Dolmen de Pedra Moura
megálito en Aldemunde, Carballo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo.
O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Características
editarO dolmen de Pedra Moura é un dos máis grandes de Galicia,[1] conta unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. O túmulo está desaparecido e os ortóstatos foron movidos, só dous están na súa localización orixinal e só conserva cinco dos sete chantos que o conformaban inicialmente.[1] O máis alto chega aos 2,30 m de altura.
Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé [2].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "A Pedra Moura". turismocarballo.org. Consultado o 12 de setembro de 2019.
- ↑ A web de Turismocarballo.com explica así un mural pintado por Nómada nunha das rúas de Carballo: "Se inspiró en la leyenda de A Pedra da Moura de Aldemunde, según la cual las piedras del dolmen fueron acarreadas por una "moura" al mismo tiempo que amamantaba y fiaba".
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dolmen de Pedra Moura na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.