Ogas, Cambeda, Vimianzo
lugar da parroquia de Cambeda, no concello de Vimianzo
Ogas é un lugar da parroquia do Cambeda no concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Tiña 146 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 59 homes e 87 mulleres o que supón unha diminución en relación ao ano 2009 cando tiña 190 habitantes.
Ogas | |
---|---|
Parroquia | Cambeda |
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°05′47″N 9°02′52″O / 43.096395679263, -9.0478182057251 |
Poboación | 146 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar atópase o castro das Barreiras no que se fixeron escavacións recentemente polo arqueólogo Tito Concheiro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cambeda
editarLugares da parroquia de Cambeda no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Cambeda | Castiñeira | Caxadas | Cubes | Ogas | Paizás | Piñeiros | Rasamonde | Sanfíns |