Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei
Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei. É a segunda de maior poboación deste concello.[1]
Soutelo de Montes | |
---|---|
Praza do gaiteiro en Soutelo. | |
Parroquia | A Madanela de Montes |
Concello | Forcarei |
Coordenadas | 42°32′11″N 8°18′11″O / 42.5365, -8.3030555555556Coordenadas: 42°32′11″N 8°18′11″O / 42.5365, -8.3030555555556 |
Poboación | 405 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía editar
Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que o ano anterior.[1]
Evolución da poboación de Soutelo de Montes dende 2000:[1]

Historia editar
No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada. Os xuíces-meriños tiveron que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até as xurisdicións especiais seren abolidas en 1811.
Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes. Formaban parte del as freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras. En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, aínda que entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Festas e celebracións editar
- Festa do cogomelo, en novembro.
- Festa do Gaiteiro, en memoria de Avelino Cachafeiro, o 18 de agosto de 1973.
Infraestruturas editar
A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes da Madanela de Montes, Forcarei.
-
Vista de Soutelo de Montes.
-
Vista de Soutelo un día de neve.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2021-05-16.
Lugares e parroquias editar
Lugares da Madanela de Montes editar
Lugares da parroquia da Madanela de Montes no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
---|---|
Ameixeiras | Os Codesás | A Graña | A Madanela | San Xusto | Sanguñedo | Soutelo de Montes | Trasdomonte | Ventosela |