Río Castro, ría de Lires

río da provincia da Coruña

O río Castro é un río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas ao océano Atlántico na pequena ría de Lires.

Río Castro
Desembocadura do río Castro en Lires, Cee.
PaísGalicia Galicia
NacementoMonte Escaleira, Vimianzo
Lonxitude30 km
Caudal medio5,2 m³/s
DesembocaduraRía de Lires

Descrición editar

 
Localización do río Castro no SW da provincia da Coruña.
 
Pontella Vella, en Lires.

Fontes editar

O río Castro nace a uns 200 m de altura na aba do monte Escaleira, de 344 m, no concello de Vimianzo.

Percorrido editar

Atravesa o val desa localidade. Fai de linde entre os municipios de Muxía e Dumbría primeiro, e logo entre Muxía e Cee. Logo de 30 Km de percorrido vai desembocar na ría de Lires. A súa cunca, limitada ao norte pola do río Grande, e ao sur pola do río Xallas, cobre unha área de 140 Km².

Afluentes editar

Recibe varios regatos por ambas as dúas beiras. Algúns deles son o río Fragoso e o rego de Xerpe pola esquerda e o río do Monte e o rego de Vilachán pola dereita.

Réxime hídrico editar

O Castro é un río de réxime pluvial de tipo oceánico. Recolle 1.494 mm de precipitacións medias na súa bacía hidrográfica, aínda que na cabeceira se superan os 2.000 mm. O seu caudal absoluto medio, na foz, é de 5,2 m³/s.

Galería de imaxes editar

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Castro, ría de Lires