Pedra da Arca (Dumbría)

Pedra da Arca

A Pedra da Arca, tamén coñecido como Casa das Mouras ou Casa dos Mouros, é un monumento megalítico (entre os anos 3.000 e 2.500 a.C.), situado no lugar de Regoelle (Olveira, Dumbría), preto do Castro de Regoelle e no límite co concello de Vimianzo, parroquia de Baíñas.

CaracterísticasEditar

Ten unha lonxitude de 7,50 metros (3,80 de cámara). Conserva dez ortóstatos e tres lousas superiores, dúas delas forman un corredor de dous tramos parcialmente tapado polo túmulo. Pódense apreciar restos de gravados similares aos do dolmen de Dombate, liñas onduladas e manchas vermellas.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011[1] e forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

NotasEditar

  1. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)" (csv). abert@s. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. 

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.