A Pereiriña, Cee

parroquia civil do concello de Cee

San Xián da Pereiriña[1] é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2018 tiña 724 habitantes (364 homes e 360 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 862 habitantes (439 homes e 423 mulleres). En 1999 tiña 907 habitantes.

A Pereiriña
Igrexa de San Xián da Pereiriña.
ConcelloCee[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°59′33″N 9°11′32″O / 42.9925, -9.19222222
Poboación724 hab. (2018)
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

É unha parroquia predominantemente agrícola e forestal. Está atravesada pola ruta seguida polos peregrinos que tras facer o camiño de Santiago se achegan a Fisterra.

No alto de San Pedro consérvase unha pequena capela, cunha fonte preto dela.

Historia

editar

Coa reforma parroquial da diocese de Santiago de 1867, A Pereiriña anexou a parroquia de Codesos, formada polo lugar homónimo e mais o de Vilanova.[2][3]

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Pereiriña

editar
Lugares da parroquia da Pereiriña no concello coruñés de Cee

Bedán | Bermún | Cantorna | Cavado | Chafarís | Codesos | Duei | Lobelos | Morancelle | A Pereira | San Xián | San Xosé | Vilanova

Parroquias de Cee

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cee

A Ameixenda (Santiago) | Brens (Santa Baia) | Cee (Santa María) | Lires (Santo Estevo) | A Pereiriña (San Xián) | Toba (Santo Adrán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar