Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei

vila do concello de Forcarei, na parroquia da Madanela de Montes
(Redirección desde «Soutelo de Montes»)

Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei, sendo a segunda de maior poboación deste concello.[1]

Soutelo de Montes
Estatua aos gaiteiros de Soutelo de Montes.JPG
Praza do gaiteiro en Soutelo.
ParroquiaA Madanela de Montes
ConcelloForcarei
Poboación405 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Segundo o IGE en 2020 tiña 405 habitantes, 19 menos que no ano anterior.[1]

Evolución da poboación de Soutelo de Montes dende 2000:[1]

HistoriaEditar

No transcurso da revolta Irmandiña, na segunda metade do século XV, a Torre do Castro de Montes foi derrubada, tendo os xuíces-meriños que trasladar a súa residencia a Soutelo de Montes, onde se asentarían até que as xurisdicións especiais foron abolidas en 1811.

Na remodelación de concellos e partidos xudiciais das Cortes de Cádiz creouse o concello de Soutelo de Montes, coas freguesías da Madanela, Ventoxo, Pardesoa, San Miguel de Presqueiras e Santa Mariña de Presqueiras. En 1814 o rei Fernando VII anulou a Constitución e a xurisdición retornou ao arcebispado de Santiago. En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

Festas e celebraciónsEditar

InfraestruturasEditar

A vía está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da Madanela de MontesEditar

Lugares da parroquia da Madanela de Montes no concello de Forcarei (Pontevedra)

Ameixeiras | Os Codesás | A Graña | A Madanela | San Xusto | Sanguñedo | Soutelo de Montes | Trasdomonte | Ventosela

Parroquias de ForcareiEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar