Abrir o menú principal

Centro de Información Xudía de Galicia

Coordenadas: 42°17′14.8″N 08°08′35.7″O / 42.287444, -8.143250

Centro de Información Xudía de Galicia
Centro de información xudía. Ribadavia. Galiza.jpg
Placa do Centro de Información Xudía de Galicia.
Coordenadas42°17′14.8″N 08°08′35.7″O / 42.287444, -8.143250
PaísGaliza Galiza
CidadeRibadavia
TipoHistórico, cultural

O Centro de Información Xudía de Galicia, tamén coñecido popularmente como Museo Sefardí de Galicia,[1] é un museo galego situado en Ribadavia (Ourense) e adicado á historia e as principais singularidades do pobo xudeu en Galiza.[2]

Situado no pazo dos Condes de Ribadavia, no número 7 da Praza Maior,[3] o Centro de Información Xudía de Galicia ocupa o segundo andar do edificio, que comparte coa Oficina de Turismo e o Xulgado. A colección amosa algunhas pezas salientables da historia da comunidade xudía en Galiza como a menorá grabada nunha pedra da catedral de Tui, a lápida do século X-XI da Coruña, así como reproducións de obxectos ligados ao pobo e á cultura xudía.[2]

NotasEditar

  1. "Ribadavia" (en castelán). Red de Juderías de España. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Ribadavia. Centro de Información Xudía de Galicia" (en castelán). Red de Juderías de España. Consultado o 17 de agosto de 2017. 
  3. "CENTRO DE INFORMACIÓN XUDÍA DE GALICIA". turismo.gal. Consultado o 17 de agosto de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar