Comarca do Xallas
A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.[1] Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra[2]. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Santa Comba | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.203 (2020) (33,77 hab./km²) | ||||
Xentilicio | xalleiro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 391,01 km² | ||||
Etimoloxía
editarO topónimo Xallas, de orixe discutida, aparece durante a Idade Media referido a diferentes elementos xeográficos da zona. A primeira mención recollida, durante o reinado de Afonso IX, é a vila de Ialles de Alcayaa, actual Xallas de Castriz. O nome Xallas pasaría logo a denominar o territorio da vila e finalmente o río, coñecido como río Ézaro. Este topónimo mantívose para o seu tramo final ata o século XX.[3]
Demografía
editarPadrón municipal 2020 | 13.203 habitantes[1] |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.266 (9,59 %) |
Entre 16 e 64 anos | 7.623 (57,74 %) |
Maiores de 65 anos | 4.314 (32,67 %) |
Galería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Xallas
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-07.
- ↑ "Límites - Concello de Santa Comba" (en castelán). Consultado o 2021-03-12.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017.
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |