xunta reubicar su colección de arte". La Voz de Galicia (en castelán). 23.10.2018. 
  15. "Museo de Belas Artes da Coruña". Consultado o 21.08.2024. 
  16. "Museo de Arte Sacra de Santa María do Campo". Consultado o 21.08.2024. 
  17. ""El museo eléctrico que murió", en La Opinión. A Coruña 21.03.2016" (en castelán). Consultado o 21.08.2024. 
  18. Páxina web
  19. "Museo Histórico Militar da Coruña". Consultado o 19.09.2024. 
  20. "Xente no Camiño". Consultado o 19.09.2024. 
  21. "Museo de Salazón". Consultado o 18.09.2024. 
  22. "Museo de Automoción e Historia (MAHI)" (en castelán). Consultado o 20.09.2024. 
  23. "Museo Santiago Rey Fernández-La Torre" (en castelán). Consultado o 21.08.2024. 
  24. "O Enredo do Abelleiro". Consultado o 21.08.2024. 
  25. "Centro Internacional da Estampa Contemporánea". Consultado o 20.09.2024. 
  26. "Museo das Mariñas". Consultado o 21.08.2024. 
  27. "Centro Arqueolóxico do Barbanza. Castros de Neixón". Consultado o 20.09.2024. 
  28. "Museo do Alemán de Camelle". Consultado o 19.09.2024. 
  29. "Museo do Encaixe". Consultado o 19.09.2024. 
  30. "Museo do Faro". Consultado o 19.09.2024. 
  31. "Casa Wenceslao Fernández Flórez". Consultado o 20.09.2024. 
  32. "Museo Etnográfico da Capela". Consultado o 21.08.2024. 
  33. "Museo de Bergantiños". Consultado o 20.09.2024. 
  34. "Caseta de Pepe do Cuco. A evolución dos tempos". Consultado o 20.09.2024. 
  35. La Caseta de Pepe do Cuco, el primer museo de Galicia que funciona sin personal
  36. Colección visitable do Castro das Travesas
  37. "Fundación Fernando Blanco de Lema". Consultado o 21.08.2024. 
  38. "Ecomuseo de Cerceda". Consultado o 21.08.2024. 
  39. "Museo do Moucho". Consultado o 21.08.2024. 
  40. "Museo Marítimo Seno de Corcubión". Consultado o 24.08.2024. 
  41. Curtis abre a Casa Museo María Antonia Dans
  42. "Museo do Humor Xaquín Marín". Consultado o 22.08.2024. 
  43. "Museo da Construción Naval". Consultado o 20.09.2024. 
  44. "Museo de Historia Natural". Consultado o 20.09.2024. 
  45. Museo da Pesca
  46. Ecomuseo Forno do Forte
  47. "Museo da Terra de Melide". Consultado o 22.08.2024. 
  48. "Caldoval. Centro de Interpretación". Consultado o 25.08.2024. 
  49. "Galicia estrena en Mugardos un museo con baños romanos de hace 20 siglos", en La Voz de Galicia 9.09.2017.
  50. Na casa de Ramón Caamaño
  51. "Museo das Laudas – Igrexa de Santa María A Nova". Consultado o 22.08.2024. 
  52. "Museo do Traxe "Juanjo Liñares"". Consultado o 23.08.2024. 
  53. "Casa Museo Rosalía de Castro". Consultado o 22.08.2024. 
  54. "Museo Camilo José Cela". Consultado o 22.08.2024. 
  55. "Museo do Ferrocarril". Consultado o 22.08.2024. 
  56. "Museo Valle-Inclán". Consultado o 22.08.2024. 
  57. "Museo Etnolúdico de Galician". Consultado o 20.09.2024. 
  58. "Nuevo museo del juego universal", en La Voz de Galicia 26.09.2013.
  59. "Casa do Mel". Consultado o 22.08.2024. 
  60. Meizoso, María (26 de xuño de 2015). "El museo del colegio Monte Caxado aglutina ya más de 4.000 piezas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  61. Casa Museo Manuel Antonio
  62. "Museo Etnográfico de Artes". Consultado o 20.09.2024. 
  63. "Fundartes. Museo". Consultado o 20.09.2024. 
  64. "Museo Carlos Maside". Consultado o 23.08.2024. 
  65. "Museo Colexiata de sar". Consultado o 23.08.2024. 
  66. "Museo Casa de la Troya". Consultado o 23.08.2024. 
  67. "Museo catedral de Santiago". Consultado o 23.08.2024. 
  68. "Museo de Historia Natural (MHN)". Consultado o 23.08.2024. 
  69. "Museo do Pobo Galego)". Consultado o 23.08.2024. 
  70. "Museo de Terra Santa" (en castelán). Consultado o 23.08.2024. 
  71. "Museo das Peregrinacións e de Santiago". Consultado o 23.08.2024. 
  72. "Museo Centro Gaiás". Consultado o 23.08.2024. 
  73. "Centro Galego de Arte Contemporánea". Consultado o 23.08.2024. 
  74. "Mupega (Museo Pedagógico de Galicia)". Consultado o 23.08.2024. 
  75. "Museo Granell". Consultado o 23.08.2024. 
  76. Museo Bea Rey
  77. "Museo do Liño". Consultado o 23.08.2024. 
  78. "Centro Arqueolóxico San Roque". Consultado o 24.08.2024. 
  79. "Centro de Interpretación da Muralla". Consultado o 24.08.2024. 
  80. Colección de Instrumentos Musicais do Centrad
  81. "Museo Universitario A Domus do Mitreo". adomusdomitreo.com. Consultado o 19 de setembro de 2024. 
  82. "Museo Provincial de Lugo". Consultado o 24.08.2024. 
  83. "Museo Diocesano Catedralicio". Consultado o 24.08.2024. 
  84. "MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)". Consultado o 25.08.2024. 
  85. "Casa-Museo Víctor Corral" (en castelán). Consultado o 25.08.2024. 
  86. "Barco Museo Boniteiro "Reina del Carmen"". Consultado o 25.08.2024. 
  87. "Museo do Castro de Viladonga". Consultado o 25.08.2024. 
  88. "Museo Histórico de Sargadelos". Consultado o 25.08.2024. 
  89. "Museo Provincial do Mar". Consultado o 25.08.2024. 
  90. [https://uxionovoneyra.com/casa-museo/ Casa Museo Uxío Novoneyra]
  91. "Museo Etnográfico de Vilar". Consultado o 26.08.2024. 
  92. "Museo de Fonsagrada". Consultado o 26.08.2024. 
  93. "Espazo Caritel. Arte y Naturaleza" (en castelán). Consultado o 26.08.2024. 
  94. "Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla". Consultado o 26.08.2024. 
  95. "Museo de Arte Sacra de Vilanova de Lourenzá". Consultado o 28.08.2024. 
  96. "Centro de Interpretación da Faba". Consultado o 20.09.2024. 
  97. "Casa Museo Álvaro Cunqueiro". Consultado o 28.08.2024. 
  98. "Museo Catedralicio e Diocesano" (en castelán). Consultado o 28.08.2024. 
  99. "Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte". Consultado o 28.08.2024. 
  100. "Museo de Nosa Señora da Antiga". Consultado o 28.08.2024. 
  101. "Museo do Ferrocarril de Galicia" (en castelán). Consultado o 28.08.2024. 
  102. "Museo do Ferrocarril de Galicia". Consultado o 29.08.2024. 
  103. "Olería de Bonxe". Consultado o 29.08.2024. 
  104. "Museo Etnográfico-Pedagóxico Villapol". Consultado o 29.08.2024. 
  105. "Conxunto Etnográficodo Cebreiro". Consultado o 29.08.2024. 
  106. "Museo etnográfico municipal do concello de Quiroga". Consultado o 30.08.2024. 
  107. "Ecomuseo de Arxeriz". Consultado o 30.08.2024. 
  108. "Casa-Museo Genia Trigo" (en castelán). Consultado o 1.09.2024. 
  109. "Museo de Prehistoria e Arqueoloxía". Consultado o 1.09.2024. 
  110. "Colección Etnográfica e de Cerámica Regal-Xunqueira". Consultado o 1.09.2024. 
  111. "Colección de Trens Fernández Pacheco". Consultado o 1.09.2024. 
  112. "Tesouros da Catedral". Consultado o 1.09.2024. 
  113. "Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense". Consultado o 1.09.2024. 
  114. "Museo da cornamusa". Consultado o 1.09.2024. 
  115. "Casa Museo Vicente Risco". Consultado o 1.09.2024. 
  116. "Museo de Arte Sacra de Santa Clara de Allariz". Consultado o 1.09.2024. 
  117. "Museo Galego do Xoguete". Consultado o 2.09.2024. 
  118. "Museo Iconográfico de Arte Sacra" (en castelán). Consultado o 2.09.2024. 
  119. "Parque Etnográfico do Río Arnoia". Consultado o 2.09.2024. 
  120. "Fundación Cultural Otero Pedrayo". Consultado o 2.09.2024. 
  121. "Museo Nelson Zumel". Consultado o 2.09.2024. 
  122. "Museo de Iconas". Consultado o 4.09.2024. 
  123. "Museo Os Devanceiros. Os Milagres". Consultado o 5.09.2024. 
  124. "Museo da Gaita de Fole". Consultado o 5.09.2024. 
  125. "El Museo Yosso" (en castelán). Consultado o 5.09.2024. 
  126. Yosso, “el cisne de Valbuxán”, ya tiene su museo en O Bolo
  127. "Exposición sobre la emigración en O Carballiño" (en castelán). Consultado o 5.09.2024. 
  128. "Museo Etnográfico de Castro Caldelas". Consultado o 7.09.2024. 
  129. "Fundación Curros Enríquez. Casa dos Poetas". Consultado o 5.09.2024. 
  130. "Casa dos Poetas". Consultado o 5.09.2024. 
  131. "Centro da Identidade" (en castelán). Consultado o 7.09.2024. 
  132. "Museo Numismático do concello de Lobios" (en castelán). Consultado o 7.09.2024. 
  133. "Museo do Liño de San Miguel de Bidueira de Manzaneda" (en castelán). Consultado o 7.09.2024. 
  134. "Casa museo de chocolate de Teimende". Consultado o 7.09.2024. 
  135. "Museo Oleico de Loñoá". Consultado o 7.09.2024. 
  136. "Museo da Escola e da Infancia". Consultado o 7.09.2024. 
  137. "Red de Juderías de España. Ribadavia" (en castelán). Consultado o 7.09.2024. 
  138. "Museo Etnolóxico de Ribadavia". Consultado o 7.09.2024. 
  139. "Museo do Viño de Galicia". Consultado o 7.09.2024. 
  140. "Lapidarium del Mosteiro de Oseira". Consultado o 7.09.2024. 
  141. "Museo Etnográfico Liste". Consultado o 7.09.2024. 
  142. Na rede poden verse diversas publicacións periódicas que anuncian a inmediata apertura deste museo en diferentes datas entre 2011 e 2020, sen que conste en ningún caso que o museo estea realmente aberto.
  143. "Museo do Viño" (en castelán). Consultado o 7.09.2024. 
  144. "Museo Etnográfico Torre do Castelo". Consultado o 7.09.2024. 
  145. "Museo Etnográfico de Vilamarín". Consultado o 7.09.2024. 
  146. "Museo da Limia" (PDF). Consultado o 7.09.2024. 
  147. "Museo Etnográfico de Vilariño de Conso". Consultado o 7.09.2024. 
  148. "Museo Galego do Entroido". Consultado o 7.09.2024. 
  149. "Museo da Colexiata de Xunqueira de Ambía". Consultado o 7.09.2024. 
  150. "Museo Taller de Olería de Niñodaguia". Consultado o 18.09.2024. 
  151. "Centro de Interpretación das Torres Arcebispais". Consultado o 9.09.2024. 
  152. "Illa das Esculturas". Consultado o 9.09.2024. 
  153. "Museo de Pontevedra". Consultado o 9.09.2024. 
  154. "El Museo de Pontevedra dobla en público a las salas de Vigo". Atlántico Diario (en castelán). 26 de agosto de 2022. 
  155. "Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea" (en castelán). Consultado o 9.09.2024. 
  156. "Casa da Navegación". Consultado o 9.09.2024. [Ligazón morta]
  157. "Museo Carabela Pinta". Consultado o 9.09.2024. 
  158. "Museo Massó". Consultado o 9.09.2024. 
  159. "Lugrís: en la conservera nació el pintor (Público 19.03.2024)" (en castelán). Consultado o 9.09.2024. 
  160. "Casa Museo Ramón Cabanillas". Consultado o 9.09.2024. 
  161. "Museo Muíño de Mareas A Seca". Consultado o 9.09.2024. [Ligazón morta]
  162. Aquí pode verse uns planos da localización, alzado e planta do muíño.
  163. "Museo Etnografico e do Viño". Consultado o 9.09.2024. 
  164. "Museo do Videoxogo". Consultado o 9.09.2024. 
  165. "Casa de encuentro con el arte de Diego de Giráldez". Consultado o 9.09.2024. 
  166. "Casa Museo Pazo da Cruz" (en castelán). Consultado o 9.09.2024. 
  167. "Museo Manuel Reimóndez Portela". Consultado o 9.09.2024. 
  168. "Museo do Moble e da Madeira". Consultado o 20.09.2024. 
  169. "Centro Etnográfico Terra de Montes". Consultado o 9.09.2024. 
  170. "Museo Salgadeiras de Moreiras". Consultado o 9.09.2024. 
  171. "Museo Arqueolóxico do Castro de Santa Trega". Consultado o 9.09.2024. 
  172. "Centro de Interpretación da Conserva". Consultado o 10.09.2024. 
  173. "Historia de la conservera Goday" (en castelán). Consultado o 18.09.2024. 
  174. "Casa do Patrón" (en castelán). Consultado o 18.09.2024. 
  175. "Museo Galego do Xoguete e a Marioneta". Consultado o 18.09.2024. 
  176. "Museo Municipal Ramón Mª Aller Ulloa" (en castelán). Consultado o 18.09.2024. 
  177. "Museo Manuel Torres". Consultado o 18.09.2024. 
  178. "Castelo de Sobroso. Musealización". Consultado o 18.09.2024. 
  179. Aínda que o castelo é propiedade do veciño concello de Ponteareas.
  180. "Casa da Auga". Consultado o 18.09.2024. 
  181. "Casa Museo de Colón". Consultado o 18.09.2024. 
  182. "Museo Municipal de Ponteareas". Consultado o 18.09.2024. 
  183. "MEIRANDE. Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande". Consultado o 18.09.2024. 
  184. "Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea". Consultado o 20.09.2024. 
  185. "Museo da Ciencia do Viño". Consultado o 20.09.2024. 
  186. "Museo do Campo e da Mecanización". Consultado o 18.09.2024. 
  187. "Museo Catedralicio". Consultado o 18.09.2024. 
  188. "Museo Diocesano de Tui". Consultado o 18.09.2024. 
  189. "Casa das Artes". Consultado o 18.09.2024. 
  190. "Museo de arte contemporánea (MARCO)". Consultado o 18.09.2024. 
  191. "Museo Liste-Etnográfico de Vigo". Consultado o 18.09.2024. 
  192. "Museo do Mar de Galicia". Consultado o 18.09.2024. 
  193. "Museo da Cidade Quiñones de León". Consultado o 18.09.2024. 
  194. "Colección de Arte Francisco Fernández del Riego". Consultado o 19.09.2024. 
  195. "Museo Verbum". Consultado o 19.09.2024. 
  196. "Casa Museo A Solaina de Piloño". Consultado o 19.09.2024. 
  197. "Museo de la Minería de Fontaoo" (en castelán). Consultado o 20.09.2024. 
  198. "Museo do Ferrocarril". Consultado o 20.09.2024. 
  199. "Casa Museo Irmáns Camba". Consultado o 19.09.2024. 
  200. "Casa Museo Valle Inclán". Consultado o 19.09.2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar