Xurxo

nome masculino

Xurxo[1][2] é un nome propio masculino galego. Ten a súa orixe no grego Geṓrgios, derivado de geōrgós 'labrego, agricultor', a través do latín tardío Georgius.

San Xurxo e o dragón. Relevo en Salceda de Caselas, Galicia.

En xaneiro de 2023 existían 503 varóns en Galicia co nome Xurxo, cunha media de idade de 23,6 anos.[3]

Etimoloxía

editar

O nome deriva da lingua grega coma γεωργός (geōrgos), "labrego", "o que traballa a terra",[4] que se converteu no antropónimo grego: Γεώργιος (Geōrgios), e o seu correspondente latino: Georgius. A palabra "γεωργός" é un composto formado polas verbas, γῆ (), "terra", "solo"[5] e mais ἔργον (ergon), "traballo".[6] Na Grecia actual, a forma Γιώργος (Yórgos) é a comunmente empregada de xeito coloquial. Do latín Georgius ([γeorγius]) pasou ao galego antigo coma Jorge[7] e Jurjo ([ʒuɾʒo] ou [tsurtso]) evolucionando ao galego como Xurxo.

Historia

editar

En Occidente, o nome coñécese a partir do século XI grazas ás cruzadas. O nome espallouse por mor á popularidade de San Xurxo e a súa lenda Áurea, moi estendida nas cortes europeas do século XIII, onde aparecía a coñecida lenda do santo mailo dragón. O nome fica sorprendentemente popular nos últimos 1500 anos e supera facilmente en número a nomes coma Santiago, Carlos, Henrique, Ricardo, Lois, Paulo ou Miguel. O nome tamén é común no Reino de Galiza, onde xa aparece en documentos medievais coma Jorje ou Jurjo. No reino de Aragón San Xurxo equiparouse co de Xacobe ou Santiago: as populares festas de "Mouros e Cristiáns" de Alcoi teñen a súa orixe na tradición que fixo aparecer a San Xurxo durante un asedio; é unha lenda paralela á de Clavijo.

En Alemaña, o nome foi moi popular dende a Idade Media, decaendo o seu uso posteriormente. Na Gran Bretaña, malia ser San Xurxo o padroeiro de Inglaterra dende o século XIV, o nome non se popularizou até o século XVIII a raíz da entronización de Xurxo I de Gran Bretaña. Nos EUA, as estatísticas de metade do século XIX colocábano entre os cinco nomes máis populares dados aos meniños. A tendencia mantívose até os anos 1950, nos que o nome comezou a perda da súa popularidade. A mesma tendencia deuse en Francia: de ser un dos dez nomes máis populares a comezos do século XX, logo pasou á posición 20. En Galiza, como ocorre coa maioría dos antropónimos, é máis común a versión castelá do nome Jorge que a galega Xurxo, que só a levan 390 varóns novos. Moi diferente é o caso de Cataluña, onde en 2001 Jordi foi o 10.° nome máis popular para meniños varóns, sendo a frecuencia absoluta de "Jordi" 72.500 persoas. Neste caso semella que o nome se popularizou no século XX. Nos anos 30 e 40 a popularidade era só do 8% aproximadamente.

Traducións

editar
  • Albanés: Gjergj
  • Alemán: Jörg, Georg, Jürgen, Jorn, Jurgen, Gorgel, Görries (s. XVI), Görris (s. XVI), Jeorg, Jorg, Gorg, Gerg,
    • dialecto suavo: Schorsch, Jörg
    • dialecto austríaco: Girgel
    • baixo alemán: Gorch
    • dialecto silesio: George, Georgius, Jorge, Jörg, Jurg, Jürge, Jurge, Jörgl, Gurge
  • Árabe: جرجس (Jirjis), جرجيس (Jirjís), ﺟﻮﺭﺝ (Jurj)
  • Aragonés: Chorche
  • Armenio: Գէորգ
  • Asturiano: Xurde
  • Búlgaro: Георги, Джордж
  • catalán: Jordi
  • Castelán: Jorge
  • Checo: Jiří; diminutivos: Jíra, Jirka, Jiřík, Jiříček, Jiroušek, Jiran, Jiránek
  • Chinés simplificado: 乔治 (George ing.), 佐殊 (Georges fr.), 豪尔赫 (Jorge es.)
  • Chinés tradicional: 喬治 (George ing.), 豪爾赫 (Jorge es.).
  • Coreano: 영국왕의 이름, 조지상, 갈색 토기의 큰 물주전자, 성 조지, 자동 조종 장치, 근사한 것], 근사한 사람, 뛰어난 것, 뛰어난 사람
  • Córnico: Jory; diminutivos: Jord, Jorj, Joran
  • Corso: Ghjorghju; diminutivos: Giogi, Giorgetti
  • Copto: Γεώργιος
  • Croata: Goran, Georgije
  • Danés: Jørgen, Georg, Jørn, Jörn, Jorck, Jorre, Jory, Joris
  • Eslovaco: Džordž, Juraj
  • Esloveno: Jure, Georgius, Jurij, Juraj
  • Esperanto: Georgo
  • Estoniano: Jüri
  • Éuscaro: Gorka (forma inventada por Sabino Arana), Jurgi, Jurtzi (formas medievais)
  • Feroés: Jorgen
  • Finés: Yrjö, Jorre, Jyrki, Jori, Yjo, Yrjänä
  • Francés: Georges, Jorioz (en Savoia), Jore (en Normandía); diminutivos: Jojo, Zizi
  • Frisón: Jörn, Joren, Jurg; diminutivo: Joris
  • Friulano: Zorç
  • Gaélico escocés: Seòras, Seòrsa, Deòrsa, Dod
  • Galego: Xurxo, Jurjo (reintegracionista), Xurdo, Xorxe.
  • Galés: Siôrs, Siôr, Siors, Siorys
  • Grego: Γεώργιος, Γιώργος
  • Hawaiano: Keoki
  • Hebreo: בוסתנאי (Bustenai, equivalente arameo que significa xardineiro ou granxeiro)
  • Húngaro: György, Gyuri, Gyurika
  • Inglés: George, Jorin, Yorick; diminutivos: Geordie, Geordi, Georgie
  • irlandés: Seoirse
  • Islandés: Jörgen, Georg
  • Italiano: Giorgio, Iorio; diminutivos: Gino, Giorgino
  • Latín: Georgius
  • Letón: Juris, Jurģis, Georgs, Jorens
  • Lituano: Jurgis
  • Maltés: Ġorġ
  • Manx: Shorys
  • Maorí: Hori
  • Neerlandés: Joris, Joren, Sjors, Jorre, Goris, Ioris, Jurg, Youri, Joeri
  • Noruegués: Georg, Jörgen
  • Occitano: Jòrdi, Jordi (antic), Jòrgi, Jòrli, Jòri
  • Persa: ﺟﻮﺭﺝ
  • Polonés: Jerzy,; diminutiu: Jurek
  • Portugués: Jorge
  • Romanés: Gheorghe, Iorghu, Iorgu; diminutivos: Gheorgan, Gheorghian, Ganea, Ghica, Gorghie, Gorghe, Gog, Goga, Gogan, Gogancea, Gogea, Gogotă, Gogu, Giura, Giurău, Giurcan, Iorga, Iordache, Iorgan, Iorgu, Iorgache, Iuca, Iorda, Giurgiu, Giurgică, Giurgilă, Jurj, Jury, Jurg, Jurga, Jurja, Jura, Iurg, Iurga, Iuga, Gociu, Gorea, Gaţa, Goţi, Gotea, Gheţea, Zorez, George, Gică, Egor, Ghera, Gherea
  • Ruso: Юрий, Георгий, Егор, Егорий, Джордж; diminutivos: Гога, Гора, Гоша, Юра, Жора, Жорочка, Гошенька, Жорка, Гошка
  • Serbio: Ђорђе
  • Serbocroata: Džordž
  • Sorabo: Jurij
  • Sueco: Göran, Örjan, Jörgen, Jöran, Georg, Goran
  • Sondanés: Jurgis
  • Turcomeno: Jorj
  • Turco: Jorj
  • Ucraíno: Георгій, Георгіие, Юра, Джордж
  • Xaponés: ジョージ (George ing.), ジョルジョ (Giorgio it.), ゲオルギオス (Γεώργιος gri.), ヨルゴス (Γιώργος gri.), イェーオリ (Georg sue.), ホルヘ (Jorge esp.), イジー (Jiří che.), ギオルグ i ギオル (Georg dan.), ヨーウエン (Jørgen dan.), ヨーアン (Jorn dan.), ジェルジ (György hun.), ジョルジュ (Georges fra. i George neerlandés), ジョルジェ (Jorge por.), ゲオルギウス (Georgius lat.), ゲオルギイ (Георгий rus.), ユーリイ(Юрий rus.), ゲオルク (Georg ale.).
  • Xeorxiano: გიორგი
  • Yiddish: Georg
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Xurxo na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. γεωργός, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  5. γῆ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  6. ἔργον, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus
  7. "Dicionario de dicionarios do galego medieval". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar