José María Castelo Mosquera
José María Castelo Mosquera, coñecido como Doctor ou Casteliño, nado en Iñás (Oleiros) en 1920 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
José María Castelo Mosquera | |
---|---|
Nacemento | 1920 |
Iñás | |
Falecemento | 5 de marzo de 1949 |
Paramos | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Incorporouse á guerrilla en 1943 xunto ao grupo de Francisco Rey Balbís que se movía pola zona das Mariñas. Dende 1945 formou parte do Grupo Volante A da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia creado polo Comité provincial do PCE de Lugo para artellar as actuacións na Galicia setentrional. Caeu abatido pola Garda civil en Paramos o 5 de marzo de 1949 ao fuxir logo de ser descuberto o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira). Xunto a el morreron Vicente Peña Tarrasa e Manuel Pena Camino.
O seu corpo foi atopado en 2016 nunha fosa común, xunto a un lateral da igrexa de Santa María de Páramos, no Val do Dubra.[1]
NotasEditar
- ↑ "Encuentran los cuerpos de cuatro guerrilleros de la resistencia antifranquista". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 28 de xullo de 2018.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Liñares Giraut, X. Amancio (1993). Do Castro, ed. Negreira na guerra do 36. Sada. ISBN 84-7492-656-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.