Lires, Cee
Santo Estevo de Lires é unha parroquia situada ao noroeste do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o padrón municipal en xaneiro de 2018 tiña 398 (190 homes, 208 mulleres) habitantes distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 470 (244 mulleres e 226 homes). En 1999 tiña 506 habitantes.
Lires | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Cee[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°59′49″N 9°14′49″O / 42.996943888889, -9.2469438888889 |
Poboación | 398 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha parroquia de carácter agrícola. A piscifactoría de troitas situada nela é das máis importantes do estado [Cómpre referencia]. Foi pioneira no turismo rural[Cómpre referencia], contando na actualidade con varios establecementos deste tipo.
O río Castro desemboca na ría de Lires, formando o límite desta parroquia de Cee con Muxía.
A súa igrexa parroquial data de comezos do século XVII. Anteriormente houbera unha ermida medieval máis pequena e máis preto da ría.
Por esta parroquia pasa o Camiño de Santiago e a 8ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.[2]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Cee.
-
Desembocadura do río Castro
-
Desembocadura do río Castro
-
Igrexa parroquial
-
Pontella Vella, sobre o río Castro
Lugares e parroquias
editarLugares de Lires
editarLugares da parroquia de Lires no concello coruñés de Cee | |
---|---|
A Canosa | A Lagoa | Lires | A Ponte Nova | Porcar | Ruibó | Tedín |
Parroquias de Cee
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee | |
---|---|
A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Camiño dos Faros. "VAOSILVEIRO". Consultado o 15 de xullo do 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Grandes lugares na TVG.