Cereixo, Vimianzo
Santiago de Cereixo[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 490 habitantes (251 mulleres e 239 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes.
Cereixo | |
---|---|
![]() Igrexa de Santiago de Cereixo. | |
Concello | Vimianzo[1] |
Provincia | A Coruña |
Poboación | 473 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Torres-Pazo de CereixoEditar
Fortaleza defensiva de comezos do século XVI, consistente nun predio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.[2]
Igrexa de Santiago do CereixoEditar
Igrexa románica construída na segunda metade do século XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón.[2]
Sobre a porta lateral levántase un tímpano que pode ser a primeira representación do traslado do corpo do apóstolo Santiago o Maior a Galicia. Esta prioridade histórica discútea cunha moeda atopada nas escavacións de Adro Vello, na costa norte do Grove, e datada tamén no século XII; hoxe está exposta no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela [3].
Villa PurificaciónEditar
Preto das anteriores está Villa Purificación, unha casa grande do século XVIII propiedade de Juan Carlos Trillo-Fernández Alonso, maxistrado do Tribunal Supremo e fillo de José Trillo-Fernández Abelenda, procurador na Coruña e tenente alcalde nesa cidade durante a alcaldía de Alfonso Molina. A denominación da casa débese á bisavoa do propietario. A vivenda, de estilo barroco, ten dous pisos con planta en forma de "L". No alzado posterior destaca unha escaleira de pedra que comunica directamente co piso superior. Os balaústres de pedra da escaleira, de boa labra son de estilo compostelán. Nos esquinais e nos vans a pedra é de cantaría, sendo de cachotaría nos paños. No terreo, amais dun xardín hai un hórreo de dezanove pés (o terceiro máis grande de Galicia [Cómpre referencia]), un vello forno de pan e un pombal circular de pedra convertido en bodega. Nesta casa cobrábanse os foros de toda a zona.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cereixo, Vimianzo.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CereixoEditar
Lugares da parroquia de Cereixo no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|
Cures | A Esquipa | Porto de Cereixo | Tufións | Vilar |
Parroquias de VimianzoEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ 2,0 2,1 Diccionario Enciclopédico Galego Universal. Ir Indo / La Voz de Galicia. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Adro Vello, un exemplo do abandono do patrimonio galego, en Historiadegalicia.gal, 17.07.2016.