Abrir o menú principal

Vicente Peña Tarrasa

guerrilleiro antifranquista

Vicente Peña Tarrasa, coñecido como Pedro Borrás, nado en Palma de Mallorca en 1904 e finado en Val do Dubra o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Vicente Peña Tarrasa
AlcumePedro Borrás
Nacemento1904
 Palma
Falecemento5 de marzo de 1949
 Paramos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Suboficial da Mariña en Ferrol. A principios dos anos corenta organizou células clandestinas nos cuarteis Dolores de Infantería de Mariña en Ferrol e grupos da Unión Nacional (UNE) e o PCE. En 1946 pasou á guerrilla onde foi un dos oficiais militares do destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Tamén asumiu a formación teórica a través do periódico Senda Guerrillera. O grupo que comandaba foi o aoutor do incendio da Casa do Concello de Moeche o 17 de agosto de 1948. Refuxiados nunha casa de Zas (Negreira), foron descubertos pola Garda civil, fuxiron e foron abatidos en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 128. ISBN 978-84-8341-166-7. 

Ligazóns externasEditar