Val do Dubra
Coordenadas: 43°1′35.53″N 8°39′22.64″O / 43.0265361, -8.6562889
Val do Dubra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.
Val do Dubra | |
---|---|
![]() ![]() | |
![]() Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | dubrés - valdubrés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Santiago |
Poboación | 3.816 hab. (2021)[2][3] |
Área | 108,7 km²[3] |
Densidade | 35,11 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Capital do concello | Bembibre |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Manuel Varela Ferreiro (PPdG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 2 Outros: SON de Val do Dubra-ANOVA-Son en Común 3, TEGA 2, IxDUBRA 1 |
Eleccións municipais en Val do Dubra | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 90,66% |
Na rede | |
www.valdodubra.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ToponimiaEditar
Dubra viría do plural dubra, do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, co mesmo significado. Tería a mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[8].
DemografíaEditar
Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 4.033 habitantes (1.942 homes e 2.091 mulleres), mantendo a liña descendente dos últimos anos: 4.423 en 2009, 4.481 habitantes en 2008, 4.515 en 2007 e 4.580 en 2006. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dubrés - valdubrés.
Censo total 2014 | 4.033 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 374 (9.27 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.324 (57.62 %) |
Maiores de 65 anos | 1.335 (33.1 %) |

Evolución da poboación de Val do Dubra Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
4.409 | 5.579 | 6.900 | 6.554 | 4.642 | 4.423 | 4.313 | 4.234 | 4.136 | 4.120 | 4033 | 3974 | 3931 | 3925 | 3876 | 3851 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
A primeira noticia que se ten desta terra é a recollida no Cronicon Iriense e na que se di que Miro, rei dos suevos, asigna a terra chamada Dubriam á sede Iria en Padrón.
No 1016 o soldado Arias Cesar doou ó mosteiro que os beneditinos tiñan en Compostela, a igrexa de Santiago de Buxán.
Neste val obtiña o mosteiro de San Martiño Pinario grandes tributos de trigo e centeo.
O concello creouse en 1835 coa denominación de Buxán (que corresponde á parroquia de Buxán). En 1960 cambiou o seu nome ao actual de Val do Dubra.
A casa do concello estaba situada en Buxán, trasladándose a principios do século XX á Corredoira (Bembibre). A principios dos anos vinte estableceuse en Casal (Niveiro), pasando a Bembibre en 1924. Coa República trasladouse ao lugar da Taboada e en 1958 instalouse definitivamente no seu actual emprazamento.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Val do Dubra.
O Tambre en Portomouro
ParroquiasEditar
Lugares de Val do DubraEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Val do Dubra vexa: Lugares de Val do Dubra.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2021) "Val do Dubra".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Concello de Val do Dubra na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val do Dubra |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |