Toba, Cee

parroquia civil do concello de Cee

Santo Adrán de Toba é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 647 habitantes (325 mulleres e 322 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 619 habitantes. En 1999 tiña 646 habitantes.

Toba
Igrexa de Santo Adrián de Toba, Cee.jpg
Igrexa de Santo Adrán de Toba
ConcelloCee[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°57′58″N 9°11′58″O / 42.96611111, -9.19944444Coordenadas: 42°57′58″N 9°11′58″O / 42.96611111, -9.19944444
Poboación647 hab. (2018)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

Na parroquia atópase a praia de Estorde, con Bandeira Azul. A igrexa parroquial é románica, do século XII, con planta de cruz latina. Preto dela hai un conxunto de sete muíños de auga restaurados en parte nos últimos anos.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de TobaEditar

Lugares da parroquia de Toba no concello coruñés de Cee

Bazarra | A Carbaliza | Casa do Camiño | Estorde | A Granxa | Guimareu | Sembra | Toba de Abaixo | Toba de Arriba | O Vilar de Toba

Parroquias de CeeEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee

A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar