Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande

museo en Redondela

O Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, tamén coñecido como Meirande, é un museo da Batalla de Rande e o patrimonio industrial, localizado no lugar de Rande da parroquia redondelá de Cedeira, no estreito de Rande.

Museo da Batalla de Rande
CoordenadasCoordenadas: 42°17′06″N 8°39′22″O / 42.285, -8.65613889
PaísGalicia
CidadeRedondela
TipoHistórico
Inauguración2013[1]
Visitantes15.000 o primeiro ano
Na rede
https://meirande.redondela.gal
Facebook: MEIRANDE Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Está situado na antiga Fábrica do Alemán, unha construción de comezos do século XX adicada á salgadura e logo á conserveira. Durante a segunda guerra mundial foi centro loxístico de aprovisionamento de volframio a través de submarinos e barcos nazis á fronte de Otto Gerdtzen Boyé.

A restauración da fachada da fábrica e a construción do museo foi a mans do arquitecto Carlos Falagán Mota, en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo.[2]

Fíxose con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar