Carmen Temprano Salorio
guerrilleira antifranquista galega
Carmen Temprano Salorio, coñecida polo alcume A moza[1], nada en Iñás (Oleiros) e finada en Zas (Negreira) o 5 de marzo de 1949, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Carmen Temprano Salorio | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Iñás | |
Falecemento | 5 de marzo de 1949 |
Zas | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Integrante do grupo de Juan Couto Sanjurjo "Simeón". Foi ferida en Beldoña (Abegondo) nun tiroteo coa Garda Civil na mesma noite na que ardeu a Casa do Concello de Abegondo despois dun incendio provocado. Vestía con roupa masculina. Morreu ao fuxir logo de que a Garda civil descubrise o seu agocho nunha casa de Zas (Negreira).
Os seus restos mortais foron localizados nunha fosa común á beira da Igrexa de Santa María de Páramos en outubro de 2016.[2]
NotasEditar
- ↑ Malvido, Gemma (11 de xuño de 2012). "Las mujeres que se llevó la guerra". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ "Encuentran los cuerpos de cuatro guerrilleros de la resistencia antifranquista". El Plural (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Proxecto Nomes e Voces (2012). A represión franquista na comarca da Coruña. A Coruña: Laiovento. ISBN 9788484872184. OCLC 798054519.