José María Díaz Pan

guerrilleiro antifranquista galego

José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Oleiros e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José María Díaz Pan
 Oleiros
Falecemento1951
 Vilarmaior
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Irmán de Manuel Díaz Pan. Mobilizado polo exército franquista, desertou e incorporouse ao exército republicano. Ao caer a fronte de Asturias foi feito prisioneiro e recluído nun campo de concentración en León. Pasou despois ao cárcere do Castelo de San Antón. Cando saíu en liberdade traballou na estrada que vai ao pazo de Mariñán onde coñeceu a Francisco Rey Balbís, co que despois foi traballar en seguros Santa Lucía. Trala detención de José María Urquiola Iglesias o 7 de xaneiro de 1945, botouse ao monte. Incorporouse á guerrilla no Grupo Volante A, da IV Agrupación Guerrilleira, con Francisco Rey Balbís, Manuel Ramiro Souto, José María Castelo Mosquera e Amador Domínguez Pan. Apareceu morto en Mide (Vilarmaior) en 1951, ao parecer axustizado polos seus propios camaradas.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externasEditar