Bamiro, Vimianzo
parroquia civil do concello de Vimianzo
San Amedio de Bamiro[1] é unha parroquia do concello de Vimianzo, na Comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 410 habitantes (214 mulleres e 196 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 463 habitantes.
Bamiro | |
---|---|
![]() Ermida de Montetorán en Bamiro, Vimianzo. | |
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°08′17″N 8°58′14″O / 43.138, -8.9706Coordenadas: 43°08′17″N 8°58′14″O / 43.138, -8.9706 |
Poboación | 406 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Dista 8 km da capital do concello, co que conecta a través da estrada principal. Está atravesada polos regatos de Torrente e Bamiro. No Monte Torán hai unha ermida na honra da Nosa Señora de Monte Torán, punto de peregrinación en maio.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de BamiroEditar
Lugares da parroquia de Bamiro no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Bamiro | O Campo da Feira | O Campo | O Ceán | Cheis | A Devesa | Oróns | A Piroga |