Fundación Caixa Galicia

fundación galega

A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.

Fundación Caixa Galicia
Edificio da Fundación Caixa Galicia no polígono industrial de POCOMACO, na Coruña.
Tipofundación Editar o valor en Wikidata
EpónimoCaixa Galicia Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicafundación Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1989 Editar o valor en Wikidata
Remate2014 Editar o valor en Wikidata
Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloA Coruña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

A Fundación Caixa Galicia naceu en 1989 como unha fundación vinculada á entidade financeira Caixa Galicia co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións, para iso, establecéronse como propósitos fundamentais da Fundación, entroutros, o fomento da innovación, o desenvolvemento da creatividade, o crecemento do capital humano e a promoción da identidade cultural. Dende o 2006 xestiona o emblemático Teatro Colón da Coruña. Coa fusión das caixas galegas Caixa Galicia e Caixanova pasou a denominarse Fundación Novacaixagalicia. Posteriormente, cando Banesco compra Novagalicia Banco, pasará a denominarse Afundación[1].

Obxectivos

editar

A Fundación Caixa Galicia dedica o seu esforzo a ofrecer unha ampla variedade de propostas culturais e a manter unha presenza constante en toda a comunidade galega, así como noutros lugares de España e do estranxeiro buscando a implicación nas demandas culturais da sociedade para a cal traballa.

 
Sede de AFundación na Coruña, obra do arquitecto Nicholas Grimshaw.

Outras sedes e entidades xestionadas pola Fundación

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar