José Remuiñán Barreiro
José Remuiñán Barreiro[1], Ricardito ou Simeón, nado en Parada (Ordes) e finado en Monfero en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
José Remuiñán Barreiro | |
---|---|
Parada | |
Falecemento | 31 de outubro de 1949 |
Pazos, San Fiz de Monfero, Monfero | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistência |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ingresou na guerrilla ao rematar a guerra civil. A partir de 1944 foi lugartenente de Benigno Andrade Foucellas a quen acompaña dende 1947 como número dous da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Despois da desfeita da V Agrupación en maio de 1948, volta á IV Agrupación integrándose no Destacamento Arturo Cortizas liderado por Adolfo Allegue Allegue Riqueche. Morre probablemente o 31 de outubro de 1949 en Pazos (San Fiz de Monfero) co resto do seu destacamento cercado pola Garda civil.
Como represalia por unirse á guerrila, oito membros da súa familia foron deportados á provincia de Burgos. A súa nai Antonia Barreiro Recouso morreu no desterro, nas proximidades de Villahoz o 22 de abril de 1949.
A traxedia desta familia inspirou o poema de Luís Seoane "Verdadeiro sucedido nun Nadal" do libro A maior abondamento.
NotasEditar
- ↑ En moitas publicacións o seu apelido aparece escrito como Ramuñán.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. Ordes: Asociación Cultural Obradoiro de Historia. pp. 64–65. ISBN 978-84-614-8181-1.
- Otero Roberes, Carmen; Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2001). "Fuxidos na fraga. Episodios da guerrilla antifranquista nas terras do Eume" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (8): 205–235.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.