Costa da Morte

franxa costeira galega que gañou o nome polos numerosos naufraxios acontecidos no XIX e comezos do XX

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.[2]

Costa da Morte
Localización administrativa
EstadoEspaña España
DivisiónProvincia da Coruña
SubdivisiónA Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Zas, Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Mazaricos, Carnota e Arteixo[1]
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
ArquipélagoIllas Sisargas
Xeografía
SubdivisiónsRía de Corme e Laxe
Ría de Camariñas
AfluentesRío Anllóns
Río Grande
Accidentes
CabosCabo Fisterra
Cabo da Nave
Cabo Touriñán
Cabo Roncudo
Características
Outros datos
FarosFaro das illas Sisargas
Faro de Punta Nariga
Faro de Fisterra
Faro de cabo Vilán
Mapa

Vertente da Costa da Morte

Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.[3][4]

Os actuais proxectos gobernamentais, das agrupacións locais e europeas, adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas, Muros e A Coruña; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.[2][3][5][6][7][8]

Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais ZEC e ZEPA dentro da Rede Natura 2000 por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.[9][10]

O nome editar

Artigos en xornais do século xix recollen os primeiros usos escritos de costa da morte. Algúns autores consideran que eses son os primeiros usos dese nome para esta costa.[3][4] Noutros casos, retrotráese ó 8 de xaneiro de 1908 nunha obra en inglés de Annette Meakin[11]. A literatura do século xix evocou os naufraxios en cabo Vilán e Fisterra: Rosalía de Castro relatou como "numerosas embarcacións foron alí sempre xoguete das ondas irritadas" e que "como lixeiras plumas desapareceron nun instante da superficie das augas".[12] Sobre do cabo Vilán, Eduardo Pondal dixo, versando, que este "Cumpre se cadra unha fatal condena... Testigo de naufraxios e combates" en referencia os naufraxios na costa nas décadas finais do século.[13] Un artigo de 1905, ilustrando o número de naufraxios e incidencias de navegación, anotou nun mapa todo o litoral desde Vigo a Ferrol como "Costa de la Muerte".[14] Nesas décadas o goberno formulou plans para resolver un segundo ciclo de alto número de traxedias marítimas neste litoral e chamoulle á costa noroeste galega "costa brava ou da morte" no proxecto lexislativo.[4][15] Nesas datas, en 1905, Emilia Pardo Bazán usou o mesmo termo mencionando os "traidores cantís" e a "garra do monstro estendida para agarrar con forza as ondas".[16] En 1920 nun artigo da revista coruñesa El Orzán describiuse unha travesía preto da illa de Sálvora e dicía que a "costa da morte" estaba "saturada de prestixio literario coa súa lenda de traxedias".[17]

Viaxeiros ingleses publicaron artigos e estenderon a fama da costa empregando "coast of death", con descricións como a seguinte de 1922, no século xix e xx:[18][19]

Coa abrigada calma a carón da estrada de Fisterra un esquécese de todo da costa de Morte, que é o nome que se lle dá ao litoral galego desde Vigo ata Malpica e as illas Sisargas. Mais, cando xa un pasou a vila de Fisterra e comeza a subir ao monte d'O Facho..., xa, incluso nun día calmo, comezan a escoitarse rumiar con forza as augas, e vense as liñas de escuma preto dos cantís e ao lonxe na costa.
Aubrey F. G., 1922 en Londres

Os tópicos que se foron asentando sobre esta franxa costeira relatáronse nas seguintes décadas.[4] Algún texto describe como un barco abandonado preto de Baldaio navegaba sen tripulación dicindo que era "tripulado só pola Morte, [e que] foi visto á mesma hora en toda costa brava. Desde A Coruña ata Fisterra.[4][20]

Límites editar

 
Cabo Vilán, en San Xurxo de Camariñas, preto de Punta Boi.

Algúns autores argumentan que se lle acuñou o nome de costa da morte á costa que vai das illas Sisargas e a ría de Muros polo elevado número de naufraxios acontecidos no século XIX, sendo moitos deles barcos de bandeira inglesa.[4] Esa denominación mariñeira referiuse de diferentes xeitos, incluíndo sempre dun xeito ou doutro, á rexión litoral que comprende a costa que vai de Malpica de Bergantiños a Fisterra.[5]

Na actualidade algúns plans de actuación gobernamental (como os de promoción económica, os elaborados por agrupacións locais ou de portais de novas) empregan a denominación Costa da Morte marcando outros límites, por exemplo, referíndose a todos os concellos da Laracha ata Muros; isto é, a comarca de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra e Muros.[5][6][7][21][22]

Naufraxios editar

Son moitos os naufraxios que se produciron nesta zona ao longo da historia. Compilacións feitas con rexistros sobre dos naufraxios na Costa da Morte contabilizaron ata 643 naufraxios, sobre dun total dos 1370 do litoral galego dos que haxa rexistros escritos. O número de persoas desaparecidas na Costa da Morte foi amplo, e o de mortos puido superar as 5984 persoas.[23]

 
O HMS Sepent afundido en 1890 en Punta Boi, Camariñas

A Armada de Padilla, que contou con tres galeóns e naos e tripulación portuguesa, francesa e irlandesa, esbourou preto de Fisterra en outubro de 1596 deixando 1723 mortos, que foron soterrados nos areais de Fisterra.[23][24] Restos desta frota foron descubertos na costa fisterrá no 2015.[25] O barco bilbaíno Cantabria, saído de Bos Aires, esbourou en 1773 diante de Coenda, Camariñas, deixando 51 mortos. En 1870 o barco británico HMS Captain de Plymouth varou ao sur do cabo Fisterra deixando 453 mortes. En 1890 o barco británico HMS Serpent, que partiu de Plymouth camiño de Serra Leoa, chocou contra a Punta do Boi por mor dun temporal. Nesa catástrofe morreron 169 persoas e soterráronse preto da praia onde vararon, a Praia do Trece en Camariñas no Cemiterio dos Ingleses.[26] Entre 1900 e a primeira guerra mundial contabilízanse 22 mortos por naufraxios, ata o 1950 outros 33, e ata o 2014 outros 47.[23]

Moitos naufraxios deron nome a cabos ou baixos, coma os baixos do Serpent e do Lucin, en Trece, e o Atain, en Traba.

Lista de naufraxios ata 1907 editar

Nome do barco País Ano Lugar Vitimas
Ataín Inglaterra - Praia do Arnado, Traba -
Mary Galicia - Zona de Corme -
Sisargas Galicia - Zona de Corme -
Everilda Galicia - Zona de Corme -
Corme Galicia - Zona de Corme -
Joven Consuelo Galicia - Zona de Corme -
Felicidad Galicia - Zona de Corme -
Franch España - Zona de Corme -
Pazoco España - Zona de Corme ?-
Clara Campos España - Zona de Corme -
Embaka Inglaterra - Zona de Touriñán -
M. Kastanau Grecia - Carrumeiro -
Padova Italia - Zona de Corme -
Bonita España - Zona ría Corcubión -
Rosalía España - Zona ría Corcubión -
Hawringz Inglaterra - Zona ría Corcubión -
Jacqueline Francia - Zona ría Corcubión -
Eraclito Grecia - zona ría Corcubión -
Ribadavia Inglaterra - Trece, Camariñas -
Cantabria España 1773 Coenda, Camariñas 15
Franlla Francia 1815 Cabo Vilán, Camariñas 4
Adelaide Inglaterra 1830 Ría de Corme e Laxe 16
Great Liverpool Inglaterra 1846 Ría de Corcubión 3 [24]
Wolfstrong Inglaterra 1870 Negra, Arou 28
Captain Inglaterra 1872 Preto de Fisterra 800 +
Rouseull Inglaterra 1874 Centolo, Fisterra -
Revanchil Inglaterra 1875 Negra, Arou -
Perranchins Francia 1875 Negra, Arou -
Lionne Francia 1875 Centolo, Fisterra -
John Tenat Inglaterra 1875 Lagosteira, Fisterra -
Mercante España 1875 Cabo Fisterra 9
Duró España 1876 Baleas, Camariñas -
Falcón Inglaterra 1877 Lagosteira, Fisterra -
Sirsam Inglaterra 1877 Estorde -
Margarita Italia 1878 Lagosteira, Fisterra -
Bitten Inglaterra 1878 Cabo Fisterra 10
Europa Inglaterra 1878 Cabo Touriñán -
Irurac-Bat España 1882 Cabo Touriñán 31
Douro Inglaterra 1882 Cabo Touriñán 42
Sunrise Inglaterra 1882 Fisterra -
Chamois Inglaterra 1883 Cabezo, Camelle -
Iris Hull Inglaterra 1883 Ponta do Boi, Camariñas 37
Huelva Inglaterra 1885 Percebeira, Camelle -
Tumbridge Inglaterra 1890 Punta do Boi, Camariñas -
Dervenwater Inglaterra 1890 Illote Lobeiras 2
HMS Serpent Inglaterra 1890 Punta do Boi, Camariñas 172
Loss of the Trinacria Inglaterra 1893 Punta do Boi, Camariñas 30
Brignetti Italia 1893 Arnela, Camariñas -
Seebold España 1895 Baleas, Camariñas -
Constancia España 1896 Carniceira, Camariñas -
Daylight Inglaterra 1897 Pelouro, Arou -
City of Agra Inglaterra 1897 Baixo Negro, Arou 29
Standard Noruega 1897 Baixo Negro, Arou 3
Saint Weller Inglaterra 1898 Percebeira, Camelle -
Saint Marc Inglaterra 1898 Pedra do Sal, Arou -
Barcelona Alemaña 1898 Capelo, Santa Mariña -
Svea Noruega 1898 Cabo Touriñán -
Óscar Austria 1899 Barrosas, Roncudo -
Boedo e Ponte España 1900 Barra, Cabana 4
Turret Inglaterra 1900 Praia do Rostro -
Gijón España 1900 - -
Annubis Grecia 1900 Cabo Touriñán -
Rivera Inglaterra 1901 Cabo Touriñán -
Skuld Stawanger Inglaterra 1901 Illote Lobeiras -
Nsa. Señora do Carme España 1901 Ría de Corcubión -
Signore Mazzini Italia 1902 Arou ?
Svtford Suecia 1903 Fisterra 9
Kenmore Inglaterra 1904 Praia de Traba 6
Draga Rosario 2 Países Baixos 1904 Batidora - Santa Mariña -
Yeoman Inglaterra 1904 Pedra do Porto 4
Ereza España 1904 Ría de Corbión -
Forstec Inglaterra 1904 Lagosteira -
Polimnya Grecia 1904 Carrumeira -
Francisca Rosa España 1904 Lobeiras -
Preston Inglaterra 1906 Punta do Boi -
Gladiator España 1907 Roncudo -
Denewel Inglaterra 1907 Ría de Corcubión -
 
CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

Lista de naufraxios dende 1907 editar

Lista dalgúns naufraxios ocorridos na Costa da Morte dende 1907.[3][27]

Nome do barco País Ano Lugar Vitimas
Parranchins Francia Enseada do Trece
Rosario 1908 Laxe do Boi
Trevider 1911 Enseada do Trece
Natalia España 1915 Pedra do Porto, Camelle
Black Arrow Estados Unidos de América 1921 Cabo Vilán 0
Luz España 1923 Laxe do Boi
Santa María 1923 Arou
San Fernando 1925 Enseada do Trece
Nil Francia 1927 Arou 0
Trebezy Inglaterra 1929 Enseada da Arnela
María del Carmen 1931 Punta da Barca 2
Boris Sheboldaef Rusia 1934 Pedra do Porto, Camelle 0
Alekos Grecia 1935 Enseada do Trece
Modesto Fuentes España 1935 Enseada do Trece
Yale Hermoso Portugal 1941 Punta da Pedrosa
Nord Atlantic Alemaña 1943 Cabo Vilán
Maria Laar Grecia 1950 Punta do Capelo 0
Castillo de Monteagudo 1951 Arou 0
Mina Sorriego 1954 Punta da Barca 11
Olimpie Francia 1955 Punta do Boi
Banora Marrocos 1965 Cabo Vilán 0
José Antonio Lasa 1966 Punta da Barca 11[28]
Begoña Corme 1966 Punta do Boi
Inogedo 1970 Punta Buitra
Nadalmar 7 1981 Punta da Barca 0
Star Ann Reino Unido 1983 Laxe do Boi
Larra 1987 Punta da Barca 0
A Xana 1991 Punta da Barca 5[28]
Prestige Grecia 2002 30 millas do cabo Vilán

Turismo editar

A costa está salpicada de belas paisaxes como as praias de Trece, Reira ou Ariño (Camariñas), Laxe, Traba e Soesto (Laxe), Mar de Fóra e O Rostro (Fisterra), os penedos de Pasarela e Traba, a costa do cabo Vilán e a costa que une Camelle con Traba.

A Costa da Morte conta cun rico patrimonio paisaxístico, etnográfico e megalítico. O seu litoral e costa están declarados como Lugar de importancia comunitaria.

A Costa da Morte tivo en 2016 323 mil visitas turísticas, das cales dous terzos foron turistas estranxeiros.[29] No seu patrimonio destaca o gran número de faros, como o do cabo Fisterra, un dos máis visitados de Europa, e que estivo declarado entre o 2007 e 2015 como Patrimonio Europeo.[30][31]

Arqueoloxía editar

A zona é notable pola conservación de moitos monumentos megalíticos, que levou á planificación para algúns deles do proxecto Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (v. lista completa en Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña).

Ponteceso editar

 
Pedra da serpe

Cabana de Bergantiños editar

Malpica de Bergantiños editar

 
Dolmen da Pedra da Arca en Cerqueda.

Muxía editar

Camariñas editar

Vimianzo editar

 
Estela de Tines.

Cee editar

Dumbría editar

 
Pedra da Arca.

Zas editar

Outros lugares editar

 
Rosa dos ventos na Costa da Morte.

Portos editar

 
Porto de Camariñas.
 
Pobo na Costa da Morte.
 
Pobo na Costa da Morte.
 
Pobo na Costa da Morte.

Os principais portos son:

Notas editar

  1. Inclúense os concellos segundo as definicións actuais que segue a Xunta de Galicia, a Asociación Costa da Morte-Grupo de desenvolvemento social e a Unión Europea. Para outras demarcacións, véxase a sección de "límites".
  2. 2,0 2,1 "Costada Morte, Turgalicia.". Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. p. 11. ISBN 978-84-9914-163-3. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 García, Jesús Ángel Sánchez (2013-11-07). "La leyenda de la Costa de la Muerte. Naufragios y faros como desencadenantes para la activación de un patrimonio marítimo". Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades 25 (25). ISSN 2255-5978. Consultado o 2017-07-08. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "nº18 Revista "Turismo Costa da Morte"" (PDF). 29 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "www.costadamortegalicia.com". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "www.visitacostadamorte.com". 
  8. "Rutas Finisterrae, finisterae.com". Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  9. "Costa da Morte, Código ZEC ES1110005. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  10. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  11. https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cultura/cando-naceu-o-nome-da-costa-da-morte/20110318090042067375.html
  12. Rosalía de Castro. La Hija del Mar. 1859. páx.
  13. Eduardo Pondal, Rumores de los pinos. Poesías, Santiago, 1877, páx. 25-26.
  14. “Naufragio del Cardenal Cisneros”, Vida Marítima, 10/11/1905, páx 12.
  15. Proyecto de la reforma del Plan General de Balizamiento de las costas y puertos de España. Costa del Noroeste. Año 1904. Citado en Sánchez García, Faros de Galicia, páx 143.
  16. Emilia Pardo Bazán, “La vida contemporánea”, LIA, no 1247, 20/11/1905, páx. 746.
  17. Conde de Santibáñez del Río, “La Costa de la Muerte (impresiones de viaje)”, El Orzán, 07/09/1920, páx. 1.
  18. Aubrey Fitz Gerald, Bell (1922). Spanish Galicia (1882-1950). Londres: London, John Lane. pp. 184–188. 
  19. A versión orixinal en inglés di: In the sheltered calm of the Finisterre road one forgets all about the Coast of Death, which is the name given to the Galician coast from Vigo to Malpica and the Islas Sisargas. But one has no sooner passed the town of Finisterre and begun to mount the hill El Facho..., than, even on a calm blue day, one begins to hear a great roaring of water, and sees lines of foam about the cliffs of the outer coast. e foi publicada en Aubrey Fitz Gerald Bell, Spanish Galicia, Londres, 1922, páx. 96
  20. J. Mas, La Costa de la Muerte, capítulo X, páx. 61-63.
  21. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-29. 
  22. "Nace el Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte". La Voz de Galicia. 2017-04-20. Consultado o 2017-07-29. 
  23. 23,0 23,1 23,2 Lema Mouro, Rafael (xaneiro de 2014). Catálogo de naufragios. Costa da Morte - Galicia (PDF). Ponte do Porto, A Coruña: elven, DonClic. 
  24. 24,0 24,1 Javier Gacía Blanco. "Costa da Morte: Desgracias en el "fin de la tierra"". Historia de Iberia Vieja (América Iberica,S.A) (122): 82 a 89. 
  25. "Localizan el pecio de un galeón del siglo XVI en Camariñas (A Coruña). EFE" (en castelán). 24 de marzo de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  26. Méndez Fonte, Rosa (1997). Los faros de a Costa da morte; una parte integrante del patrimonio gallego. p. 2954209. ISBN 84-89694-47-8. Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  27. "Naufragios de cabo Vilán a Nemiña, A Costa da Morte". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017. 
  28. 28,0 28,1 Un velero encalla en uno de los puntos negros de la Costa da Morte
  29. "Turismo - Indicador da intensidade da demanda turística en 2016". Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  30. "Parlamento Europeo: preguntas parlamentarias. Asunto: Exclusión del Cabo Fisterra (Galicia) del Sello de Patrimonio Europeo. Josu Juaristi Abaunz (GUE/NGL)". 5 de xaneiro de 2015. 
  31. "Cabo Fisterra, Turgalicia". Consultado o 30 de xullo de 2017. 
  32. "Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme". 16 de febreiro do 2016. Consultado o 29 de xullo do 2017. 
  33. "RELACIÓN DE BENS DE INTERESE CULTURAL EN GALICIA". Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Arquivado dende o orixinal (xlsx) o 30 de xullo de 2017. Consultado o 30 de xullo do 2017. 
  34. Asociación Amigos do Arqueolóxico. "Dólmenes:A Coruña". El Megalitismo en Galicia. Consultado o 30 de xullo do 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar