Faro de Fisterra
O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.
Faro de Fisterra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | faro ![]() | |||
Material usado | pedra ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Mantido por | Autoridade Portuaria da Coruña ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1853 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 17 m ![]() | |||
Altura focal | 143 m ![]() | |||
Alcance do farol | 23 mn ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Fisterra ![]() | |||
Bañado por | océano Atlántico Norte ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarA torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente.
O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
- Sánchez García, Jesús Ángel (2004). Faros de Galicia (en castelán). Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-38-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Mapa dos faros e balizas Autoridade Portuaria da Coruña.
- Listaxe de balizamentos das costas atlánticas españolas (en inglés)