Manuel Ramiro Souto
Manuel Ramiro Souto, Souto, nado en Ombre (Culleredo) en 1925 e finado en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Manuel Ramiro Souto | |
---|---|
Alcume | Souto |
Nacemento | 1925 |
Ombre, Almeiras, Culleredo | |
Falecemento | 2 de xuño de 1952 |
Visantoña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Albanel. En 1945 pertencía ao grupo volante destacamento Manolito Bello da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia con José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, Manuel Pena Camino e Carmen Temprano Salorio, que actuaba nas Mariñas. Cando estaban refuxiados na casa da familia Teiga en Zas (Negreira) foron descubertos pola Garda civil o 5 de marzo de 1949. Manuel logrou fuxir e despois de dous días de marcha, chegou á zona de Ordes, onde contactou cun punto de apoio grazas ao que foi recollido por outros compañeiros. Foi abatido pola Garda civil en Visantoña (Mesía) o 2 de xuño de 1952 con José Galán Núñez.