Manuel Bastida Franco

guerrilleiro antifranquista galego


Manuel Bastida Franco, coñecido como Choni, nado en Mugardos e finado no Tellado (Fene) o 18 de xullo de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaManuel Bastida Franco
Biografía
NacementoMugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata
O Tellado, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguerreiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1936 era cabo da Mariña no buque Jaime I. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento. Cando saíu da prisión afiliouse ao Partido Comunista de España e actuou como enlace da guerrilla. Despois da detención de varios militantes comunistas, o 23 de xaneiro de 1948 incorporouse á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Como consecuencia, varios membros da súa familia foron arrestados e torturados. Despois estivo con Benigno Andrade García na V Agrupación. Ao disolverse pasou á provincia da Coruña. O 8 de xaneiro de 1949 participou con Benigno Andrade García, José Remuiñán Barreiro, Antonio López Arias e José Blanco Núñez na morte de José Couceiro Taboada, subcabo de Somatén, xefe de Falange e mestre e da súa muller María Constela en Soutelo de Montes. O 18 de xullo de 1951 morreu abrasado, xunto a Juan Gabeiras Barro, nunha casa do Tellado (Fene) á que prendeu lume a Garda Civil.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 41. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar