Museo Marítimo Seno de Corcubión

museo en Corcubión

Coordenadas: 42°56′26″N 9°11′28″O / 42.940658333333, -9.1910416666667

O Museo marítimo Seno de Corcubión, é un centro adicado á vida marítima da Costa da Morte, situado na vila de Corcubión.[1] Atópase nunha antiga fábrica de salgadura e foi inaugurado o 6 de outubro do 2001.[1] Nel hai gran cantidade de apeiros de pesca, instrumentos de navegación, de salvamento marítimo, maquinaria, obxectos de carpintaría de ribeira e moitas pezas máis relacionadas co traballo no mar.[1]

Museo marítimo Seno de Corcubión
PaísGaliza
CidadeCorcubión
TipoHistórico, cultural
Inauguración6 de outubro do 2001
editar datos en Wikidata ]

En 2015 clausurou as súas portas definitivamente, despois do fracaso dunha iniciativa para construír un hotel nas instalacións.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Páxina do museo na web do concello de Corcubión". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  2. [1]