Palma

cidade mallorquina, capital das Illas Baleares
(Redirección desde «Palma de Mallorca»)

Coordenadas: 39°34′0″N 02°38′59″L / 39.56667, -2.64972

Palma[1], tamén coñecida como Palma de Mallorca ou localmente como Ciutat, é unha cidade e concello insular español, capital da comunidade autónoma das Illas Baleares e da illa de Mallorca.

Palma
Flag of Mallorca.svg
Coat of Arms of the City of Palma, Majorca.svg
A cidade desde o Castelo de Bellver.
Catedral. Castelo de Bellver.
Localización
Palma en Illas Baleares
Palma
Palma
PaísEspaña España
Comunidade autónomaIllas Baleares Illas Baleares
ProvinciaIllas Baleares Illas Baleares
IllaFlag of Mallorca.svg Mallorca
Xeografía
Altitude13 msnm
Superficie208,63 km²
Demografía
Poboación401.270 hab. (2009)
Densidade1.923,36 hab./km²
XentilicioPalmesano/a
Outros datos
Código postal07.0XX
AlcaldeJosé Hila Vargas (PSIB-PSOE)
www.palma.cat

Ocupa unha superficie de 208,63 km², situada a beiras do mar Mediterráneo, na costa suroeste da illa, no centro da baía de Palma. Cunha poboación de 416.065 habitantes en 2019, é a oitava cidade de España en número de habitantes e a primeira das Illas Baleares. A súa área metropolitana engloba nove concellos que abranguen 560.240 habitantes repartidos nunha superficie de 1.015,88 km².

HistoriaEditar

A cidade foi fundada polo cónsul romano Quinto Cecilio Metelo o ano 123 aC. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Co rei Xaime I chámase Mallorca. Co Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquinos denomínana simplemente La Ciutat (A Cidade).

XeografíaEditar

O termo municipal de Palma ten unha superficie de 208,63 km² e limita cos termos de Calvià, Puigpunyent, Esporles, Valldemossa, Bunyola, Marratxí, Santa Eugènia, Algaida, Llucmajor e o Mar Mediterráneo.

Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Na Rodona, Na Foradada, Na Plana, Na Pobla e outros illotes menores.

Atópase situada no sector occidental da illa de Mallorca, quedando situada entre as comarcas naturais da Serra de Tramuntana, a cal presenta un relevo accidentado definido por aliñacións de dirección nordés-suroeste e polo Pla de Mallorca.

 
Panorámica de Palma desde o castelo de Bellver.

DistritosEditar

A causa da aplicación da Lei de grandes cidades, desde marzo de 2005 Palma está dividida en cinco distritos:

ClimaEditar

Palma goza de clima mediterráneo cunha temperatura media anual de 17 °C e unha media anual de precipitacións de 450 l/m².

Observatorio do Aeroporto de Son Sant Joan
1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL
Temp. máxima (°C) 15,1 15,5 17,1 19,2 23,3 27,4 30,8 31,0 27,7 23,2 18,8 16,1 22,1
Temp. mínima (°C) 3,5 3,8 4,5 6,5 10,5 14,6 17,3 18,2 15,9 12,2 7,6 5,2 10,0
Precipitacións (mm) 36 32 28 34 27 16 7 16 48 68 48 46 410

DemografíaEditar

Cunha poboación de 400.578 habitantes (INE 2015), é a cidade máis poboada de Mallorca e das Illas Baleares, así como a oitava cidade en poboación de España.

Evolución da poboación de Palma entre 1900 e 2010[2]
Gráfica elaborada por Wikipedia en base aos datos do INE-2010

EconomíaEditar

Os dous principais motores da economía son o turismo e a construción, que relegaron a un segundo plano á industria e ao sector primario (agricultura, gandería, pesca, minería). As industrias de hotelería atópanse entre as primeiras de España e ata do mundo enteiro. As zonas que concentran maior número de turistas son a praia de Palma e o centro da cidade.

Lugares de intereseEditar

  • Catedral de Mallorca
  • Castelo de Bellver
  • Convento de Sant Francesc
  • Igrexa de Santa Eulària
  • Igrexa de Sant Miquel
  • Praza Maior
  • Pazo da Almudaina

NotasEditar

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Instituto Nacional de Estadística (INE) España (ed.). "Series históricas de poboación". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar