Década de 1950
(Redirección desde «Anos 1950»)
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
1950
- Artigo principal: 1950.
- 13 de maio: comeza o primeiro Campionato do Mundo de Fórmula 1.
- 31 de maio: A Garda civil mata en Mandaio (Oza-Cesuras) ao guerrilleiro Samuel Mayo Méndez.
- 25 de xullo: fúndase a Editorial Galaxia, en Compostela.
- 5 de decembro: A Garda civil mata en Vixoi (Bergondo) ao guerrilleiro Jesús Valeiro Gómez e á súa compañeira María Amado Otero.
- 6 de decembro: accidente ferroviario preto da estación de Cecebre, na liña do correo Madrid–A Coruña entre A Coruña e Ferrol. Morreron cinco persoas e arredor de dez resultaron feridas[1].
- Henry Fonda casa, en decembro, con Susan Levine Blanchard.
1951
- Artigo principal: 1951.
- 1 de xaneiro - Créase o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR).
- 4 de xaneiro - Guerra de Corea, as forzas comunistas reconquistan a cidade coreana de Seúl.
- 5 de xaneiro - A Garda civil mata en Fontá (Fisteus, Curtis) ao guerrilleiro Emilio Pérez Vilariño.
- 18 de xullo - A Garda civil prende lume a unha casa do Tellado (Fene) na que estaban refuxiados os guerrilleiros Manuel Bastida Franco e Juan Gabeiras Barro que morreron abrasados.
- 30 de agosto - A Garda civil mata no Puntal (Neda) aos guerrilleiros Antonio Veiga Mejuto, José Antonio Castro López, José Sancho Riera e José Freire Barcia.
- 30 de outubro - Roberto Urdaneta ocupa a presidencia de Colombia.
- 1 de novembro - Soldados estadounidenses son expostos a unha explosión atómica no deserto de Nevada; a participación non foi voluntaria.
- 24 de decembro - Libia alcanza a independencia.
1952
- Artigo principal: 1952.
- 10 de marzo: En Cuba, golpe de estado de Fulgencio Batista. Proclamouse presidente e suspendeu a constitución.
- 20 de maio: accidente ferroviario entre a estación de Padrón e a estación da Escravitude. O expreso de Madrid a Santiago de Compostela chocou cun convoi de doce vagóns cisterna cargados de gasolina que se desprenderon da cola dun tren de mercadorías que o precedía na marcha. A colisión provocou a explosión de dúas das cisternas e o incendio de parte destas e de varias unidades do expreso. Morreron doce persoas e numerosas resultaron feridas[2].
- 2 de xuño: A Garda civil mata en Visantoña (Mesía) aos guerrilleiros Manuel Ramiro Souto e José Galán Núñez.
- 1 de novembro: Os Estados Unidos detonan a primeira bomba de hidróxeno na illa Eniwetok, no atol das Illas Bikini.
1953
- Artigo principal: 1953.
- 1 de xaneiro - Ponse en marcha o primeiro plan quinquenal na China.
- 22 de agosto - Creación das Mocedades Galeguistas en Buenos Aires.
- 10 de outubro - O guerrilleiro antifranquista Fermín Gutiérrez Lada, cercado pola Garda Civil, suicídase en Argozón (Chantada).
- 30 de decembro - Véndese a primeira televisión en cor nos Estados Unidos.
- Fúndase en Redondela o Club Deportivo Choco.
1954
- Artigo principal: 1954.
- 7 de maio, Os franceses son derrotados en Dien Bien Phu (Indochina)
- 1 de novembro - Comeza a Guerra de Indepencia de Alxéria.
- 23 de decembro - Os doutores Joseph Murray e J. Hartwell Harrison realizan con éxito o primeiro transplante de órganos entre humanos.
- Primeira reunión do Club Bidelberg, nos Países Baixos.
1955
- Artigo principal: 1955.
- 2 de xaneiro - José Antonio Remón, presidente de Panamá, é asasinado.
- 26 de febreiro - Accidente de tráfico en Cans, no que morren 31 dos 44 pasaxeiros dun autobús que ía do Porriño a Ponteareas.
- 12 de abril - É anunciada por Jonas Salk o descubrimento dunha vacina contra a poliomielite.
- 17 de abril - Imre Nagy dimite do cargo de primeiro ministro de Hungría.
- 18 a 24 de abril - Conferencia de Bandung.
- 4 de maio - No Reino Unido, Winston Churchill dimite (por razóns de idade) do seu cargo de Primeiro Ministro británico. Sucédeo no cargo Anthony Eden.
- 5 de maio - Alemaña Occidental convértese nun estado independente.
- 14 de maio - Oito países comunistas (URSS, Checoslovaquia, Alemaña Oriental, Albania, Bulgaria, Hungría, Romanía e Polonia) asinan o Pacto de Varsovia.
- 17 de xullo - É inaugurada a primeira Disneyland en Anaheim, California
- 15 de setembro - Publícase en París a novela Lolita, de Vladimir Nabokov.
- 16 de setembro - Na Arxentina, un golpe militar depón ao presidente constitucional Juan Domingo Perón.
- 19 de setembro - España ingresa na ONU.
- 26 de outubro - Ngo Dinh Diem proclama Vietnam do Sur unha república e eríxese como o seu primeiro presidente.
- 1 de decembro - Rosa Parks é arrestada nun autobús en Alabama, o que dá inicio ao Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos.
1956
- Artigo principal: 1956.
- Álvaro Cunqueiro publica As crónicas do sochantre
- 1 de xaneiro: Sudán independízase do Reino Unido.
- 25 e 26 de xaneiro :Tropas de Finlandia reocupan Porkkala.
- 14 de febreiro: Nikita Khrushchev denuncia no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) ao réxime de Iosif Stalin por medio do chamado Discurso Segredo.
- 2 de marzo: Marrocos alcanza a independencia de Francia.
- 20 de marzo: Tunisia alcanza a independencia de Francia.
- 29 de marzo: o exministro László Rajk, executado en 1949, é rehabilitado.
- 7 de abril: finaliza o protectorado español de Marrocos ao recoñecer España a independencia de Marrocos.
- 19 de abril: a actriz estadounidense Grace Kelly casa co príncipe Rainiero III de Mónaco
- 23 de xuño: Gamal Abdel Nasser convértese no segundo presidente de Exipto.
- 4 de xullo: Imre Nagy é expulsado do Partido Comunista de Hungría.
- 15 de outubro: Fidel Castro e Che Guevara parten de Tuxpan, México, rumbo a Santiago de Cuba a bordo do Granma con 82 homes.
- 15 de outubro: o sacerdote Jesús Silva funda en Bemposta, Ourense, a Nación dos Muchachos.
- 23 de outubro: comeza a insurrección popular en Budapest.
- 29 de outubro: Israel invade a Península do Sinaí.
- 31 de outubro: o Reino Unido e Francia comezan a bombardear Exipto para forzar a reapertura do Canal de Suez.
- 1 de novembro: confiado no apoio occidental, Imre Nagy retira Hungría do Pacto de Varsovia.
- 4 de novembro: tropas do Pacto de Varsovia invaden Hungría.
- 7 de novembro: János Kádár anuncia a formación dun goberno revolucionario. Comeza unha ditadura comunista, dirixida por Kádár.
- 13 de novembro: fin da revolución húngara: centenas de húngaros son executados, 2000 son presos, e uns 200 000 refúxianse en Austria. Imre Nagy refúxiase na embaixada de Iugoslavia.
- 28 de decembro: accidente ferroviario entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) ao descarrilar o expreso Madrid-A Coruña. Cinco persoas mortas e 49 feridas[4].
Ciencia e tecnoloxía
- Manuel Jalón Corominas crea unha empresa, en Zaragoza para fabricar as primeiras fregonas que ideara el mesmo.
1957
- Artigo principal: 1957.
- 3 de xaneiro - A Empresa de Reloxos Hamilton crea o primeiro reloxo eléctrico.
- 25 de marzo - Asínase en Roma o tratado constitutivo da CEE e o tratado europeo da Enerxía Atómica.
- abril - Exipto reabre o Canal de Suez.
- 27 de xuño - A empresa automobilística SEAT pon á venda o SEAT 600.
- 4 de outubro - Lanzamento do primeiro satélite artificial por parte da Unión Soviética, chamado Sputnik, -literalmente- "compañeiro de viaxe".
- 3 de novembro - A cadela Laika é enviada ó espazo na nave Sputnik 2.
- 23 de novembro - Estala unha revolta armada en Ifni e interveñen as tropas españolas.
- Éxito do lanzamento do primeiro mísil intercontinental estadounidense.
1958
- Artigo principal: 1958.
- O tenista Manuel Santana convértese en campión de España.
- Pelé gaña o seu primeiro mundial de fútbol con dezasete anos.
- Unha expedición neozelandesa, dirixida por Edmund Hillary, chega ó Polo Sur.
- Comeza a comercialización de cigarrillos con filtro para satisfacer as tendencias do mercado.
- En España, promúlgase a Lei de Principios do Movemento Nacional.
- Sae á venda o Chupa Chups.
- Fundación da NASA.
- 4 de xaneiro - O satélite artificial soviético Sputnik 1 desintégrase na atmosfera.
- 20 de xaneiro - Aparece a primeira banda deseñada de Mortadelo e Filemón, de Francisco Ibáñez.
- 6 de decembro - Lanzamento da sonda Pioneer 3, que fracasa no seu intento de achegarse á Lúa.
- 11 de decembro - O Alto Volta obtén o autogoberno.
1959
- Artigo principal: 1959.
- 1 de xaneiro: Triunfa a revolución socialista en Cuba. O ditador Fulgencio Batista refúxiase nos Estados Unidos.
- 1 de xaneiro: Entra en vigor o Tratado de Roma, base da CEE.
- 3 de xaneiro: Alasca convértese no estado número 49 dos Estados Unidos.
- 16 de febreiro: Fidel Castro asume o cargo de primeiro ministro de Cuba
- 3 de marzo: Lanzamento da sonda Pioneer 4, a primeira nave estadounidense en entrar en órbita heliocéntrica.
- 9 de marzo: Preséntase á venda a boneca Barbie na Feira Internacional do Xoguete de Nova York.
- 29 de outubro: Aparece por primeira vez o personaxe Astérix, no primeiro número da revista Pilote.
- ↑ "Choque del expreso de Madrid a La Coruña con un automotor. Hubo cinco muertos y numerosos heridos", ABC, 7 de decembro de 1950, p. 18.
- ↑ "Once personas, según cálculos provisionales, perecieron carbonizadas al chocar el expreso de Galicia con los vagones de un mercancías", ABC, 21 de maio de 1952, p. 21.
- ↑ "Historias de ida e volta: O exilio galego" Consello da Cultura Galega.
- ↑ "Resultan seis personas muertas y cuarenta y nueve heridas al descarrilar el expreso Madrid – Galicia cerca de Quereño (Orense)", ABC, 29 de decembro de 1956, pp. 55 e 56.