Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo
O dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo atópase entre as aldeas do Arxomil e Carnio, na parroquia de Treos, concello de Vimianzo.
Dolmen de Pedra Moura de Monte Carneo | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | dolmen ![]() | |||
Estilo | megalitismo de Galicia ![]() | |||
Datas | ||||
Período | prehistoria ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Vimianzo | |||
Parroquia | Treos ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Descrición
editarVeciña a Pedra Cuberta mais de menores dimensións, ten cámara poligonal con seis esteos e corredor curto do que conserva catro esteos. Fáltalle a tampa da entrada, aínda que conserva desprazadas as da cámara sepulcral. Unha delas está caída no interior.
O dolmen está inserido nunha mámoa bastante aplanada da que pouco se aprecia, só chega ao metro de altura. Conserva pinturas de cor vermella e negra sobre fondo branco. Nunca houbo unha escavación arqueolóxica nesta anta, xa coñecida, recollida e deseñada polos Leisner. Conta Ramón Boga que en 1989 a parcela da Pedra Moura pasou de monte baixo a herbal. Os traballos de conversión estragaron a coiraza do túmulo. Con este movemento de terras as pedras desprazáronse e tamén fixeron que se descubrira no corredor un fragmento de cerámica campaniforme conservado hoxe no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011[1].
Notas
editar- ↑ "DOG Núm. 70. Venres, 08 de abril de 2011. Páx. 6.356". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 2016-08-16.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.